miércoles, 20 de noviembre de 2019

IX RUTA DO COCIDO 2020







FOTOS RUTA DO COCIDO 2020


IX Xuntanza do cocido 20 fotos( Nocelojar ) trialera

 IX Xuntanza do cocido 20 fotos ( Angel)

IX Xuntanza do cocido 20 fotos ( Sandro)


 TRAMO 3 Subida a capela do castelo fotos (Nocelojar)

TRAMO 2 fotos (Nocelojar)

 
PRIMEIRO TRAMO fotos (Nocelojar) 

Varias Cocido 20 fotos (Nando, Xose) 


VIDEOS

Comida




Boas noites amigos Bikers ,ante todo darvos as gracias  a os que esta mañan nos acompañastes na IX Ruta do Cocido, con unha temperaturas de _7 grados ,esperemos  que disfrutarades do percorrido que vos preparamos,sabemos que cometimos  algún que outro error,as nosas mais  sinceras disculpas...pero por contra tamen vimos  algunha  que outra faciana chea de sonrisa, e iso enchenos de ledicia e xa valeu a pena tantas horas  de traballo no monte...Dar as gracias os amigos  que nos visitades ano tras ano:Dende terras de Boiro,Barbantia  Roda,de Pontevedra, Roda do Demo,de Portugal  BttMontalegre, Lexauria,,Btt as Frieiras,Bicivoladores,Btt Pirrola,Adg Biciclistas,Ad Ovala 2, Alambrike c c,c c el puerto,Lopenta, Os Abesouros,CC Allariz,,MTB Monte Aloya,  NSB Celanova,Lethes,Carballiño,Ad Runing LazaNosos amigos  das Duas Rodas, e , os do CC Monforte  que gran equipo,,os nosos queridos veciños e amigos  BttLimia e as Raposiñas,,as casas colaboradoras :Centro,Sport,Bar Parque,  Bar Espolon,Luxury peluquera,Lusco e Fusco,Construcciones Rivero,Mochito,Carnicería  Airabella,Gadis,Montero  Jogui Sport.Sousas,Bicis  Chinquena,Casa Cesar,PanaderíaCarolo,Viladerrey.,Bicis Matías,Bicis Chinquena,Rancho Grande Morenas  y verdes,Seguros Mapre Xinzo Pablo Rodríguez,,Celta Xestion,e Tegman Galicia,,cadena  ser,onda cero,o Concello de Trasmiras  sobre todo a Celia  O noso medico Paco os Quads Moncho e David,os meus compañeiros  de equipo que estuvieron na organizacion  de esta Ruta:JAVI,MINGOS,JOSE,RAUL RIVERO, MIGUEL RIVERO LUIS RIVERO (O home do chocolate),ANGEL,BENY,PACO ,ROBERTO,NANDO,DIEGO,SANDRO,PAPA MONTERO,mil gracias gracias  gracias, xa sabedes  vemonos no monte.
TRACK RUTA CORTA

TRACK RUTA LARGA 



Teléfono de información  e urxencias o día da Ruta 603725142(non wsaps)



Iste  ano o cabeza de Cartel da nosa Ruta e para o amigo Carballal, que ano tras ano nos acompaña,
  facendo  sempre festa ca sua inseparable pandereta.


O vindeiro dia 12 de Xaneiro de 2020 celebrarase a novena edicòn da Ruta do Cocido, un evento que esta organizado por o Concello de Trasmiras , xunto  co Club  BttNocelo. Unha Ruta  diferente donde o importante non e chegar primeiro se non votar unhas cantas risas disfrutar do entorno e facer un puñado de amigos, tanto e asi que non ai tempos de chegada, nin trofeos  para os primeiros , algo distinto, podese estar de acordo ou desacordo pero e a nosa forma de ver a nosa Ruta pa pasar unha mañan de festa e como non disfrutar de un bo xantar.
Iste ano  e percorrido e totalmente novo con respecto as ultimas ediciòns, non pasaremos por xa famosas trialeras, pero algo parecido argallaremos, decir que casio  o 80 por cen do percorrido e por.........,
o  Concello de Trasmiras, sobre todo por sendeiros  antiguos recuperados para  a practica  do BTT que seguro vos van encantar .. Como sempre teremos duas rutas .
Iste ano moito mais curtas que outros anos 37 kms e 45 kms
- Corta  que consta de 37 kms   e 900 metros de acumulado positivo.
- Dificultade tecnica media baixa e fisica media alta ,   habera un avituallamento solido liquido que estara no km 18.
- Ruta Larga: Consta de 9 kms mais e achegase os Concellos veciños de  Monterrey e Cualedro,ten de acumulado 1100metros posivo.
 - Dificultade fisica , tecnica media alta . tera dous avituallamentos
solido e liquido  que estaran nos kms 18 e 27

- Hora de corta para ruta Larga as 12:00h.
  -HORA DE SALIDA: A saida como todos o anos sera as 9:15 da maña  , do pabellon de deportes de
Trasmiras, dende as 8:00 poderande recoller os dorsais asi como quentar o corpo cun chocolate con bica (agasallo da organización)  , os que queiran  outra cousa iste ano en frente da saida temos un  bar que colabora activamente co club e o cal vos  recomendamos que  visitedes , Bar Parque,

-PRECIOS:
- Con comida seran 20 euros  PLAZAS LIMITADAS A 110   participantes.Debido a que temos o sitio reducido as plazas de comida so solo para participantes na  ruta. AGOTADAS

-Sen comida 7  euros, a comida sera en casa Cesar en Viladerrey SOBRE AS 14:30  e como menu COCIDO A FARTAR.


NON SE ADMITEN INSCRIPCIONS  O MESMO DIA , OBLIGARORIO LEVAR CASCO
PROXIMAMENTE ABRIREMOS INSCRIPCIONS .




O TERMINAR A RUTA HABERA PARA LAVAR AS BICIS.

Novedades de iste ano:
Para todos os grupos que veñan de fora  e queiran pernoctar na zona ,temos  Un albergue  A solo 4 kms da saida co precio de 15 euros por noite.os interesados porse en  contacto  ca organización .



                                              



REGULAMENTO IX MARCHA DO COCIDO
  • 1.- O Club BTT Nocelo  Alta  Limia, organiza  xunto co Concello de Trasmiras a   IX Marcha do Cocido.
Terá lugar o domingo día 12 de xaneiro do 2020, tendo dous
  • percorridos que serán de 37 Km. (dificultad media) e 45 Km. (dificultad
  • media-alta), sendo a mesma de carácter non competitivo, se ben de
  • velocidade libre.  O  primeiro tramo estará neutralizado dende
  • a saída ata que o indique o director da marcha.
  • 2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran
  • axeitadamente o proceso de inscripción e sexan maiores de idade e os
  • maiores de 16 anos ou que os cumpran o largo do presente ano e adxunten
  • autorización de pai, nai ou titor.
  • 3.- A inscripción farase efectiva a través da páxina web do Club (http://
  • http://bttnocelo.blogspot.com.es/)
  • A cota de inscripción será de:
  • Con comida: 20 €
  • Sin comida: 7 €





 

       .       Dita cota dará dereito á participación na proba, e incluirá os
  • avituallamientos, , duchas e lavado de bicis para todos os participantes

        O prazo límite de inscripción será o  xoves día 09 de   xaneiro  as 24:00h                                                                                         
  • Non se admitirán inscripcións o mesmo día da proba que non se
  • solicitaran con anterioridade mediante contacto coa organización, antes do
  • peche da inscripción.
  • Só serán considerados participantes, aqueles que pagaran a cota de
  • inscripción e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal
  • será facilitado pola organización.
  • 4.- A concentración e recollida de dorsais terá lugar a partir das 7:30 do
  • día 12de xaneiro do 2020 no Pavillón Municipal de Trasmiras farase de
  • xeito individual, presentando D.I. e xustificante bancario de ter pagada a
  • cota de inscripción. A saída  efectuaráse as 9:15 h., sendo as 12:30 h. a
  • hora prevista de chegada para os primeiros participantes.
  • 5.- O emprego do casco é obrigatorio e non levalo implica a retirada do
  • dorsal e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva
  • adecuada. Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuito
  • da proba e atender ás instruccións da Organización. O Club non se fai
  • responsable dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos
  • participantes, así como as débedas ou danos que por estes motivos puideran
  • contraerse durante a proba.
  • O dia da proba antes da salida habera chocolate con bica para todos os participantes
  • Habera unha hora de corte ,que pora a organización para  facer a Ruta Larga.
6.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais
  • e  forestais dos Concellos de Trasmiras, Monterrey  e Cualedro , existindo
  • cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros
  • usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos
  • participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de
  • Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
  • 7.- Todos os participantes deben respetar o entorno por onde transcorre a
  • proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a
  • excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamiento.
  • 8.- A Organización preveu avituallamento, tanto sólido como
  • líquido, para realizar o recorrido convenientemente, así como unha comida
  • de convivencia ao rematar a proba para os que elixiran esta opción.
  • 9.- En todo momento respectaranse e obedeceranse as ordes e directrices do
  • director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ao vehiculo que
  • abre a mesma, o cal será obxecto de retirada inmediata











  • 10.- A Organización contará con asistencia sanitaria e con servizo de
  • ambulancia, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de
  • Responsabilidade Civil, non facéndose responsable de ningún accidente nin
  • gastos fora desta cobertura.
  • 11.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa,
  • así como a modificación do recorrido, quilometraxe e data da proba.
  • 12.- O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente
  • regulamento.
  • 13.- A proba realizarase independentemente da climatoloxía dese día.
  • 14- Cada participante da o seu consentimento n para que  poda ser retratado, e as imaxes ser publicadas en medios dixitais.

martes, 12 de noviembre de 2019

Ruta Magosto BttNocelo 2019


Domingo 10.11.2019
Outro domingo máis que tocaba madrugar un pouquiño para salir na btt, pero… era diferente. O mal tempo que se esperaba para este día non nos podía facer recuar, un evento de este tipo non se pode aplazar nin anular nin nada polo estilo… Trátase da xa tradicional Ruta do Magosto que, como todos os anos, toca por esta época, lóxicamente, e que, ainda que caian chuzos de punta, somos fieles a ruta. Supoño que a idea de logo ir a comer o churrasco todos xuntos axuda bastante…
Sobre as 8.30 da maña fómonos achegando ó noso punto de encontro, O Bar Parque en Trasmiras, patrocinador oficial e o punto recomendado polo clube para tomar café o día da Ruta do Cocido, xa que está mismo enfrente o Pavillon de Deportes. O día estaba moi desapacible e pintaba moi mal pero alí nos xuntamos nada menos que 15 bikers entre membros do clube e amigos ben achegados. Eso sí, abrigados e cos chubasqueiros ben preparados. Os do clube tuvemos a posibilidade de probar a nova chaqueta de alta gama da nova equipación que, por certo, nos deixou moi boas sensacións.
Logo de tomar café e botar as primeiras risas, puxemos rumbo ó monte. Diante, por suposto, o noso presidente Pepe Nocelojar que era o único que sabía o percorrido xa que se trataba da ruta corta da próxima Ruta do Cocido 2020 que xa andamos a argallar e aproveitamos para facer a primeira toma de contacto. Orballaba e facía fresco pero as zonas que atravesamos entre carballeiras facían que a ruta fose moi amena, así todos xuntos charlando e rindo fomos facendo kilómetros, os mais queimados non tiñan mais remedio que esperar as subidas para sacar algo de peito porque desta vez tocaba ir en pelotón en perfecta armonía… As últimas choivas facían que o terreo estivese algo pesado e esbaradizo, algún participante ainda tuvo que “baixarse da bici como lle da a gana” en algunha ocasión, por suposto, sin consecuencias. Tamén tuvemos algún que outro pinchazo e algunha avería mecánica, algo habitual cando somos moitos pero, por sorte , nada que non se puidese solventar. Así foi transcurrindo a maña, orvallando e sin excesivo frio por un percorrido realmente expectacular que non deixará de sorprender, un ano mais, ós bikers que se acerquen o 12 de Xaneiro a nosa querida Ruta do Cocido. Decir que transcurre case na súa totalidade polo concello de Trasmiras por camiños novos e algún que outro recuperado de edicións anteriores polo que non baixaremos este ano a nosa famosa Trialera pero de seguro que algo parecido faremos.
Cerca xa do mediodía, o tempo cambiou a peor, como xa decían as previsións, e o orballo convertiuse en case cicloxénese e xa empezaba a chover de lado e a facer frío de verdade, pero xa estábamos cerca da meta, un par de kilómetros máis e ruta terminada, mollados, ateridos pero contentos. Esperábanos unha boa ducha no pavillon de deportes e unha cervexa recuperadora no bar Parque para logo ir comer o churrasco na Parrillada Rancho Grande de Xinzo de Limia en compañía das familias para pasar unha agradable velada comendo ben, bebendo, charlando (alguns berrando), e por suposto botando unhas boas risas… Así entre unhas cousas e outras pasou a desapacible tarde de domingo que para nos foi perfecta, a guinda do pastel logo dunha boa ruta en boa compañía e unha boa paparotada… Así é, amigos, como se colle o verdadeiro vicio da bicicleta!
Atentos as redes sociais que pronto iremos poñendo información sobre a Ruta do Cocido 2020…

Vémonos en Trasmiras!!!


lunes, 28 de octubre de 2019

II BTT Concello de Toen.

 Onte o noso clube estivo presente na segunda edición da btt Concello de Toén  .Como todo bo madrugador quedaron as 8:15 na Antela pa tomar un cafeciño e quentar o corpo,ali se xuntaron champi que traia o seu amigo fali (proximo socio do clube)Beni co seu socio e amigo do clube Miguel Lamelas e Nando ,despois de tomar o tentempié tomaron rumbo a Toén,,o chegar alí toparonse co  Higinio membro das Raposas clube amigo dos Nocelos que decidiu facer a ruta con eles.despois de coller os dorsais e saudar alguns bikers coñecidos comenzou a ruta.Empezamos cada un collendo o seu sitio os mais desesperados xa na cabeza e nin a 1km xa nos metemos o monte,pista para aqui ,pista para ala e de repente xa empezamos a entrar nos carrouchos nos que os bikers iamos en fila india coma formigas,trialera para baixo e trialera para arriba asi durante case 13km todo moi ben sinalizado.Chegando o km 14 ali estaba o primeiro avituallamento donde nos reagrupamos e repuxemos forzas, atopamonos co bo amigo Ruben e cuñado dun dos socios mais xovenes do noso clube,e preguntounos si podia ir acompañandonos o resto do traxecto,"como non foi a nosa resposta".arrincamos costa abaixo pero pouco durou a 300m xa nos metemos nunha pista hacia arriba ,cando pensamos que todo iba transcurrir asi veu un desvio por un cortafuegos hacia abaixo,baixada moi técnica podia nun carteliño e vaya si era chegamos o pe do rio case e a 50m outro cortafuegos pero esta vez era o revés hacia arriba.subimos cada un como pudo e collemos unha pista amplia sempre hacia arriba chegando case a metade outro desvio, cortafuegos hacia arriba a xente xa empezaba a queixarse,o chegar o alto reagrupamonos e ali vimos como moitos bikers collian a carretera rumbo a toén e abandonaban a proba.Nos vimonos con forzas e decidimos seguir,a 1km atopamonos co banco mais fermoso do mundo asi poñia no seu costado e a verdade e que tiña unhas vistas fermosas,sacamonos a suas respectivas fotos e seguimos.baixamos unha pista ampla pero na metade stop desvios por un cortafuegos,jjjj parece que nos querian dar tregua,baixamos ata o pe dun regato e cruzamos un par de pontes estreitas pero fermosas e chegamos o segundo avituallamento ali paramos pouco porque senos viña o tempo enrriba,salimos de ali e empezamos a subir por un camiño moi empedrado que case non eras capaz de levar a bici dereita, chegamos a unha bodega donde nos esperaba un grupo de persoas e rapaces animandonos a seguir, salimos de ali e cual foi a nosa sorpresa...atoparnos con duas pedras na metade do camiño por donde solo pasaba a bici polo medio,un camiño intransitable e pino moi pino,ali non houbo mais remedio que votar o pe o chan, e subir como se puido.daposto que dos 200bikers que habia por ali non subiprimeiro.chegamos o alto e collemos xa rumbo as antenas do repetidor a poucos km atopamonos o terceiro avituallamento ali decidimos que cada un fixera a guerra por sua conta xa que se facia tarde e algun tiña que ir traballar,arrancamos como non subindo e fomos indo desta vez todo por pistas amplas subindo e baixando ata chegar a metab.Ali esperabanos os demais bikers e un grupo nutrido de xente o pe dunha mesa ampla chea de comida e bebida.Dende o clube BttNocelo dar as grazas o clube e a organización da ruta polo recebimento e o trato con nos. VEMONOS NO MONTE