lunes, 8 de octubre de 2018

VIII MARCHA DO CARBALLIÑO 2018

Domingo 7 de Octubre de 2018 

Toca o despertador as 7.00 da mañan. A maioría dos mortais dormen a esas horas, pero para os ciclistas xa empeza o día… Como anos anteriores os Nocelos non fallamos a unha das citas mais importantes do Btt na provincia: A ruta Btt do Carballiño que, da man do clube Os Mosqueteiros sempre nos deixa bo sabor de boca. Asique, Vallejo, Pepe, Mingos e Javi cargamos as bicis nos coches para acercarnos un ano mais o Templo de Veracruz, donde se fai a saída e a chegada do evento. Antes de partir, un cafeciño e reagrupamento cos nosos compañeiros das Raposas e algún que outro biker da Limia para irmos xuntos autovía fora 
Chegamos con tempo para recoller os dorsais e posicionarnos na liña de saída, a maña soleada pero fresca debido as baixada de temperaturas dos últimos días, non pasa nada, sabíamos que o do frío sería solo cuestión de pouco tempo…  
O verán ainda está moi recenté e todos sabemos que é unha época complicada para os bikers polo que non viñamos demasiado rodados para poder afrontar a ruta larga con garantías asique, decidimos por unanimidade facer a ruta corta e disfrutar como  se merece das terras do Carballiño. 
As 9.30 da maña deron o pistoletazo de saída e mais dun centenar de participantes puxemos rumbo ó monte. Callejeamos un pouco pola vila, por suposto polas calles cortadas ó trafico onde os bikers eramos os auténticos protagonistas desta mañan de domingo, primeiro repeito asfaltado, para que cada un se fose colocando no seu lugar ,e xa nos adentramos no primeiro sendeiro. Aquí si que houbo un primeiro embotellamento que se foi resolvendo sin incidencias no primeiro kilómetro. O percorrido sin excesivos cambios con respecto o ano pasado, cousa lóxica por que se algo está moi ben para qué o vas a cambiar. Sendeiros e mais sendeiros que facía que a constante subida dos primeiros kilómetros fosen mais levadeiras, en alguns sitios incluso o polvo aparecía por momentos xa que tamén xa levamos tempo sen choivas e era algo totalmente de esperar. Pero ainda así os nosos amigos Mosqueteiros non defraudaron e aindan nos buscaron algún regato de auga e un cruce dun río para que os mais atrevidos puidesemos mollalos pés, e algún incluso o … o importante é non mancarse e botar unhas risadas… 
Se ái algo que nos caracteriza os BttNocelo , e axudar a outros BikersPolo  km 20 dous participantes de “Teo”, tiberon que por  a terra, xa que se lles rompera a cadea. Ainda que o noso non e a mecanica, o amigo Javi  tiña un tronchacadeas e conseguimos   arranxala  , e asi poideron terminar a  ruta. 
Os avituallamentos na liña do que nos teñen acostumbrados, unha festa! Comida de todo tipo, geles, frutas, sanwiches, bebidas isotónicas… a organización en cruces de carreteras, señalizaciónsetc de 10… aínda así algún despistado se pasou en algún cruce pero sin maiores consecuencias. Antes de meta, outra vez tráfico cortado para que pasasen os ciclistas, e na liña de meta ambiente de festa continua con bocadillos de lomo e cerveza ata reventar, lavado de bicis e, por suposto, duchas con auga quente 
Un ano máis a ruta non defraudou, organización impresionante, despois de todo o fin de semana de evento, xa que o sábado celébrase o Trail. Un fin de semana completo, comprometidos co deporte, movendo tanta xente cun nivel de organización que non defraudou fan que estemos pensando xa  no ano que ben… 
Atentos a próxima… 

















                                                                                                                    
                                                                                                                       

lunes, 1 de octubre de 2018

III MARCHA CUALEDRO 20189


III MARCHA BTT CONCELLO DE
            CUALEDRO 2018
No día de onte, domingo, o Concello de Cualedro, celebrou a súa marcha BTT, e como non ,alí tiñamos que estar. O  equipo ó completo  desprazouse ata o Concello veciño.
Estiveron: O veterano ,Manuel Montero cos seus 70 anos ,aínda segue dando pedal coma un chaval, os Juniors, Xosé e José Manuel  na que ía ser a súa primeira marcha, Gabri e o seu irmán, Javi, Mingos , Vallejo e Pepe, é dicir que había verderóns por todos os lados. Era un día moi especial para dous compañeiros do Club ,xa que estaban de cumpleanos:”Vallejo” e  “Jose Manuel” Parabéns..
A mañá presentábase fresca pero xa sabiamos que cando pasaran uns kilómetros aquilo ía cambiar, as 9:30  o sr Alcalde despois dun breve discurso deu o pistoletazo de saída. Dicir que había personal de protección civil e cruz vermella por todos os lados, impresionante organización. Bravo.
O percorrido consistía de dúas distancias: unha corta de 35 kms e outra longa de 55 ,cada un optou pola que máis lle conviña . A  cousa quedou empatada 5 para a corta, e outros cinco para a longa.
Antes do primeiro avituallamento chegou o primeiro e único contratempo da mañá, xa que  o Junior Jose Manuel nunha baixada foiselle a bici e foi o chan, uns pequenos rasguños no cóbado, un pouco de auga milagreira e para diante, …
A ruta longa chegaba case á raia, pasando pola Xironda , un pobo que no seu tempo debeu ser  importante xa que é un dos máis grandes da contorna ,iso si,   como ocorre no resto do   rural sen case poboación. Ao   fondo divísase  o Lorouco , unha montaña máxica onde as haxa,so mirar   o que había que subir xa che daban gañas de dar volta ,pero aquilo xa non tiña marcha atrás ,e entre conversa  e conversa e  algunha parrafada con algún  que outro biker da ruta os kms foron pasando,. A  xente dos pobos  mostraba ledicia de ver pasar os Bikers , non deixaban de aplaudir, algún incluso nos invitaba á súa casa, a  probar o viño novo.. así da gusto…..
 O reloxo marcaba as 13:30, o astro rei estaba no seu máximo esplendor,e  os derradeiros Bikers do BttNocelo  chegaron a meta , a organización xa nos tiña preparadas unhas cervexas ben frías que baixaron polas nosas gorxas coma se  fora a primeira vez que tal cousa bebiamos.
So quedaba despedirnos ata próxima ruta que será o vindeiro domingo no Carballiño
Vémonos no monte…..




                                                                                                          Cronica: Nocelojar
Album de Fotos