RUTA FIN DE ANO 2020/ 2019





RUTA NADAL 2021 BTTNOCELO

Sabado 18 de Decembro de 2021

 

Desta vez non tocou madrugar, a ruta de este día empezaría de día e acabaría de noite como é habitual nestes anos atrás. Trátase da nosa tradicional Ruta navideña aberta a todos os membros do clube. Non importan os kms nin o acumulado, nin de conseguir ningún KOM. Simplemente xuntarnos unha tarde e despedir o ano cunhas risas na compaña das nosas bicis.

Asique as 4 da tarde nos xuntamos no bar Parque en Trasmiras cas bicis perfectamente ataviadas cas luces necesarias para facer a nocturna e tamén, por suposto, o resto das luces navideñas. Gorros de Papá Noel e demais accesorios, cada un ó seu gusto. A tarde estaba despexada, polo que, esperábase unha boa baixada de temperatura cando o sol se escondese…

Ainda así, uns 18 membros do clube estábamos alí dispostos a subir ó monte. Uns poucos kms  mais arriba no Merendeiro de Nocelo da Pena, esperábamos o noso compi  Jose co champan e co turrón.

A ruta iba ser lixeira pero ata chegar o merendeiro había que subir si ou si asique ainda tocou apretar os dentes nalgún que outro sitio pero sen perder o bo humor. Tamén aproveitamos para estrenar o Single Track que temos xa preparado para a Ruta do Cocido 2022 que cunha lonxitude duns 2kms ten algo de todo e de seguro que vos gustará…

Entre unas cousas e outras chegamos o destino xa ben entrada a noite pero alí o compi Jose xa nos tiña a mesa posta co champán, licores varios e turrón de todas as maneiras. E alí brindamos, non podía sobrar nada e así foi… Recollemos a basura e puxemos rumbo o punto de saída, a xeada xa empezaba a brillar no monte pero os nosos gorros de Nadal mantiñan as nosas orellas quentes. Todos xuntos co lucerío encendido ben nos poderían confundir ca Santa Compaña ou con algún ovni… Se nos chega a ver Abel Caballero ben nos contrataba para pasearnos polas calles de Vigo…

Pasadas a 8 da tarde chegamos de volta o bar Parque, onde a nosa querida Vanesa nos tiña uns bos pinchos preparados cunhas cervexas fresquiñas.  Para rematar quitámonos de bola de Bingo e fixémos uns sorteos onde ninguén quedou sen regalo, o mellor unha cesta de Navidad valorada nuns 100 euros que lle tocou o noso compi Sandro, esperemos que lle aproveite xa que a meteu no coche e non lle vimos o pelo mais…

Para o final da festa tiñamos preparados uns trofeos para o Mais Kamikace, o Mais Escalador, o que Mais Grupo fai e o mais Festeiro previamente botado en secreto os días anteriores.

Mais Kamikace: Beni

Mais Escalador: Roberto

O que fai Mais Grupo: Pepe Nocelojar

O Mais Festeiro: Mingos

Noraboa os agraciados!!

Agradecer tamén o noso amigo Vallejo a fabricación dos trofeos de forma totalmente desinteresada.

 

E ata aquí a nosa xornada de confraternización entre os membros do clube, unhas risadas, algo de btt, uns pinchos e uns regaliños… que mais se pode pedir?? O ano que ven mais…

Dende o Clube BttNocelo queremos desexarlle ós nosos amigos unha Felices Festas e un Prospero 2022. Moito sentidiño e vémonos o dia 13 DE MARZO


Houbo que dar conta tamén do li

                                              


  














 Ruta de nadal 2020

cor porque o frío era cada vez mais intenso, tamen aproveitamos para facer o video de felicitacións para os amigos do clube e tamén houbo que facer o encendido de luces das bicis porque había que volver o punto de partida e xa non se vía nada. O ceo estaba despexado e a lúa acompañounos no percorrido de volta, agora era todo baixar ata Trasmiras pero amodiño porque as mans conxelábanse….

Chegamos aterecidos pero contentos o Bar Parque onde nos esperaban unha boas tortillas, xamón e chourizo e unhas cervexas frescas para terminar a velada, xa non había frío, solo quedaba disfrutar da compaña dos amigos e botar unhas risadas…

Dende o Clube BttNocelo queremos desexarvos unhas moi felicices festas a tod@s e moita forza e ánimo para afrontar estos momentos duros que, de seguro, pasarán pronto e volveremos abrazarnos e quitarnos o bozal coma nos mellores tempos. Mentres tanto, sentidiño…

Recordade que ainda estades a tempo de facer a Ruta do Cocido, tedes ata o día 10 de Xaneiro!

 















Ruta Nadal 2019


Como xa ven sendo tradición istes ultimos anos para brindar polo  novo ano , xuntamonos e facemos unha mini Ruta donde facemos unha parada  pa brindar con champan e comer uns polvorons, algo que a fai distinta e que sempre nos colle a noite no monte pola cal temos que levar luces, algunha bici parece un arbol rodante. o termino da mesma xuntaremonos nunha mesa no bar Parque en trasmiras para repor forzas

Iste ano sera o sabado 21 de Nadal as 4:30 da tarde saida dende o pabellon de TRASMIRAS  o percorrido uns 25 kms, hora de chegada sobre as 19:30 da tarde.recomendase lebar luces  e algo de pitiscar.

Sin duda a mellor  Ruta do ano.








L

No hay comentarios:

Publicar un comentario