lunes, 3 de febrero de 2020

I Ruta da Avestruz 2020

I Ruta da Avestruz
Despois de tantos meses sen poder xuntarnos,por fin volveu a festa…O que todo empezou como unha broma do amigo Roberto ,convertiuse en todo un evento para o Noso Club,que visto o éxito q tivo seguro que perdurará no tempo, dar as gracias sobre todo a Roberto ,e Xavi, e que dicir do amigo Tino que era a primera comida que viña con nós, un crak … todos os astros se alinearon e a tarde estaba perfecta para a práctica da Btt.
As 16:30 quedamos no Bar Mundial para tomar café e por rumbo a Trasmiras que era de donde partía a ruta,xuntámonos  : Vallejo,Raúl Rivero,Paco Trasmiras,Xose,Joao, Diego,Beni,Tino,Xose,Julio,Carvallal,Marra, e Pepe,que pena da xente que non puido vir, uníronse para a cea Ángel,Nando,e Mingos,.A Ruta trascurriu polos sendeiros ben coñecidos dos Concellos de Sarreaus e Trasmiras,aínda que  estamos no verán a auga e o barro non podían faltar nunha ruta BTT,os últimos kms trascurriron pola Ruta do Cocido,que lembranzas….
20:45 Chegamos ao punto de partida despois dunha boa ducha pasamos por donde o Bar Parque,para tomar unhas cervexiñas ben frías que ben as merecemos,.e contar as anedoctas da Xuntanza.As tripas xa empezan a ruxir,era hora de coller camiño para o César de Viladerrey onde nos esperaba unha boa cena , non puido faltar a pandeireta do Carvallal e as súas cantigas…  que ledicia, estar rodeado entre bos amigos onde o único importante e pásalo ben e disfrutar dunha velada agradable,os máis festeiros aínda pararon en Xinzo para tomar a derradeira,iso si co propósito de para o ano  que ven repetila.