miércoles, 6 de noviembre de 2013

Ruta do Cocido 2014


BTT NOCELO PRODUCCIÓNS 

PRESENTA
O Film
"Preparándose po Cocido"



  

A RUTA LONGA
Ver mapa más grande



A  RUTA DO ANO 2014


        Un ano mais celebrouse no concello de Trasmiras a Ruta do Cocido, esta edición había que traballar a organización, pois como terceira edición, xa non cabían fallos, a ruta debía de contar cunha execución onde os erros fosen os menos posibles, non sei si chegamos a conquerilo pero os esforzo foi grande para que así fose.

A ORGANIZACION

    Todolos membros de Btt Nocelo se implicaron sobre maneira, así coma moitos amigos que desinteresadamente votaron unha mao na organización: Trini, Rosi, Os amigos de Montero Jogui Sport, o persoal do concello especialmente Raul que todolos anos está o pé do cañón para dar todo o seo apoyo, e tantos outros que dunha ou outra forma votaron unha mao. Finalmente os nosos colaboradores pola sua aportación, tan importante para a consecución diste evento.

A RUTA

        A mañá apareceo ainda que fría, moito mellor do que se pronosticaba, durante a noite unha capa de neve, non moi espesa, deulle unha estampa preciosa a zona da ruta mais alta, os camiños como se esperaba nas zonas mais blandas estaban barrentos e con charcos que daban espectacularidade o percorrido, o resto estaban francamente ben, as mais de 400 marcas que se colocaran polo percorrido eran perfectamente visibles, de modo que os participantes poideron seguir a ruta sin ningun tipo de problema, os poucos percances foron solucionables sin maior problema e os abandonos foron moi escasos, a xente coido que disfrutou dun día de btt excelente.

O COCIDO

       A comida coma sempre non defraudou, e os comensales que acudían por primeira vez quedaron francamente satisfeitos, como colofon cabe salientar unha vez mais a aportación do amigo Oterino, o noso Showman particular que fixo da velada unha manifestación de ledicia.

         Gracias a todos, a ser felices  e pedalear.....


AS FOTOS

A PRENSA
                         


OS VIDEOS

O Video de Diego Nespereira Vale

O Video de Daniel Rodriguez Cortiñas



AS OPINIÓNS
FORO MTB
FORO MTB GALICIA

A Opinión do Matias



NOTA ACLARATORIA
Para despexar as dúbidas que manteña calquer tipo de colectivo sobre a utilización do monte, o Ministerio de Agricultura ven de emitir un comunicado no que de maneira rotunda aclara cual é a lexislación o respecto.
É importante; pois asiduamente veñense producindo situacións desagradables nas que os colectivos de cazadores pretenden impoñer o seo monopolio sobre o resto de colectivos que  pretenden disfrutar da natureza. Na Ruta do Cocido tivemos un pequeno exemplo, cuando unhes individuos, presuntamente cazadores, quixeron facernos ver que a utilización por parte nosa das pistas do monte era ilegal.
Para que quede claro insertamos a Nota aclaratoria do Ministerio.



Os nosos colaboradores.






Via Nova, Astorga-Braga

Na ponte de Santos, tres nocelos, acadaron por fin a sua meta, facer o percorrido da Via Nova, despois de 450 Km. por fin chegaron a cidade portuguesa de Braga, sabemos que foi toda unha aventura, especialmente a primeira parte de Astorga a Xinzo,onde soportaron toda clase de penurias atmosféricas. Finalmente acadaron o seu obxetivo, e as cores do equipo luciron triunfantes en Braga. Esperamos novos retos, Felicidades.

domingo, 20 de octubre de 2013

IV KDD de Laza

     Un ano máis acudimos a chamada dos amigos de Laza, para participar na ruta que organiza o amigo Ñaca, e que sempre nos asombra pola espectacular beleza da paisaxes que percorre, iste ano ameazaba choiva e niebla; máis o final todo se quedou soio nunha simple amenaza,o que nos permitio disfrutar da ruta sin alteracións climatolóxicas.

      É para todos nós unha satisfación ver como ruta tras ruta, se van incorporando novos amigos, engrosando sin parar o número de practicantes deste bello deporte, que permite a contemplación tan de cerca da natureza que nos rodea, como é o caso desta maravillosa ruta.

      A organización foi moi boa e a ruta moi fermosa, cada ano nos sorprende polas paraxe que descubrimos, desa privilexiada terra de Laza; pese a que moitos se empeñan en destruila, sigue sendo coma sempre; sabendo rexurdir das fendas que outros lle ocasionan.

     O remate final foi no povo de Souteliño, no establecemento "Casa Elena", un pequeno restaurante cheo de encanto, que dende eiqui queremos recomendar, pois está cheo de encanto é cunha moi boa atención por parte da súa dona.

     Gracias Ñaca e gracias amigos de Laza por darnos a posibilidade de disfrutar de xornadas coma esta.























martes, 15 de octubre de 2013

RUTA BTT ALLARIZ

       Ainda non rompera o día, mentras 14 bikers, xa estaban preparados na praza   Maior de Xinzo para disfrutar dunha xornada de puro mountainbike. Ao lonxe na rua da movida limian ainda quedaban algúns festeiros  que non tiñan gañas de ir a cama,  mirabannos como se fósemos bichos raros.
       Mestre de ceremonias o Sr Vallejo, para chistes o Sr Roberto, de lebre o Sr. Marras, fotógrafo o Sr. Pepe, non faltaron a cita, os novos do grupo: Alberto,Javi,e Mingos;  Tamén nos acompañaron  Ricardo,  Oscar,  Manu, Fran, David, Pio e lucindo perna  Carballal.
       Pronto iban a chegar os pinchazos, e coa mente en todo momento posta na impresionante subida do   25% , que según nos decía o Vallejo , so a deu subido dúas veces.
       Rumbo o monte de Penamá, a primeira baixada do día; algún quixo limpar o  camiño e levou por diante  un silveiro; como  consecuencia fíxo unha tatuaxe na perna, pero nisto da improvisación non hai quen nos gañe e cosémolo sen anestesia, cun pincho de toxo  (é broma ja ja ).
      A baixada ata San Salvador  foi expectacular, ainda que parecía a Gran Via Madrileña, con  xente  as setas,  facendo senderismo, en bici; e velahí...nun lóstrego chegamos a Vila de Allariz, onde por uns carrouchiños cheos de auga puxémos rumbo a Xinzo, alí esparaban as respectivas parellas e fillos , pa disfrutar dun bo xantar , e dunha fermosa sobremesa.
      Xa ven entrada a tarde despedímonos coa proposta de repetilo máis a cotio.









    O RESTO DO REPORTAXE FOTOGRAFICO NO SEGUINTE ENLACE
https://picasaweb.google.com/115416671672166871764/SaidaAllariz#

martes, 3 de septiembre de 2013

II Kdd de Vilar de Santos.



Por segundo ano consecutivo o club Bttnocelo organizou a Kdd de Vilar de Santos, xunto co Concello e co patrocinio de Extintores Oterino.

A ruta diste ano pasouse o mes de octubre por razóns de calendario, e foi novamente todo un éxito, contamos coa presenza de moitos amigos do btt da provincia que nos fixeron pasar unha agradable xornada.



Saimos deVilar de Santos dende a Praza do concello e disfrutamos o longo dos 42 Km de percorrido, para termina cunha agradable comida moi ben amenizada polo compañeiro Oterino.

Agradecemos os nosos colaboradores a sua axuda, sin a cual sería difícil a realización desta ruta.

Tamén queremos rexeñar o interés do periódico La Región por facerse eco, o que sin duda fará que cada vez o deporte da bicicleta teña máis acollida na  comarca da Limia.

Iste, en definitiva; é o obxectivo polo que traballamos, gozar dun deporte sano que respeta a natureza e o entorno, e que dende as posibilidades que temos, loitamos pola súa conservación.



"artigo publicado polo diario La Región" 
               






TRACK : II Kdd Btt de Vilar de Santos

    Fotos II Kdd Btt Vilar de Santos
(enlace co archivo de fotos de Picasa)