martes, 20 de diciembre de 2022

RUTA DO NADAL 2022

 


Sábado, 17 de Decembro de 2022

 

Desta vez tocou comer o xantar un pouco mais a présa do normal xa que estaba marcada no almanaque a última ruta oficial do ano que, neste caso, se fai pola tarde. Mais ben unha seminocturna, como non trátabase da Ruta do Nadal. Un dos eventos do clube que non fallan e que xa quedan apuntados dun ano para outro.

As chuvias das últimas semanas non auguraban unha tarde precisamente seca pero as previsións  non eran malas de todo. Daba igual, a fecha estaba posta e había que ir. Asique as 16.00 horas da tarde alí quedamos a tomar café no Bar Parque en Trasmiras. 11 bikers perfectamente ataviados con detalles navideños tanto nos corpos coma nas bicis, como xa é tradición…

Fotiño de grupo e arrancamos cara o monte, destino o merendeiro que está no monte de Nocelo, entre Baldriz e as Mercedes e que todos xa coñecedes, sin prisa, sabemos que a noite está cerca pero non hai problema porque luces había por ducias. Diriximonos ata Escornabois para logo subir por Nocelo para facer algún tramo da Ruta do Cocido, sobre todo a trialera para ver en que estado estába. Todo isto sin ánimo de facer KOM nin nada de nada, este era un día de disfrute da compañía e da bici, anque algún tardou en encontrar o disfrute xa que a cena da noite anterior fora un pouco pesada…

Chegamos o punto de encontro xa, entrada a noite e co lucerío encendido, case parecíamos a Santa Compaña. Ali o noso amigo Sandro nos deixara a bo recaudo un bo surtido de turróns, licor e champán para brindar polo Nadal e o Ano Novo e así fixemos, seguía sen chover e a temperatura era bastante boa para como estaba o tempo asique disfrutamos moito daquel “avituallamiento”. Uns brindis, unhas risadas e, por suposto, a felicitación navideña para todos os amigos do BttNocelo que non podía faltar.

Agora tocaba ir de volta! Todos xuntos e sin prisa, solo quedaba baixar ata Trasmiras onde a amiga Vanesa nos estaba esperando cunha retaila de  pinchos coma se fora unha boda! Apenas 25 km pero aqueles pinchos e as cervexas sabían a gloria. Aínda quedaba a entrega de trofeos que votamos todos durante a semana anterior o evento.

O mais espléndido: Pucho

O máis sufridor: Paco

O biker revelación: David

Noraboa a todos eles, uns cracks todos, cada un na sua categoría…

Logo faltaba o sorteo final de varios regalos e cesta de Nadal que este ano lle tocou o amigo Vallejo, esperemos que reparta algo…

E así, rapaces, pasamos unha das xornadas mais divertidas deste ano que está a punto de acabar. Citas destas son as que realmente fan afición e que non poden faltar en ningún clube, xa que aquí non hai Strava, nin bos nin malos, simplemente persoas unidas pola bici disfrutando do momento…

Dende o Clube BttNocelo Alta Limia desexámosvos a todos os amantes da bici unhas FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO 2023  cheo de rutas e bos momentos.

Non vos olvidedes de que as inscripcións da Ruta do Cocido están abertas, a primeira do ano!