martes, 9 de abril de 2013


3ª Ruta do Hospital de Chaves

Xa ven sendo unha tónica que as rutas deste ano sexan todas cos camiños embarrados, máis non importa, iste é MTB na súa máis pura esencia, a ruta deste ano estivo ben, cunha boa organización, se cadra un pouco máis de previsión a hora da comida, ainda que hay que decilo todo, comer comemos bastante ben.

As bicicletas sufren nestes terreos, e mais dun tivo problemas cos cambios, o percorrido foi moi espectacular, con zonas de paso moi complicadas con auga, bulleiro, pedras e baixadas preciosas. Os amigos de Chaves saben escoller os percorridos, por eso os nocelos nunca faltamos as súas citas.

Hasta  voltar por esas terras irmáns, mandámoslles un saudo.