domingo, 1 de septiembre de 2019

XI Marcha de Monterrey 2019

Bonita maña pasamos hoxe 7 compoñentes do club en terras de Monterrey ,na sua tradicional  marcha BTT,ata ali fomos,Mingos,José Manuel,Nando,Diego,Joao,Pepe ,Ángel,o primeiro foi presentar o compañero Ángel ,a o equipo iste amigo de Oimbra e unha nova fichaje do equipo,decir que era a primera vez que participaba nunha marcha BTT,e non o fixo nada mal,.Con dez minutos de retraso tomamos a saida,rumbo o Castelo de Monterrey ,o chan estaba cheo de polvo e casi era imposible respirar ,o participantes ian a lume de carozo como se non oubera un mañan,os Nocelos cada un foise adaptando a sua condición física,e fomonos desperdigando o longo dos camiños,
Chegando o Castelo de Monterrey desmontamos das nosas monturas e quitamos unhas fotiños para o noso álbum,entre carballeiras e camiños o longo do Tamega fomos acercándonos o primeiro avituallamiento que estaba no pobo de  Oimbra parada obliga. Despois de respostar un pouco de fruta,tocaba seguir,o camiño empinabase ata chegar o pobo de Medeiros,onde o mais duro da  xaproba xa pasará ,solo quedaba unha peligrosa baixada ata Vilaza,.Pasarán duas horas dende o inicio cando cruzamos a meta.Ali a xente da organización tiñanos un grifo con cerveza e empanada a fartar,unha duchiña nas piscinas do Pobo, e pasar por o podio xa que o noso Junior José Manuel ,terminou na 2 posición na sua categoría,moitos Parabens,e así pasou a maña disfrutando da nosa pasión,vemonos no monte.








No hay comentarios:

Publicar un comentario