lunes, 14 de junio de 2021

II Ruta da Avestruz

 

II RUTA DA AVESTRUZ
domingo, 13 de junio de 2021
Bonita maña de btt nos esperaba este día, pero eso sí, había que madrugar un chis para poder evitar as calores dos últimos días. Así que, tocou o despertador ben cediño para os Nocelos que se dispuñan a facer a II RUTA DA AVESTRUZ, xa houbo unha edición anterior que tuvo moito éxito asique esta vez non iba ser menos, sobre todo porque como calquera ruta de nivel que se precie ten que culminar cun bo xantar, ese é a forma de facer a verdadeira afición!
Xuntámonos coma de costumbre no bar de referencia de Xinzo, o noso amigo e patrocinador, BAR MUNDIAL, cafeciño quente e rapidiño ós coches porque había que desplazarse ata a aldea de Fontercada, no concello dos Blancos, dende alí 13 Nocelos puxemos rumbo a Fonte da Cunca, un lugar tamen moi coñecido por nos para logo continuar dirección ó país veciño Portugal,. Todos xuntos e falando e rindo fomos chegando ó embalse de Salas que separa España de Portugal e alí atravesamos a ponte para chegar o pobo portugués de Tourem, bueno 3 valentes decidiron cruzar pola auga, nunha zona de pouca profundidade, os demais decidimos que era moi cedo para mollar os pés. Alí cruzamos o pobo e xa vimos que os vecinos salían a calle a aplaudir! Logo démonos conta, que por alí pasaría a ruta Estrada-Termal que se celebraba este domingo na zona de Lobios. Primeira parada na fonte do pueblo para recoller forzas cun chouriciño e pan feito na casa… a cousa prometía… Ainda quedaba moita ruta por diante e salimos en dirección a fronteira ata Calvos de Randín onde collemos O Camiño Previlexiado ou tamen chamado Ruta do Contrabando que nos levaría por uns sendeiros espectaculares a través dos bosques autóctonos da zona, lástima que estivese todo cheo de maleza que para ser unha ruta de sendeirismo das bonitas, está en moi mal estado de conservación. Fomos abrindonos paso entre as ortigas que estaban bastante bravas e picaban nas pernas. Ibamos todos xuntos e por momentos houbo algunha que outra enganchada de manillar que levou a mais de un ó chan pero sin mais consecuencias…
Así fomos deixando a un lado o espectacular Castelo da Picoña e chegando a zona do Couto Mixto onde fixemos unha parada para facerlle unha visita a estatua do último xuez do Couto Mixto en Santiago de Rubiás. Outro pinchiño, recoller auga na fonte e arreando. Decir que a maña estuvo espectacular para o btt, non facía escesivo calor xa que estaba nublado e menos mal que así foi toda a maña porque os que estamos mais desentrenados xa se nos iba facendo duro… Xa solo quedaba a última subida, bastante larga, ata volver a fonte da Cunca. Aquí o pelotón xa se desfixo e cada un impriu o ritmo que lle permitía o corpo ata xuntarnos todos outra vez na fonte. Logo xa solo quedaba unha boa baixada ata o punto de partida. Con case 50km e 1000mts de acumulado chegamos de volta a Fontercada. Por sorte xa tiñamos un bar ali cerca e xa tomamos os primeiros refrigerios… Logo cada un para a súa casa a asearse que viña o mellor! As 3 da tarde esperábamos o Restaurante Cesar cun bo menú caseiro. Lebre con fabas e polo de casa con patacas da limia… (de aquí ven o de Ruta da Avestruz, xa que os polos eran grandes…). Pero antes, por suposto, tomarlle outros refrigerios no noso bar de referencia en Trasmiras, o BAR PARQUE antes de ir a comer…
Por suposto, a comida foi amenizada coma de costumbre cos canteríos do noso incombustible Carballal, que os amigos do Cocido xa todos conocedes, que para esta ocasión compuxo unha canción especial para a Avestruz. Entre risas e cantos, algún perdeu a conta do que comía e logo houbo que darlle sal de frutas para aliviarlle o estómago acompañado duns digestivos e dun postre caseiro por cortesía do amigo Jose que é un crack reposteiro.
Alí estuvemos ata ven entrada a tarde, xa non había prisa, eramos os que tiñamos que ser e disfrutamos como xa había tempo que non o facíamos. Lástima do noso amigo Nando que non puido acompañarnos na comida xa que tuvo que botarse a carretera por motivos laborales, asique espero que polo menos disfrute da crónica e que sepa que tamen o botamos en falta…
Bueno, pois así rematou un día mais deses, que se quedan na memoria. Reunión cos amigos para dar unha volta na bici e logo disfrutar dun bo xantar e botar unas risadas, que mais se pode pedir??
Agradecemento especial a Roberto por a Avestruz, a Pucho pola lebre e a Jose polo postre e, por suposto, o restaurante César polo servicio prestado.
Xa estamos planificando a próxima!!
Vémonos no monte….