miércoles, 19 de junio de 2019

VIII Ruta BTT Cidade de Ourense 2019

Domingo, 16 de Xuño de 2019-06-18
Xa facía tempo que non participábamos nunha ruta organizada e xa tiñamos ganas! Esta vez tocaba ir ata Ourense capital para pedalear na VIII Btt Cidade De Ourense organizada polos nosos amigos do Clube 2 Rodas.
Xa se sabe que o bo tempo acompaña para andar en bici pero tamén sabemos que nestas épocas os clubes quedan mermados por diferentes “quehaceres” típicos do verán. Asique as 8 da mañan ali estábamos Pepe Nocelojar e Javi tomando café no Bar Mundial en Xinzo (reciente patrocinador noso, por certo), para despertar antes de ir dirección Ourense, menos mal que alí nos esperaban Mingos e Santos, este último tamén recién incorporado o clube. En fin, 4 nocelos dispostos a pasar un bo día de btt. Decir que cas ultimas incorporacións, xa somos uns 30 socios no clube que cada ano crece, aunque é moi difícil coincidir con todos…
O día pintaba bo, quizais bo de mais para tratarse da capital, xa sabemos do calor que temos por ali nestas épocas, pero o ambiente era espectacular, casi 500 bikers ali esperando a que nos desen o briefing e a posterior saída. E asi foi, uns minutos despois da 9.30 deron a saída dende o pabellón Paco Paz, o primeiro kilómetro case neutralizado pola gran afluencia de bikers pero logo empezamos unha boa subida que xa nos foi colocando a cada un no seu sitio, no meu caso, cos de atrás, xa que as subidas ó principio das rutas non son o meu forte… Nada menos que uns 5 kms de boa subida que prácticamente sería a mais longa do percorrido anque quedaba unha boa recoa de repeitos e falsos llaneos que nos farían sudar o gota gorda… Ruta moi interesante e moi traballada xa que houbo moito carroucho e camiños vellos que realmente é o que nos gusta. No kilómetro 20 ali estaba o primeiro avituallamento amenizado por unha banda de gaitas e con todo tipo de “combustibles” para os corredores, empanada, bolo preñado, barritas enerxéticas, bebidas isotónicas, plátanos, etc.. o paraíso de calquer ciclista! Ali tamen se separaba a ruta Corta que era duns 35kms da Larga que eran cerca de 70kms. Collemos a ruta Larga e puxémonos a dar pedal outra vez pero, un servidor, non podía seguir o ritmo dos compañeiros e funme quedando atrás e, nun despiste, salinme da ruta e estuven perdido un bo anaco ata que decidin desandar o andado ata topar outra vez o camiño correcto. Decir que a ruta estaba perfectamente señalizada con flechas negras sobre fondo amárelo fluor, polo que, perderse era casi imposible anque a min gustanme os desafíos… Con todo elo quedeime solo e proseguin o camiño, agora tocaba unha subida con pouco desnivel pero constante por unha pista ancha e larga co sol dando duro no lombo, os kilómetros pasaban lentos pero pouco a pouco ata facer cumio no kilómetro 44 aproximadamente. Por fin empezábamos a baixar! Sitios bonitos por certo, polos que eu nunca pasara, pola zona de A Merca, As Maravillas, etc
Dalgunha maneira, moi intelixente, por certo, a organización fixo que pasásemos polo mismo avituallamento 2 veces, asi aforranse moitos medios e matadeiros de cabeza! Cando cheguei, xa me dixeron que os compis me estuveran esperando e que facía pouco que marcharan. Bueno pois, metemos algo a boca e continuamos, quedaban uns 20km mais ou menos para chegar a capital. Todo por carrouchos e camiños estreitos entre carballeiras e con baixadas espectaculares que nos facían olvidar o cansancio, aquello invitaba solo a disfrutar. O sol xa apretaba e xa pasaba un bo cacho do mediodía cando cheguei a meta pero non pasa nada! Ali había empanada a fartar e bolos preñados e por suposto cerveza para recuperar forzas, unha boa ducha no pabellón e listo! Ata a seguinte, que ainda non sabemos cando será pero estade atentos que daremos conta delo…
Felicidades o clube 2 Rodas de Ourense polo percurso tan espectacular que nos tiñan preparado, reservamos fecha para o ano que ven!

Vémonos no monte…