martes, 18 de abril de 2023

IV Ruta da Avestruz

 

IV Ruta da  avestruz

 

    Un dos eventos do Club que cada ano que pasa ten máis aceptación é a “ Ruta da avestruz”.

 Dar as grazas aos irmáns Ángel e Sergio que nos doaron os polos, así como a Paco que os criou na súa finca.

Este ano o Concello elixido para facela,  foi  Vilar de Barrio. Director da Ruta: “Roberto”Loxística  “Formoso” alias ( Pepiño). Agradecer ao Alcalde  polo detalle que tivo con nós así como a propietaria do bar da Bóveda.

 Marcaba o reloxo as catro da tarde cando 25 Bikers estabamos preparados para disfrutar dunha tarde entre amigos, e como non, coñecer novos sendeiros.

Os primeros kilómetros foron levadeiros entre risas e bromas. Fomos adentrándonos  carrouchos e  corredoiras que é o que máis nos gusta, non sen antes facer unha pequena parada, xa que o amigo Samuel tivo un pinchazo, nada que non se puidera arreglar. A primeira dificultade montañosa estaba cerca do alto da Farria, onde cada un foi subindo ao seu ritmo, as vistas dende a cima , espectaculares. Despois dunha pequena baixada por un cortalumes outra petadiña onde o que máis e o que menos tivo que apretar os machos. Adentrámonos tamén por algún sendeiro do camiño de Santiago que nesta época do ano a  vexetación ten unha cor especial. Que ledicia.

Cando xa tiñamos a meta á vista , o amigo Roberto ainda nos tiña unha sorpresa. Un xantar sen postre non é comida, e unha ruta sen unha petada final tampouco, pero mereceu a pena xa que o sitio é para repetir, aproveitamos tamén para percorrer o novo roteiro que fixeron na zona.

As 19:30 foi a hora de chegada á meta ,Bar de Bóveda, onde nos estaban esperando unhas cervexas ( 1906) ben frías , acompañadas por unhas empanadas e un lacón, algún aínda dixo que non se quería ir duchar a casa polo que collimos unha  mangueira e xa lle fixemos o traballo, despois dunha duchiña con auga (morna) no pabellon de Vilar de Barrio, emprendemos camiño para O Restaurante César onde degustamos unha  paella así como un estofado de polo. Que bonita xornada entre amigos, rutas das que fan afeción

Próximo destino Cais da Regua. Vémonos no monte.