miércoles, 3 de mayo de 2017

101 Peregrinos 2017 (bttnocelo)

101 PEREGRINOS 2017 VIII EDICION.

Venres, 28 de Abril de 2017
Desta vez tocaba facer as maletas xa que nos esperaban un par de horas de camiño ata Ponferrada. Facía xa uns cantos meses que, cinco “Nocelos” decidimos apuntarnos a mítica 101 Peregrinos. Un desafío ó que non estábamos acostumbrados pero que xa oiramos falar e que sempre tiñamos no pensamento, asique un bo día apuntámonos e, agora chegado o momento, xa non había volta atrás. A verdade é que botamos unha tempada preparándonos para esta azaña anque non sabíamos como sería xa que unha ruta tan larga e con tanto acumulado nunca a fixeramos. Pero para todo hai unha primeira vez…
Arredor das 7 da tarde xa estábamos recollendo os dorsais para participar na Ruta de referencia do Norte de España, era inevitable non sentir cóxegas no bandullo. O despliegue que había nos arredores do Pabellón de Deportes de Ponferrada xa nos facía presaxiar que algo grande estaba a piques de comenzar… A saída sería o sábado as 8.30 da maña polo que buscamos un sitio para cear e fomos pronto para o aloxamento, un tranquilo e romántico Motel de carretera, cerquiña do evento, non sin antes botarnos unha boas risas, claro, o lugar daba pé a infinidade de bromas…
As 7 da maña xa stabamos vestidos ca indumentaria do clube e tomando un bo almorzo para coller forzas, esperábanos un día longo por diante. Raúl, Michel, Pepe, Mingos e Javi plantámonos puntuales na líña de saída, acompañados duns case 3000 participantes entre Trail e Btt de toda España e de diferentes partes do mundo. Arredor do campo de futbol fómonos colocando por zonas, dependendo das horas previstas para a realización da proba. As 8.30 comenzaron a dar saída por grupos separados entre sí un minuto para evitar os apelotonamentos, cousa difícil debido a cantidade de corredores congregados alí. O noso participante máis intrépido (Raúl), decidiu colocarse nos primeiros grupos xa que iba intentar dalo todo e deixar o listón de Btt Nocelo o máis arriba que poidera. Os demáis decidimos sair xuntos a ver como transcurría a cousa.
Os primeiros kms eran un sube-baixa constante, con atascos nas subidas mais duras polo que comezamos a pedalear costa abaixo e a ir a pé polas subidas. Pero pouco a pouco os corredores fómonos espallando xa que o terreo estaba moi duro e rodador. Nas baixadas o polvo case non deixaba ver e había que andar con moito tino para non acabar polo chan. Pronto empezaron os primeiros pinchazos que iban deixando xente polas beiras da ruta, afortunadamente non afectaban os membros do noso equipo. Os avituallamentos eran abundantes durante todo o percurso, case en tódolos pobos había onde beber e comer, todo o mundo se involucra o máximo cos corredores e incluso había zonas de taller para solventar averías que poidesen ocorrer. Sin prisa pero sin pausa chegamos a metade do recorrido, onde había un avituallamento a base de pasta para repor forzas para a gran subida que nos esperaba pola tarde. O exército era o encargado da cociña e tiñan verdadeiros campamentos montados e organizados para que todo o mundo poidese comer, beber e descansar da mellor maneira posible. Aquí aproveitamos para facer un descanso mais largo do normal para comer, descansar un pouco, quitarlle o polvo as bicis e engrasar as cadeas nos talleres improvisados
que había polo campamento. De novo a pedalear, a gran subida esperábanos, polo camiño íbamos encontrándonos con algún que outro conocido, alguns que xa conocían o percurso e outros que coma nos, era a primeira vez… A cousa non debía de ser moi dura xa que moitos repiten, comentábamos entre nos. A primeira metade da carreira rompepernas empezaba a pasar factura, Michel e Mingos encontrábanse cómodos a esas alturas e foron collendo distancia mentres Pepe e Javi o tomamos con máis cautela. Xa facía calor e a subida empezaba a complicarse, según iban transcurrindo os kms e te encontrabas con xente, predominaba o silencio absoluto, cada un afrontando a subida da mellor maneira posible e sufrindo “en silencio”. A paisaxe que nos íbamos encontrando eran impresionantes, as vistas invitaban a sacar fotos sin parar pero o problema era cando mirábamos hacia o alto da montaña, por moito que levaramos de subida sempre se vía unha pista ala no alto chea de bikers, interminable… Moitos repechos non había mais remedio que subilos andando, xa que intentar subir pedaleando era un suicidio. Canto máis arriba subíamos, máis refrescaba, o aire soplaba forte, a veces a favor, cousa de agradecer pero non había forma de chegar o cumio, os kms transcurrían moi lentos. Cada vez que chegabamos a un avituallamento e preguntábamos polo que quedaba, sempre nos decían o mesmo: una pequeña subida y ya está… Entre calambres, paradas, fotos e moito sufrimento, culminamos, por fin a mais de 1400mts de altura. Paramos a facer unhas boas panorámicas e vemos que chega o que debía ser o primeiro corredor de Trail! Increíble!
Agora si, unha boa baixada, por fin as pernas podían descansar. Estabamos no km 75 e xa quedaba menos para o final e, o mais duro, xa quedaba atrás… Baixamos a todo meter disfrutando da baixada a tope. Sabíamos que parte do recorrido da maña iba ser o de volta, asique volvíamos ó sube-baixa rompepernas e co que xa levábamos nas pernas preveíase un final de ruta moi duro. Tamén sabíamos que estes últimos avituallamentos daban moi ben de comer asique decidimos convertir o final de carreira nunha ruta gastronómica, o importante era chegar… Paramos rigurosamente en todos os campamentos que fomos encontrando, degustando un exquisito guiso de jabalí, chourizo asado, ovos cocidos, etc, etc En todos os pobos había unha festa arredor da ruta das bicicletas, todos aplaudían ó paso dos bikers, amenizaban con música e con todo tipo de bebidas e comidas, para sentirse coma en casa. Incluso pasamos a beira dun Castelo onde os Templarios nos cantaban según pasábamos ca bici, increíble o ambiente que case che facía olvidar o cansancio acumulado nas pernas.
Pero para impresionante a chegada a meta. Un montón de xente aplaudindo a todo o que pasaba e o DJ felicitando a todo o mundo, facíate sentir un verdadeiro héroe. Cousa de agradecer, sobre todo despois de estar case 11 hrs pedaleando polo Bierzo… Unha aventura non apta para calquera pero sí ó alcance de quen lle guste o Btt e teña un mínimo de preparación tanto física como psicolóxica porque hai que estar moi fortes e un pouco “tolos” para meterse nun fregao destes… Pero como sarna con gusto non pica, de seguro que volveremos… RETO CONSEGUIDO!! 
























 RESTO DE REPORTAXE FOTOGRAFICO