miércoles, 29 de diciembre de 2021

XI Ruta do cocido 2022

 



O DOMINGO  13 MARZO DE 2022 ,CELEBRAREMOS A   XI  RUTA DO COCIDO, CONCELLO DE TRASMIRAS.(SEMPRE QUE A PANDEMIA  O PERMITA).

TEREMOS DOUS PERCORRIDOS 

RUTA CORTA   CON 42 KMS QUE PASARÁ POLOS CONCELLOS DE TRASMIRAS, SARREAUS, E CUALEDRO . DIFICULTADE TECNICA BAIXA, E FISICA MEDIA, CONTARA CUN AVITUALLAMENTEO SOLIDO LIQUIDO NO KMS 27, A RUTA   DESCORRE POR CAMIÑOS ANTIGUOS QUE A ORGANIZACION LIMPIOU PARA O EVENTO, .COMO NOVIDADE DE ESTA EDICION, FIXEMOS UN SIGLE TRACK DE UNS 2 KMS QUE VOS VAI GUSTAR, .PAR TODOS AQUILES BIKERS QUE POR CALQUER MOTIVO LLES  FALLEN  AS FORZAS TEMOS DUAS  VIAS DE ESCAPE A META .
A PRIMEIRA NO KMS 27 E A SEGUNDA NO 35.DESNIVEL ACUMULADO 850M.

RUTA LARGA: 62 KMS FARA UN BUCLE CA RUTA CORTA ,E DECIR SEPARARASE  DE ESTA NO KM 27 E XUNTARASE DE NOVO NO 47, .  DESNIVEL ACUMULADO DE 1300M.
TERA DOUS AVITUALLAMENTOS NO KMS 27 E 47.




  • MEDIADAS COVID

  1. SERA OBLIGATORIO NO  MOMENTO DE RECOLLER O DORSAL PRESENTAR CERTIFICADO COVID,
  2. NO ACCESO O PABELLON TOMARASE  A TEMPERATURA A CADA PARTICIPANTE ASI COMO DESINFECION DE MANS.
  3.  OBLIGATORIO O USO DA MASCARILLA ANTES DO COMENZO DA RUTA.
  4. PARA OS QUE QUEDEN A COMER POR PROTOCOLO COVID ,AS MESAS SERAN DE UN MAXIMO DE 8 PÈRSOAS SERA OBLIGATORIO O USO DA MASCARILLA ATA QUE NON ESTES SENTADO.
TEREMOS UNS TROFEOS (OBRA DO AMIGO VALLEJO) PARA O  GRUPO MAIS NUMEROSO, O PARTICIPANTE DE MAIS LONXE , O DE MAIS EDADE, E  UN PREMIO ESPECIAL DA ORGANIZACION.

COMO NAS EDICIONS ANTERIORES   XA SABEDES QUE NON E UNHA RUTA COMPETITIVA POLO TANTO NON HABERA TEMPOS DE CHEGADA , O QUE PRETENDEMOS E DISFRUTAR DO ENTORNO E DA COMPAÑIA .
A SAIDA SERA AS 9:30 DO PABELLON DO CONCELLO DE TRASMIRAS.

A RUTA ESTARA  SEÑALIZADA CON SEÑAIS, E CINTAS, AINDA ASI COLGAREMOS OS TRACKS UNHA SEMANA ANTES DA  MESMA.










lunes, 20 de diciembre de 2021

Ruta de Nadal 2021

 

RUTA NADAL 2021 BTTNOCELO

Sabado 18 de Decembro de 2021

 

Desta vez non tocou madrugar, a ruta de este día empezaría de día e acabaría de noite como é habitual nestes anos atrás. Trátase da nosa tradicional Ruta navideña aberta a todos os membros do clube. Non importan os kms nin o acumulado, nin de conseguir ningún KOM. Simplemente xuntarnos unha tarde e despedir o ano cunhas risas na compaña das nosas bicis.

Asique as 4 da tarde nos xuntamos no bar Parque en Trasmiras cas bicis perfectamente ataviadas cas luces necesarias para facer a nocturna e tamén, por suposto, o resto das luces navideñas. Gorros de Papá Noel e demais accesorios, cada un ó seu gusto. A tarde estaba despexada, polo que, esperábase unha boa baixada de temperatura cando o sol se escondese…

Ainda así, uns 18 membros do clube estábamos alí dispostos a subir ó monte. Uns poucos kms  mais arriba no Merendeiro de Nocelo da Pena, esperábamos o noso compi  Jose co champan e co turrón.

A ruta iba ser lixeira pero ata chegar o merendeiro había que subir si ou si asique ainda tocou apretar os dentes nalgún que outro sitio pero sen perder o bo humor. Tamén aproveitamos para estrenar o Single Track que temos xa preparado para a Ruta do Cocido 2022 que cunha lonxitude duns 2kms ten algo de todo e de seguro que vos gustará…

Entre unas cousas e outras chegamos o destino xa ben entrada a noite pero alí o compi Jose xa nos tiña a mesa posta co champán, licores varios e turrón de todas as maneiras. E alí brindamos, non podía sobrar nada e así foi… Recollemos a basura e puxemos rumbo o punto de saída, a xeada xa empezaba a brillar no monte pero os nosos gorros de Nadal mantiñan as nosas orellas quentes. Todos xuntos co lucerío encendido ben nos poderían confundir ca Santa Compaña ou con algún ovni… Se nos chega a ver Abel Caballero ben nos contrataba para pasearnos polas calles de Vigo…

Pasadas a 8 da tarde chegamos de volta o bar Parque, onde a nosa querida Vanesa nos tiña uns bos pinchos preparados cunhas cervexas fresquiñas.  Para rematar quitámonos de bola de Bingo e fixémos uns sorteos onde ninguén quedou sen regalo, o mellor unha cesta de Navidad valorada nuns 100 euros que lle tocou o noso compi Sandro, esperemos que lle aproveite xa que a meteu no coche e non lle vimos o pelo mais…

Para o final da festa tiñamos preparados uns trofeos para o Mais Kamikace, o Mais Escalador, o que Mais Grupo fai e o mais Festeiro previamente botado en secreto os días anteriores.

Mais Kamikace: Beni

Mais Escalador: Roberto

O que fai Mais Grupo: Pepe Nocelojar

O Mais Festeiro: Mingos

Noraboa os agraciados!!

Agradecer tamén o noso amigo Vallejo a fabricación dos trofeos de forma totalmente desinteresada.

 

E ata aquí a nosa xornada de confraternización entre os membros do clube, unhas risadas, algo de btt, uns pinchos e uns regaliños… que mais se pode pedir?? O ano que ven mais…

Dende o Clube BttNocelo queremos desexarlle ós nosos amigos unha Felices Festas e un Prospero 2022. Moito sentidiño e vémonos o dia 9 de Xaneiro na Ruta do Cocido!