martes, 26 de diciembre de 2023

INSCRIPCION: RUTA DO COCiDO. CLIK






Ruta de Nadal 2024

 

Ruta Nadal 2024 BttNocelo

Sabado 23.12.202

 

Hai rapaces! Como pasa o tempo! Inda parece que foi onte cando nos estábamos atragantando cas uvas e xa volvemos estar terminando o ano…

Asique… coma de costumbre os Nocelos aproveitamos para organizar unha das rutas “oficiales” do Clube. A Ruta de Navidad. Ben abrigadiños, cos gorros de Papá Noel e cas bicis cheas de lucerío, xuntámonos as 16.00 horas no noso cuartel general, o Bar Parque de Trasmiras, para tomar un cafeciño e logo tirarnos ó monte…

A tarde estaba soleada, perfecta para o Btt pero eso era o de menos, as horas de luz son poucas nesta época pero non pasa nada, esta ruta sempre acaba en nocturna, asique xa estábamos perfectamente preparados para todo o que nos esperaba…

Uns 15 compoñentes do clube ( cada ano somos mais), puxemos rumbo ó monte, en grupo con tranquilidade case cantando villancicos, non había nada que demostrar, solo pasalo ben e disfrutar da xornada.

Facía bastante fresco pero os primeiros kms son en subida asique, pouco a pouco fomos entrando en calor. Aproveitamos para probar parte do percorrido da vindeira Ruta do Cocido, incluidas as novas trialeras que non defraudaron, esperemos que vos gusten! Inda tuvemos tempo de facer algunha alternativa a unha “matahomes” que temos preparada pero bueno, non podemos dar mais información, asique teredes que vela en persoa o 14 de Xaneiro…

Cunhas cousas e outras fíxose de noite, non pasa nada, encendemos as luces das bicis e continuamos ata chegar a zona do merendeiro (chámaselle “de Baldriz” equivocadamente pero é de Nocelo da Pena). Alí nos estaba esperando outros dous membros do clube co avituallamento tradicional destas fechas: turrón, uvas pasas, champán, sidra, etc, etc Xa empezaba a xear pero eso non nos quitou as ganas de troula, alí brindamos con champán e pedimos os nosos desexos para o vindeiro ano. Tamén aproveitamos para facer o video para felicitar as festas a todos os nos@s amig@s, que sodes moitos e alégranos moito.

Bueno, recoller todo para non deixar ningunha pegada de que estivemos alí e baixar para Trasmiras onde nos estaban esperando uns pinchos que nos tiña preparados a nosa amiga Vanesa para entrar en calor, porque as temperaturas xa baixaban dos cero grados…

Aproveitamos para facer un sorteo onde ninguén quedou sen agasallo, o mellor deles, unha cesta valorada en 120 euros foi para o benxamin do grupo, Jose, que seguro que dará boa conta dela estes días de vacacións…

Tamen se deron os gañadores do noso concurso ó Biker Revelación: Manoliño, o Biker mais Pro: Samuel, o biker mais en forma: Mingos e o biker máis fotogénico: Nando. Noraboa a todos eles!

Pero esto non acabou aquí, esperábanos unha cea no Restaurante Calahorra para rematar a noite da mellor maneira, comer, beber, falar e rir despois dunha tarde de btt. O broche final a este 2023 que xa está a piques de rematar. Gracias a tod@s os amigos do BttNocelo por acompañarnos no noso deporte favorito e os mellores desexos para este 2024 no cal seguiremos disfrutando do monte mentres o corpo aguante! Bo Nadal!

Recordade que o 14 de Xaneiro será a Ruta do Cocido, as inscripcións están abertas a través da nosa páxina. Con novas sorpresas e moi bo ambiente, esperámosvos!!!















 

viernes, 3 de noviembre de 2023

XIII RUTA DO COCIDO 2024

 

XII RUTA DO COCIDO 2024

    Concello de Trasmiras



A  primeira   BTT do ano en Galicia xa ten data sera 

14/01/2024 , . O primeiro  domingo despois das festas

de Nadal,. Chova, neve,  faga sol  etc etc quen dixo medo......

Os fies a nosa  Xuntanza xa sabedes que a festa esta asegurada, non faltara,

o "chocolate", Licor, bulleiro, o fumeiro ,  o home da guadaña e algunha que outra sorpresiña

para remate final un gran cocido.

Dous trazados : CORTA /LARGA.

Mais lebadeiras que en anos anteriores

CORTA: 40KMS

Trascurrira por os concellos de Trasmiras, e , Sarreaus, acumulado 900 m

Dificuiltade tecnica fisica , baixa, Habera dous avituallamentos  nos kms 17 e 27 aproximandamente

LARGA:48 KMS

Trascurrira por os mesmos sendeiros ca ruta cota, separarase de esta no km 17 fara un bucle de 8 kms para enlazar de novo ca ruta corta.

Tera dous avituallamentos : km 17  e  40 aproximandamente nivel tecnica baixa e fisico media.

Como e costume a primeira hora teremos chcolate con bica, e o longo do percorrido avituallamentos

sorpresa, 

PARA COMER 100 Plazas restaurante Cesar / Viladerrey) 30  euros

SIN COMIDA: 150 Plazas . 15 euros.

Cada participante lebara un agasallo do club.

As incripcions abriranse  : 01/12/2023



jueves, 10 de agosto de 2023

XVIII Xuntanza BttNocelo2023

 

Un ano máis, non podía faltar a tradicional Xuntanza de BttNocelo. Este ano, é como se do Tour de Francia se tratara, abrimos fronteiras e a saída e a chegada fixémola dende as piscinas de Vilaseca (as mellores da Limia ) e a verdade que foi un acerto. As 8:30 da mañá, xuntámonos alí :Javi,Ramón,Echeve,Sandro,Paco,Champi,Mikel, Stiven,Mingos,Formoso e Pepe. A saída ata Nocelo sería neutralizada, fotiño de rigor, e veña lume ,o de lume era broma xa que a ruta máis ven trátase de confraternizar e ir de conversa, inda que algún pique houbo. Aínda rodamos uns km por territorio de Nocelo, seguindo o track da Ruta do cocido de iste ano ,ata que chegando a Escorbabois tivemos as primeiras sorpresas, silvas e fentos apoderándose do camiño, nembargantes non foi impedimento para o grupo, xa que o noso amigo Mingos sempre ve un claro. Decir que aínda que estamos en agosto había auga nos camiños, imaxinaivos como estarían en xaneiro.

Con media hora de adianto chegamos ao Avituallamento que como sempre sería no bar parque de Trasmiras. Aquilo parecía un xantar porque comimos : empanada, chourizo, salchichón, xamón e tortilla, pero que tortilla, mil grazas a nosa amiga Vanesa.

O peor de todo, foi reanudar a marcha o  astro Rei, xa facía acto de presencia e o termómetro rondaba os 30°, encima collemos algún tramo de ruta no que directamente, xa non había camiño e tivemos que facer un carreiro para pasar, coas bicis Aínda que a intención era facer a ruta larga, por unanimidade decidimos tirar para o punto de partida. O reloxo marcaba as 13 do mediodía e a temperatura volvíase abafante por momentos.

Que gran acerto, como prestou ese baño para baixar a temperatura,uníronse algúns compañeiros que non poideron vir a Ruta: Jose Manuel, Carlos e Gorka. Unhas cerveciñas ven frías e rumbo a Nocelo, onde nos esperaba un bo xantar no bar do pobo. E para rematar, calimocho! O reloxo, xa marcaba as 17 da tarde e dimos por rematado o xantar, pero a Xuntanza aínda non remataría aquí, cambiamos de novo o emplazamento ata as piscinas do Concello de Trasmiras, onde seguiu a sobremesa ata as 21 da noite, e que máis decir, que ben se está rodeados de amigos. Vémonos no monte.