jueves, 26 de enero de 2012

Iª Xuntanza Btt do cocido de Trasmiras

Empezar agradecendo a todolos amigos do Btt que o día 22 de xaneiro quixeron acompañarnos nesta  "nosa primeira experiencia, organizando probas",  foi para nós todo un placer, dende que nacemos como un club; fai agora escasos meses tiñamos gañas de presentarnos en sociedade, e como facía pouco que, recibíramola equipación, pois que mellor ocasión, xa que tíñamolo traxe de ceremonias.