lunes, 16 de mayo de 2022

III Ruta da Avestruz

 III Ruta da Avestruz

Sabado 14 de mayo de 2022


Xa fai máis dun ano cando un membro do clube decidiu engordar un polo da casa para comelo cos compis de ruta. O animal engordou tanto que case parecía unha avestruz! Antes de comelo había que ir facer ganas de comer dando unhas pedaladas na bici polo monte… e así foi! Gustounos tanto que había que repetir todos os anos…

Así foi como argallamos a Ruta da Avestruz… Anque este ano, por algunha circunstancia especial, non houbo avestruz pero non hai problema o importante é facer a ruta e logo comer, xa sabedes que eso é o que fai a afición.
Entón ese día quedamos despois de comer para tomar café no Bar Parque en Trasmiras para logo ir ata o monte. Facía bastante calor pero o noso querido Pepe Nocelojar  tíñanos preparada unha rutiña non moi dura e por zonas de sombra.  Pasamos por tramos da Ruta do Cocido e logo algún que outro sitio novo, todos xuntiños disfrutando das fermosas paisaxes que nos ofrecen os nosos montes na primavera… Moitas fotos, moitas risas e uns 40 kms con 900mts de desnivel foron suficientes para matar o gusanillo e prepararnos para a cea.
Chegamos case ca posta do sol o punto de partida, o Concello tivo a amabilidade de cedernos o pabellón para ducharnos no que, probablemente sexa o único pabellón do mundo onde a auga está demasiado quente! Mais de un saliu escaldado e con menos pelo do que levaba, case se podería desplumar a avestruz con esa auga…

Logo había que baixar a temperatura corporal cunhas cervexas ben frías na Taberna do Fornelo por suposto. As 22.00 puxemos rumbo o Restaurante César onde nos estaba esperando unha boa paella con coello e logo uns anacos de cabrito para recuperar as proteínas que gastamos no monte. Por suposto, todo perfectamente amenizado polo noso Gran Carballal, o cantante e compositor oficial da Ruta do Cocido que, nesta ocasión, tiña unha canción expresamente composta para a este día. Logo de repetila varias veces conseguimos, por fin, cantala todos xuntos coma se dunha coral se tratara…

Postres, café, licores varios e festa  ata altas horas da madrugada foi o colofón final a unha tarde/noite de bici e paparota con xente Top… como ten que ser!
O ano que ven mais e mellor. Estade atentos que igual vos invitamos…
Mentres tanto,  vémonos no monte…





















No hay comentarios:

Publicar un comentario