martes, 25 de abril de 2017

BttNocelo Bike Xtreme (Preparación 101 Peregrinos)

Domingo 23 de Abril do 2017

Outro domingo maís de madrugón. Non porque a ruta desta vez fose lonxe senón porque iba ser máis longa do normal. A proximidade do noso próximo reto do “101 peregrinos” obligounos a organizar unha ruta de similares características para ver se o entrenamento que levamos feito estaba a altura das expectativas que se requiren para tal aventura…
Asique, as 8 da maña nos plantamos en Nocelo da Pena dispostos a pasar unhas cuantas horas de btt. Pepe, Mingos, Vallejo, Michel, Adrian e Javi collemos rumbo hacia o Carreiro Ladrón para logo pasar polo Merendeiro con dirección Baldriz.  Desta vez, íbamos todos xuntos a ritmo tranquilo, falando e rindo pero sin desmadrarse moito xa que sabíamos que o día iba ser longo… Primeiro pico superado e baixada hacia Laza, o día estaba precioso e o sol xa empezaba a picar, unha parada para o bocata de media maña e unhas fotiños e luuuume, por diante tiñamos a gran subida de uns 20 kms que nos levaría hacia San Mamede en busca da Silla da Reina ou Sillón do Caudillo (elixase a denominación que mais guste). Comezamos a subida por unha zona de pinos que nos permitiría por veces rodar un pouco a sombra, cousa de agradecer xa que o Lorenzo sí que estaba dando luuume do bo… Sin prisas pero sin pausas fomos afrontando o camiño en grupo a non ser os novos do grupo Michel e Adrian que demostraban  que a súa forma física era mellor que as dos demais e, por momentos, nos deixaban atrás para logo duns kilómetros esperar para reagruparnos.
Chegamos ó pobo de As Eiras para, logo de repoñer forzas, coller o camiño de Santiago, non sin antes sellar a nosa particular Compostelana para que quedase constancia do noso paso polo camiño. Seguimos costa arriba, agora xa por pista aberta na que nos íbamos encontrando peregrinos de cando en vez. O calor era xa devastador pero as preciosas vistas que estábamos a experimentar facianos o camiño moito mais levadeiro. As ladeiras pintadas de singulares colores acompañábamos na subida e os kms iban pasando lentamente…
Cando a maioría das familias estaban xa reunidas nos comedores das súas casas dispostas a comer o xantar, os 6 penitentes do btt chegaban a Silla da Raiña, eso si, cun sorriso nos beizos, non solo polas impresionantes vistas que se ven dende alí, senon tamén porque sabíamos que o peor xa pasara… Estivemos un bo cacho absorvendo as impresionantes vistas que nos entraban polas retinas e inmortalizando o momento, por suposto, cos nosos móviles.
Agora si, unha gran baixada para disfrutar ata a estación de Prado. Enseguida se desfixo o grupo porque a hora de baixar, non todos temos o mesmo temple e cada un baixa como pode. No final da baixada volvemos a xuntarnos e agora solo quedaba unha pequena subida por carretera ata chegar a Alberguería. Un tramo duns poucos kms bastante duros sobre todo polo acumulado que xa traiamos de atrás. Aquí foi onde o noso benjamín Adrian o pasou peor, xa que, despois de dalo todo na gran subida detrás de Michel, xa non lle quedaban folgos. Non pasa nada, o experimentado Vallejo botou man del e foi dandolle ánimos e algún que outro “chute” de adrenalina para que non desfallecese. Chapeau para Adrian que con tan solo 17 anos xa ven pegando fuerte e, de seguro, que dará que falar no mundo do btt nun futuro…
Ultimo avituallamento no Rincón do Peregrino en Alberguería e baixada ata Nocelo onde nos esperaba unha boa comidiña a base de proteína para recuperar músculo, eso si, xa eran as 4 da tarde cando nos puxemos a mesa deixando atrás algo mais de 90 km con mais de 2000mts de acumulado, con moito calor pero tamén con moito compañerismo, moito cachondeo e moito, moito espíritu de btt… Un día para enmarcar…
Alá vamos pois, cara Ponferrada, a 101 Peregrinos espéranos. Non seremos os máis rápidos pero de seguro que o disfrutaremos a tope, como debe de ser… Atentos a próxima crónica.




















martes, 4 de abril de 2017

II RUTA DOS LAZAROS 2017



II RUTA DOS LÁZAROS (VERIN)

Domingo, 02.04.2017
Os raios do sol xa entraban pola persiana cando sonou o despertador. Desta vez non foi necesario madrugar moito xa que a ruta que nos esperaba estaba cerquiña da casa e, ademáis decidiron dar a saída as 10 da mañan… Perfecto! Ceo despexado e a xeada aínda brillando nas herbas… maña fresquiña pero soleada, o día perfecto para o Btt.
Unha gran participación por parte do noso clube xa que 10 integrantes colleron camiño de Verín para realizar a II Ruta dos Lázaros. Unha mágoa que o noso presidente Pepe (Nocelojar) non puidese acompañarnos xa que estaba moi ilusionado de participar pero unha pequena lesión de última hora impediulle estar en Verín co resto do grupo. Polo que o grupo quedou así: Mingos, Michel, Raúl,Gabri, Adrián, Camilo, Jose, Dani, Roberto, un servidor (Javi) e un compañeiro de Jose (primeira vez con nos).
Alí estábamos de primeiriños collendo os dorsais na Praza García Barbón listos para salir, colocados en primeira fila para “salir na foto”… Pasados uns minutiños das 10 da maña tomamos a salida detrás do coche da organización polas calles de Verín pasando, como non, polo barrio de San Lázaro e empezando xa a subida con dirección ó Castelo de Monterrey. A xente con moitas ganas de dar pedal xa comenzaron dando lume nada máis apartarse o coche da organización. Xa para empezar esperábanos unha boa subidiña para entrar en calor, asique, pouco a pouco fomos collendo cada un o seu sitio porque quedaban moitos kms. Os primeiros kms foron transcurrindo pola faixa do monte por pistas forestais en perfecto estado que invitaban a rodar e o mesmo tempo a disfrutar da paisaxe que nos ofrecía o Val de Laza, algo de trialera entre os pinos e baixamos ata Matamá e Retorta onde, ó cruzar o río nos esperaba a subida a Bola do Mundo, pouco máis dun kilòmetro onde poñer as pulsacións a tope xa que aquelo era mais parecido a unha parede que a unha pista forestal… Nada máis comenzar a subida uns letreiros con frases de ánimo postas estratéxicamente pola organización, xa nos facían intuir o que nos esperaba… e, xusto na cúspide, alí nos estaba esperando o mellor amigo do ciclista: o avituallamento! Falta facía, xa empezaba a apretar o calor e despois da subida ainda mais.
Logo de coller folgos dispuxémonos a proseguir a ruta ca idea de que o peor xa estaba feito. Chegamos ó cruce da corta e larga pero, como non podía ser doutra maneira, collemos pola larga, iamos ben de tempo… Uns cantos kms de pisteo polo que eu acostumbro a chamar “falso llano” fixo que nos subirán as pulsacións de novo xa que aquello seguía tirando cara arriba, terreno éste moi propicio para as 29ER polas maiores calidades rodadoras.
Pasados uns kms comenzamos, por fin, a baixada ata Castrelo do Val onde nos esperaba outro avituallamento pero visto que xa quedaba pouco e o peor xa pasara xa nin paramos. Chegamos abaixo e xa solo quedaba algo de llaneo para pasar ó lado da Igrexa dos Remedios para logo chegar a altura do Hospital Provincial onde estreamos o recente Carril Bici pola carretera de Laza que nos levou ata a ansiada meta, cansos pero satisfeitos de participar. Decir que non chegamos todos xuntos xa que os “pros” (Michel, Raúl e Jose) xa levaban un bo anaco cando chegamos os demais.
Solo añadir cousas positivas sobre esta ruta que cada vez aumenta en participantes (este ano mais de 300), cousa lóxica por outro lado xa que é unha ruta moi ben estructurada que che vai ofrecendo un pouco de todo, pisteo, trialera, unha boa subida, unha boa baixada… e por suposto unha organización fora de toda dúbida.
As 17.00hrs da tarde puidemos asistir ó sorteo de infinidade de cousas e de moi boa calidade que puxeron o broche final a esta II Ruta dos Lázaros que de seguro repetiremos o ano que ben… Chapeau!
                                                                                                                        Cronica: Javi