martes, 27 de junio de 2023

MARCHA PUEBLA DE SANABRIA

 

XVII Marcha MTB Villa de Sanabria

 

Domingo, 25 de Xuño de 2023

Comeza o verán e, con el, a ola de calor… pero aínda así os Nocelos estábamos apuntados por primeira vez a XVII Marcha MTB Villa de Sanabria. Xa había tempo que a tiñamos no punto de mira e desta vez 8 integrantes do clube nos dispuxemos a disfrutar desta ruta por terras de Castilla. O noso amigo Etxebe recién chegado do País Vasco tamén estaba inscrito pero un lío a noite anterior cunhas sardiñas e unhas 1906 fixeron que abortara no último momento, unha pena…

Pepe, Mingos, Ramon, Beni, Nando, Sergio, Angel e Javi ali estábamos o pé do Castelo de Sanabria puntuales para recoller os dorsais. Chegamos con tempo e grazas a iso ainda nos deu tempo de solventar algún fallo mecánico de última hora…

Ambiente espectacular, e o sol xa relucindo con forza. As 9 en punto dábase a salida os mais de 400 participantes que tomaban as calles do pobo para logo poñer rumbo ó monte. Empezamos atravesando unhas veigas por uns carrouchos e por unha zona de pouca vexetación, aquelo non pintaba nada ben, era un día onde se iban alcanzar temperaturas altas  e faría falta algo de sombra.

Un par de kilómetros mais adiante, xa nos metemos por uns carrouchos a par do río, con moita  sombra e incluso fresco que viña de vez en cando, se a cousa seguía así o disfrute estaba asegurado. Así trancorreu a primeira parte do percurso, por zona de pouco acumulado e rodadora, mais que nada para que non se amontonase moito a xente e o pelotón se fose soltando.

Enseguida se fixeron grupos, entre os que están mais en forma e os mais rezagados pero con apenas uns metros de distancia. Chegamos o primeiro avituallamento líquido e nin sequera paramos, de momento a cousa iba ben. Tan ben iba que chegados ó punto de separación entre a ruta corta coa larga, decidimos por unanimidade tirar pola larga, sobre o papel parecía que non fose moi dura e íbamos ben de forzas e, a pesar de que xa empezaba a facer calor, prácticamente transcurrira case todo pola sombra.

Gran error que cometemos! Polo menos eso era o que se falaba en canto empezou a gran subida duns 8-9kms con tramos de mais dun 20% de desnivel e prácticamente sin descanso. Por algo decían que a ruta larga era nivel físico e técnico Alto…  Pista bastante rota, calor sofocante e baixa forma física, todo abocaba o desastre…

O grupiño dos pros parece que solventaron a subida sin grandes dificultades pero o grupo de atrás tuveron que sacar forzas de onde non había para coronar a cima, entre andaina e bicicleta foron chegando a zona de control de paso, onde aproveitaron para coller auga e refrescarse.

Logo quedaba baixar, algo en principio máis fácil pero a pista estaba bastante rota e había que agarrarse os machos para non descabalgar. Así fomos indo ata enlazar outra vez coa ruta corta e empezaba o bonito outra vez. Sendeiros e mais sendeiros entre castiñeiros e carballeiras que, a pesar do cansancio, nos facían afrontar o final de ruta cun sorriso continuo. Realmente increíble. En calquer esquina, detrás dun carballo ou dun castiñeiro alí aparecía o fotógrafo oficial da ruta, facendo fotos de todo o mundo, tanto dos primeiros coma dos últimos, ninguén quedou sin retratar! Algo que non sucede en todas as rutas. A organización un dez xa que sabían que era un día de moito calor e nos avituallamentos nos trataban coma reis, naranxas, plátanos, sandía, roscón, aquarius, auga… e xeo! Que ben que se agradecía!

O grupo de atrás non tardaron en collelos os ciclistas escoba sempre cun bo rollo increíble e animando en todo momento para poder chegar a meta. No penúltimo avituallamento estaban os pros esperando, supostamente para entrar todos xuntos en meta, ou eso dixeron anque as malas lenguas dicen tamén que xa iban cansados de dar lume… Fose como fose alí nos xuntamos para chegar o final xuntos, algo tamén pouco habitual…

Seguimos entre carrouchos e ainda houbo tramos de mollar os pés, algo que tamen se agradecía, os termómetros xa marcaban mais de 30 grados a mediodía… e inda faltaba para chegar a meta. Entre risas uns e choros e calambres outros, fomos chegando a meta sempre animados polos pilotos escoba da organización. Chegados a Sanabria xa solo quedaba a mítica subida o Castelo pola calzada principal onde a xente se pon os lados a animar. Un último esforzo e a meta xa estaba esperándonos. Agradecer de novo a organización que nese último esforzo lle axudaron a algún empuxando cas mans e animando ata conseguir chegar a meta case sin aliento…

Conseguido! Chegados a meta, xa solo quedaba descansar, ducharse e disfrutar da comida a beira do río nun paraxe espectacular no que o sufrimento se convertiu en disfrute total do ambiente, do lugar e das persoas que nos topamos…

Outra ruta mais que quedará apuntada nas axendas para os vindeiros anos. Noraboa o clube ciclista El Pinar por organizar algo tan bonito e tan exitoso. Grandes!!!

Dende o clube BttNocelo queremos facer unha mención especial ó noso compañeiro Samuel que non puido acompañarnos desta vez, por estar pasando por uns momentos difíciles. Moita forza e vémonos no monte…

























RESTO De REPORTAXE FOTOGRAFICO

jueves, 15 de junio de 2023

XVII XUNTANZA BTTNOCELO 2023

 XA TEMOS EN MARCHA A  XVII  XUNTANZA BTT NOCELO 2023 ,ISTE ANO SERA  O MERCORES 9 DE AGOSTO . A SALIDA COMO SEMPRE SERA DENDE O POBO DE NOCELO DA PENA (CAMPO DA FESTA), 

HORA: 8:30  DA MAÑAN.

FAREMOS UN PERCORRIDO DE UNS 60KMS, QUIZAS UNS POUCOS MENOS ,PASAREMOS POR OS CONCELLOS DE : TRASMIRAS, CUALEDRO, E SARREAUS. 

DIFICULTADE TECNICA FISICA MEDIA, SOBRE O KM 20 FAREMOS UN PEQUENO AVITUALLAMENTO, HORA PREVISTA DE CHEGADA SOBRE A 1 DO MEDIODIA DESPOIS DE REFRESCARNOS CUNHAS CERVEXAS PROCEDEREMOS A COMER UN BO  XANTAR A BASE DE CHURRASCO.
AS PLAZAS SON LIMITADAS.
PARA INSCRIPCIONS PARA XENTE QUE NON PERTENEZCA O CLUB  MANDAR UN CORREO A : bttnocelo@gmail.com