domingo, 9 de agosto de 2020

XIV XUNTANZA BttNocelo 2020

Dicir que a nosa Xuntanza btt é a máis lonxeva da provincia de Ourense é toda unha honra,pois xa fixo 14 anos dende que celebramos a primeira edición.
Se cabe este ano é un pouco máis especial debido a esta pandemia que estamos a padecer.
Como todos os anos xuntámonos un puñado de Bikers no campo da festa de Nocelo, para pasar unha mañá diferente, xa que o propósito non eran facer moitos kms ,nin chegar o primeiro,pero si disfrutar da compañía , do entorno e como non botar unhas risas,e ó término da mesma encher o bandullo.
A saída foi un pouco máis tarde do previsto xa que a algúns bikers se lles pegaron as sábanas.
Os amigos de Trasmiras están fortes e xa viñeron na bici dende o seu Pobo Paco e Etxeve,non faltaron á cita ;os amigos de Carraxo,Mikel e Carlos ;outro fiel é José Antonio dende Ourense,así como Marra de Xinzo,e Andresiño de Piñeira,Ramón de Ourense, Champi de Xinzo,Jose  de Niñodaguia,Dani de Vitoria,ata apareceu por alí para acompañarnos a media ruta  o Presidente honorífico do Club “Valerio”,e como non os da casa: Mingos, J Manuel ,Xose, Pepe,por primeira vez nos acompañou o amigo José Manuel Blanco “Peludo” para os amigos todo un Crak na Btt.
Este ano o percorrido foi totalmente diferente xa que non subimos á Serra, a ruta descorrería polos sendeiros da ruta do Cocido,e o que nos temiamos o final se fixo realidade . A metade dos camiños estaban cerrados por silvas ,entón houbo que improvisar e para iso o amigo Mingos é número 1 ,como xa dixen ao principio os kms eran o de menos.
 A unha do mediodía o astro Rei xa facía mella nos nosos rostros, e a lume de carozo puxemos rumbo a Nocelo, onde nos estaban esperando unhas cervexiñas ben frías. Unha duchiña rápida, e proxima parada  Bar Parque de Trasmiras onde nos prepararon un bo xantar, uníronse á comida Javi , Roberto e Tino que por problemas de traballo non puideron vir a Ruta. A sobremesa alargouse pero cando estás con boa xentiña parece que perdes a noción do tempo.
 Sólo quedaba desexarnos pasar unhas boas vacacions ,e coa intención de voltar todos para edición do ano que vén. Vémonos no monte!!!.