viernes, 18 de marzo de 2022

XI Ruta do Cocido 22

Domingo 13 de Marzo do 2022
Que ganiñas había xa de ruta! Aínda que o ano pasado conseguimos argallar algo pa “matar o vicio”, xa tiñamos ganas de ver cas caras cheas de barro ós amigos do BttNocelo. Logo de ter que cambiar as fechas por outra ola de Covid, os nervios xa non nos deixaban durmir tranquilos pero por fin o gran día estaba ahí. Moitas horas de traballo coma sempre daban os seus frutos e as 9.00 da mañá alí estaban os nosos fieis amigos do Btt dispostos ó que fose para disfrutar da XI Ruta do Cocido no Concello de Trasmiras…
A verdade que as previsións non eran nada boas, logo de case un ano sen chover polas nosas terras, a última semana parecía que quería recuperar o tempo perdido e, incluso o día antes choveu con ganas. E, contra todo pronóstico, o domingo amenceu totalmente despexado! Non sabemos se por casualidade ou por algún ritual dalgún dos Nocelos, o caso é que o día iba estar perfecto para a ocasión.
Ainda así, dos 215 inscritos que había, fallaron uns 40 que, seguramente se arrepentiron no momento que levantaron a persiana esa mesma maña, unha pena pero perfectamente entendible logo de ver como transcorreu a semana…
Coma sempre durante as inscripcións os bikers puideron degustar o tradicional chocolate con bica para poder entrar en calor a ritmo da música e do noso mestre de ceremonias Roberto que, as veces cedía o micro o noso amigo Nando. Este mesmo foi o que deu a salida as 9.30 en punto a ritmo de bomba coma nas mellores festas e unha chea de valentes bikers empezaron a ruta dispostos a pasalo ben, xa que aquí, como sabedes non se premia ó mais rápido nin moito menos, na Ruta do Cocido somos todos iguais.
Por diante, 42kms de Ruta Corta con cerca de 1000mts de acumulado e, para os mais cañeros, a Ruta Larga de 63km cuns 1300mts de acumulado. Prácticamente todo transcurriu por camiños antigos entre os concellos de Trasmiras, Cualedro e Sarreaus e incluso, un Single Track duns 2kms no monte de Nocelo feito expresamente para este día.
Anque se recomendaba levar o track descargado, a ruta estaba perfectamente marcada do día anterior, ainda que, apareceu o simpático de sempre que cambiou ou quitou algunha sinalización e isto fixo que algún biker se perdera. Pedimos disculpas por elo e intentaremos mellorar nas vindeiras edicións.
Pode que nalguns sitios o barro fixese a ruta un pouquiño mais dura do que debería pero isto xa é un clásico e os nosos amigos xa saben que unha Ruta do Cocido sen frio, choiva, neve ou barro non é a mesma…
No km 24 estaba o avituallamento onde logo se separaban a corta da larga, e, logo de facer un bucle, os da larga volvían a pasar polo avituallamento para seguir pola principal ata a meta. Aparte do diso, logo había zonas de abastecemento de licores varios repartidas por diversas zonas de paso onde os mais “sedentos” podían saciarse e combatir o frío…
Entre as 12.30 que chegou o primeiro ata pasadas as 14.00 foron chegando todos os bikers, non houbo que destacar ningunha incidencia grave e os participantes mais ou menos cansados chegaban cun sorriso na cara que nos facía ver que, a pesar do barro, se disfrutou do Btt e iso nos enorgullece enormemente a todos os que traballamos duro para levar a cabo este evento. Tamén destacar as 5 féminas que se atreveron a participar sendo éste o ano con mais representación femenina na historia da ruta. Esperemos que se corra a voz e veñan moitas mais!
 Bueno pois… xa solo quedaba a guinda do pastel! Dar boa conta do cocido que nos tiña preparado os nosos amigos de Casa César e por suposto, a comida ben amenizada polo gran Carballal, cantautor e pandereteiro oficial da Ruta do Cocido. Logo a hora do café e do chupito tocaba sortear os agasallos cedidos por Bicicletas Chinquena de Verín, Bicicletas Matías de Verin e tamen unhas botellas de viño e un boa ración para facer un bo cocido por cortesía de Casa César.
Tamén repartimos os tradicionais trofeos feitos polo amigo Vallejo, todo un artesán. Esta vez foron:
- Trofeo o clube mais numeroso para os nosos amigo do Barbantia Roda que xa son fieles a ruta todos os anos e incluso fletan un autobús.
- Trofeo o biker de mais lonxe para o noso amigo Carlos de Toledo.
- Trofeo o biker de mais idade para o incombustible Paulino.
- E, por suposto, o trofeo a primeira fémina en rematar a ruta para a nosa queridísima Enma.
Noraboa a todos eles e moitas grazas a todos os participantes por confiar no BttNocelo para disfrutar dun gran día de Btt. Feita con moito traballo por e para vos, amantes do ciclismo de montaña. Prometemos mellorar e aprender dos errores para vindeiras ocasións, mentres tanto, sentidiño e vémonos no monte…




















Resto do Reportaxe FOTOGRAFÍCO