lunes, 8 de noviembre de 2021

Ruta Comida Magosto BttNocelo

 

Domingo 7 de Novembro do2021

Menuda xeada ca que nos levantamos o domingo! Cero grados de temperatura e unha boa néboa foi o que vimos cando botamos o pé fora da cama. Pero non pasa nada, este dia non o ía estropear nada. A nosa xa tradicional ruta do Magosto estaba programada para este día e non se podía aplazar por unha xeadiña de nada…

Asique as 8.30 da maña fomos chegando os 20 bikers o Bar Parque de Trasmiras para ir tomando o cafeciño e entrar en calor. Xa facía tempo que non nos xuntabamos tantos ainda que algún ainda faltou. Cada ano o clube crece e xuntarnos todos o mesmo día é complicado pero non estuvo nada mal…

Ben abrigadiños e con moita ganas de festa (de pedalear algo menos…) arrancamos rumbo ó monte para pasar a maña disfrutando do btt da maneira que mais nos gusta. Nas mochilas non faltaba o licor, o pan e os chourizos, xa non había medo as baixas temperaturas…

En canto puidemos xa nos metemos nos carrouchos e solo foi cuestión de subir uns metros de acumulado para ir entrando en calor e empezar a ver o sol, a maña estábase pondo perfecta! Nesta ruta e na próxima do Nadal tamén aproveitamos para ir buscando os sitios mais espectaculares para a próxima Ruta do Cocido que, se o Covid nos deixa, terá lugar nas datas de todos os anos e no formato de sempre, todos xuntos chova ou neve e logo cocido e festa…

Todos xuntos, moitas fotos e moitas risas a medida que iba pasando a maña e os kms tamén pero mais amodo xa que, planificar unha ruta do Cocido, require moito “fora pista” para buscar os mellores carrouchos polo que levar a bici pola man tamen formaba parte da maña. E cansa moito polo que tuvemos que facer moitas paradas polo camiño para repoñer forzas a base de pan e chourizo e o licor que non podían ir de volta para casa.

Ainda así caeron uns 35 kms e centos de fotos que o noso presi nos quitou co seu novo Pao de Selfie, con mando a distancia incluido. Todo unha maravilla da tecnoloxía que non deixou a ninguén sin retratar… incluso foi quen de retratar o momento no que o noso amigo Nando se estrelou contra unha carballeira debido a alta velocidade alcanzada nun tramo Strava. Pese o susto inicial non houbo que lamentar danos maiores e todo quedou nun cachondeo…

A 13.00 horas do mediodía chegabamos ó punto de partida para tomar os callos e a cervexiña, ducharnos e logo reunirnos cas nosas familias na Parrillada para dar conta do churrrasco e das castañas asadas, que por suposto, non poden faltar nun Magosto. Sempre aproveitamos estas rutas para confraternizar os membros do club e as familias e pasar un bo día todos xuntos.

Ata altas horas da tarde durou a festa e con moi bo sabor de boca, facendo planes para a vindeira que será no Nadal e xa dando os últimos retoques a nosa querida Ruta do Cocido…

Atentos que pronto daremos noticias. Mentres tanto… Vémonos no monte