domingo, 29 de noviembre de 2020

X RUTA DO COCIDO 2021

 Pois hoxe damos por rematada a décima  edición da Ruta do Cocido 2021 , este ano por isto da

pandemia cun formato diferente.

Demos comezo a ruta o día 10 de decembro  e hoxe foi o derradeiro dia para facela.

 Cada un puido escoller o día  e a hora que máis lle apeteceu para realizar a mesma. 108  foron os inscritos,  aínda que sabemos que algúns polo tema do Covid non puidestes vir. Sabede que estamos á vosa disposición e cando se poda estaremos encantados de acompañarvos .

O percorrido polas mensaxes que nos fixestes chegar , cremos que gustou e eso énchenos de ledicia e con ganas de para vindeiras edicións superarnos.  

Grazas  por confiar neste proxecto que no seu comezo non sabaimos como ía sair.

Dar a grazas ao equipo que fixo posible  que esto puidera facerse. Non importou a neve, a xeada para sair ao monte a desbrozar camiños, facer as traileras . O merito é de: Angel Parada, Beni, Roberto, Champi, Javi Nocelo, Jose Ferreiro, JM (Josiño), Miguel  Rivero, Raul Rivero, Mingos , Nando, Rubén, Toño , Vallejo, Xosé, Xavi e Pepe.

Mención especial para as casas colaboradoras : CENTRO SPORT, a túa tenda de deportes en XINZO, BAR PARQUE EN TRASMIRAS, tanto inmellorable, PELUQUERIA LUXURY,  na praza maior de Xinzo unisex, CASA CESAR VILADERREI, onde sirven o mellor cocido, JOYERIA GILMO en Xinzo . Non nos queremos esquecer da man inocente que sacou o numero do sorteo da bici o noso  Indurain da Limia , Carlos Canal, número gañador 437 (parabéns  Oscar)

Tamén  entre todos os inscritos 108 sorteamos un reloj xentileza de Joyeria GILMO



 

O  número  quitámolo de forma  aleatoria a  través da  amiga Siri que ten o  compañeiro  Javi no  móvil e o gañador é  nº 12    que corresponde a: IVAN  XUSTO ALVAREZ                                                              


Fixemos tamén uns  trofeos obra do noso amigo Vallejo         

Os gañadores foron::

1º clasificado






Gracias  a todos e  damos por remata a decima ediciòn da ruta do cocido 2021 vemonos no monte




 






        Bici que sorteamos.....


NUMERO PREMIADO 437,  E O AGRACIADO E..

OSCAR DE OURENSE """PARABENS"""

Brigada de obra da Ruta.




    













lunes, 21 de septiembre de 2020

Aventura a Chandrexa

Soa o despertador 6:30 da mañan,toca levantarse.Iste día está marcado no calendario pois o Club tiñamos planeado unha rutiña ata Chandrexa de Queixa ,o Track sería de 80 kms e 1500 m de acumulado.
Peroo !!!!….. que   pasa  na rua….., que ruido tan extraño, pois si amigos as prediccións non se equivocaron non chovia ,botaban auga a caldeiros,pero quen dixo medo…….a vestirse coller a montura e un día grande nos espera.
7:30 Hora acordada da saida ,impresionante pero naide lle meteu medo o tempo, ainda era noite pecha  cando puxemos rumbo a Sarreaus,donde nos estaba esperando o Pepiolo do Grupo J.Manuel.
E veña chover chegando a paradiña xa parecíamos pitiños,algún ainda dixo por o baixo “vamos pa casa”, pero xa non había volta atras lumeeeee,na metade da Ruta do Marroquí ,primeira parada pa tomar un bo licor que traia o amigo Roberto…isto fixo que os ánimos se viñeran arriva e xa nos daba igual a choiva.A única avería produciuse en Correchouso un pinchazo na roda do Paco pero nada que non poderamos arreglar,.
Nun abrir e cerrar de ollos plantamonos en Toro,e veña subir as forzas xa se ian resintindo, cambionos ,a cara cando chegamos a famosa rotonda eso significaba que nos esperaba unha boa baixada, que paisaxes impresionantes veña fotos,o Val da Edreira e fascinante. ,O famoso “” mal paso”” segue como sempre parece q o tempo non pase por iste lugar,.
Xa non queda nada para chegar, pasamos por as Ferrerias coma lostregos,un par de Kms e xa divisamos a meta,Casa Gerardo, recomendable cen por cen, .Como nos trataròn top top comida a fartar cocido,sopa fabada, cabrito,carne o caldeiro,carne estofada, pementos postres chupitossss,,,,eran as 6 da tarde e algún ainda seguía comendo….que gran día día rodeado de boa compañía e disfrutando do no noso deporte preferido.
20:00 chegada o punto de partido so quedaba despedirnos ,e coa intención de volver a repetila..Vemonos no monte. 



























domingo, 9 de agosto de 2020

XIV XUNTANZA BttNocelo 2020

Dicir que a nosa Xuntanza btt é a máis lonxeva da provincia de Ourense é toda unha honra,pois xa fixo 14 anos dende que celebramos a primeira edición.
Se cabe este ano é un pouco máis especial debido a esta pandemia que estamos a padecer.
Como todos os anos xuntámonos un puñado de Bikers no campo da festa de Nocelo, para pasar unha mañá diferente, xa que o propósito non eran facer moitos kms ,nin chegar o primeiro,pero si disfrutar da compañía , do entorno e como non botar unhas risas,e ó término da mesma encher o bandullo.
A saída foi un pouco máis tarde do previsto xa que a algúns bikers se lles pegaron as sábanas.
Os amigos de Trasmiras están fortes e xa viñeron na bici dende o seu Pobo Paco e Etxeve,non faltaron á cita ;os amigos de Carraxo,Mikel e Carlos ;outro fiel é José Antonio dende Ourense,así como Marra de Xinzo,e Andresiño de Piñeira,Ramón de Ourense, Champi de Xinzo,Jose  de Niñodaguia,Dani de Vitoria,ata apareceu por alí para acompañarnos a media ruta  o Presidente honorífico do Club “Valerio”,e como non os da casa: Mingos, J Manuel ,Xose, Pepe,por primeira vez nos acompañou o amigo José Manuel Blanco “Peludo” para os amigos todo un Crak na Btt.
Este ano o percorrido foi totalmente diferente xa que non subimos á Serra, a ruta descorrería polos sendeiros da ruta do Cocido,e o que nos temiamos o final se fixo realidade . A metade dos camiños estaban cerrados por silvas ,entón houbo que improvisar e para iso o amigo Mingos é número 1 ,como xa dixen ao principio os kms eran o de menos.
 A unha do mediodía o astro Rei xa facía mella nos nosos rostros, e a lume de carozo puxemos rumbo a Nocelo, onde nos estaban esperando unhas cervexiñas ben frías. Unha duchiña rápida, e proxima parada  Bar Parque de Trasmiras onde nos prepararon un bo xantar, uníronse á comida Javi , Roberto e Tino que por problemas de traballo non puideron vir a Ruta. A sobremesa alargouse pero cando estás con boa xentiña parece que perdes a noción do tempo.
 Sólo quedaba desexarnos pasar unhas boas vacacions ,e coa intención de voltar todos para edición do ano que vén. Vémonos no monte!!!.