lunes, 23 de septiembre de 2019

II Marcha portas de Galicia ( A Mezquita)

Domingo 22 de Septembro de 2019 Outro domingo que toca madrugar un pouco, desta vez para desplazarnos o sur da provincia de Ourense, concretamente o concello da Mezquita onde os nosos amigos de Clube de Btt As Frieiras nos tiñan preparada unha boa maña de btt. É o segundo ano que organizan e, o ano pasado non puidemos asistir pero éste fixemos todo o posible para poder facelo, xa que esta xente está empezando e poñendo moitas ganas en que a súa ruta vaia para adiante e os de BttNocelo sabemos o que eso significa e quixemos aportar o noso gran de area a este evento. A zona era totalmente desconocida para nós polo que a facía ainda mais interesante… Tratábase dunhas fechas complicadas, entre a romería da Sainza, a época das patacas, vendimia, etc solo puidemos xuntarnos o Presi Pepe Nocelojar e un servidor Javi. As 8 da maña quedamos a tomar café no Bar Mundial e arrancamos para terras da Mezquita e apenas unha hora despois chegamos a destino. A maña estaba fresquiña pero o ceo estaba despexado asique prevíase unha boa maña. Na liña de saída tiñamos ali un autobús-discomóvil que amenizaba a maña mentres iban chegando os bikers. Moi bo ambiente. As 9.30 en punto daban as saída e 47 bikers salimos a fume de carozo polas calles da Mezquita, sobre todo para salir ben na grabación dun dron que andaba a voar enriba das nosas cabezas… Pero nada, solo uns metros, logo cada un xa se puxo ó seu ritmo… Enseguida nos demos conta de que non era un paseo, os sube/baixa eran constantes e facíase bastante rompepernas, menos mal que íamos a corta. Eso si, a preciosidade dos sitios que pasábamos facíanos olvidar o dura que era… todo transcurría por sendeiros entre carballeiras e castiñeiros centenarios, todo perfectamente limpo e desbrozado. As choivas dos días anteriores facía que as bicis traccionaran moi ben e agradecíase sobre todo nas baixadas. Ata pasamos un río por unha ponte feita de palets! Realmente lle puxeron moitas ganas esta xente… Nunha baixada destas con algo de pedras tivemos o primeiro percance da ruta, un reventón na roda traseira de Pepe, menos mal que un biker que pasaba lle deixou unha cámara e en 10 minutos todo arreglado. No km 22, avituallamento con todo o necesario, auga, aquarius, plátanos, dulces, etc e continuar outra vez entre carrouchos e camiños antigos, trialeras entre pinos e incluso un par de Single Tracks nun pinar que a todo mundo lle facía sacar unha sonrisiña, o final a todos nos gusta o mesmo… empezamos a ver xa o pobo da Mezquita, un pouco cansados pero satisfeitos. Pero faltando uns 500 metros para o final, a miña bici empeza a facer un ruido raro e, outra avería que non me deixa pedalear. Como Pepe levaba toda a ruta esperando por min ainda se encontraba con forzas suficientes decidiu remolcarme, arranxamos un alambre que collemos por ali nunha finca e así pasamos a liña de meta, cansados pero moi satisfeitos do percurso que nos tiñan preparado os organizadores. Aproveitamos para tomar unhas cervexas e descansar a ritmo do discomóvil, logo unha ducha de auga quente no pabellón,lavar as bicis e logo unha boa comida na casa do pobo a base de empanada, ensaladilla e carne guisada, que mais se pode pedir?? Amigos, aquí temos unha ruta de verdade para ter en conta para vindeiros anos, Ruta Portas de Galicia, organización de dez, paisaxes de dez e recorrido de once! Noraboa o clube Btt As Frieiras que saben ben como organizar unha boa maña de btt. De seguro que voltaremos… Vémonos o próximo finde na Marcha Btt Concello de Cualedro! Luuumeee!!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario