martes, 9 de julio de 2019

BTT Montalegre 2019

Domingo, 7.07.2019

Ven o verán e , con él, as rutas de Btt… Desta vez tocaba no país veciño pero cerca das nosas fronteiras. O nosos amigos do Clube de Ciclismo de Montalegre celebraban o VIII Trofeu Btt Acacio da Silva. Unha proba de Btt incluída na Taça Regional de XCM da zona Norte polo que, os participantes podían escoller entre facer unha “carreira” ou unha “ruta”. No noso caso a competición non é o obxetivo principal da andar na bici polo que fomos como vamos a todas a rutas de Btt, a pasar o día e coñecer sitios distintos e disfrutar do noso deporte favorito.
Acostumbrados a madrugar para este eventos chegamos a boa hora a Montalegre, ainda estaban empezando a colocar todo, a saída era as 10.00, hora local, polo tanto unha hora mais tarde para nos os “españois”… Pois nada, a tomar café tranquilamente e preparar todo. O día non se preveía moi caluroso, mais ben nublado con grandes claros de vez en cando.
Notábase que era unha proba deportiva porque a xente viña provista de rodillos para quentar antes da carreira, todo moi profesional pero bueno, eso non iba con nos, asique mentres uns quentaban os Nocelos dabamos conta dos doces e zumos que nos tiña a organización para darnos a benvida. Como dixen antes, tiñamos tempo de sobra. A idea era facer a ruta larga porque con 62kms e 1200 mts de acumulado parecíanos, de entrada, bastante asequible, pero a medida que iba pasando a maña vimos que o sol salía cada vez con mais forza e, para facer a ruta larga igual se alargaba moito o tempo e tocaría sufrir polo mediodía… En fin, vamos mirando a ver…
Xa colocados na liña de saída, topámonos ali co noso amigo Andresiño de Clube 2 Rodas de Ourense, Nelson e a sua muller do Clube Os Mosqueteiros. Tamén ali estaban unha boa representación de BttVerin que viña noutro plan mais acorde co noso, xa tiñamos gañas de empezar, as once da maña cando o sol salía d detrás das nubes xa picaba… Puntuales saliron primeiro os profesionais a todo meter e o final do pelotón, un minuto despois salimos os demais. Pepe, Jose Manuel e Javi tomamos a salida.
Atravesamos o pobo e rápidamente collemos pista llaneando a bo ritmo pero pronto collemos a primeira petada, que case sería a mais importante do recorrido, bastante larga pero non moi pendiente o que fixo que a collésemos con bastante “alegría”, de vez en cando aparecía algún que outro repeito mais trincado pero por algunha razón que non acabei de entender, nas zonas de mais pendiente era cando salía o sol de detrás das nubes para quentarnos o lombo… Asi os primeiros 10 kms ata que culminamos nunha carretera que nos levaría prácticamente o primeiro avituallamento. Ali tivemos que elexir ruta corta ou larga, como xa dixen, o sol picaba bastante cando aparecía e como estábamos nas horas centrales do día, decidimos ir a corta mais relaxados para poder chegar a unha hora mais prudente. Así arrancamos por unha serie de camiños e, a pesar de ser zonas moi rodadoras ainda tivemos algun carroucho que outro para disfrutar, había bastante polvo tamén pero ainda asi, tivemos algunha zona de mollar os pes e incluso mais zonas de avituallento. Os nosos vecinos portugueses non lles gusta que a xente pase fame nas suas rutas… Os quilómetros pasaron rápido pero o calor mezclado co bo ritmo que levábamos fixo que nos cundira ben a pesar de ser solamente 42 kms… O final da ruta, baixando cara o pobo ainda nos tiñan preparada unha boa baixada tipo single track serpenteando entre carballos que nos deixou con un moi bo sabor de boca… A meta na zona recreativa o lado do río con un ambiente de auténtico campeonato, entrega de trofeos os participantes entre eles os nosos amigos dos Mosqueteiros, Nelson Cardoso e sua parella Sofía Sousa que se facía co primeiro posto en féminas Master 30 que a coloca no terceiro posto na Xeral a falta  dunha carreira que será no mes de Septembro, NORABOA!
Así nos fomos o multiusos de Montalegre a darnos unha boa ducha de auga quente e logo a comer… Esa si que foi, chegados a parte alta do multiusos ali nos esperaba un buffete libre digno de calquer hotel de 4 estrelas, con todo tipo de ensaladas, carnes, bacallau con natas e por suposto un bo surtido de postres, todo regado con augas, refrescos, cerveza e incluso viño e, por suposto, cunha atención de 10… impresionante! Coincidimos ali outra vez cos nosos amigos do BttVerin cos que compartimos menú e vivencias da ruta, mentres o noso compi Pepe Nocelojar enchía os platos unha e outra vez para ir entrando en materia para esta semana que se nos vai de vacacións…
Queremos dar as grazas a todos os componentes do Clube de Ciclismo de Montalegre por facernos sentir coma na casa e por levar a cabo eventos como este e, que sen dúbida, repetiremos!
Vémonos no monte!