lunes, 21 de noviembre de 2022

XII RUTA DO COCIDO 2023

  

Clik no seguinte  enlace  para inscribirte

Inscripcions Ruta do Cocido 20233


A  primeira btt do ano en Galicia xa ten data sera 

15/01/2023  ,volvemos o tradicional despòis da pandemia

recuperamos  as datas de sempre, . O primeiro  domingo despois das festas

de Nadal,. Chova, neve,  faga sol  etc etc quen dixo medo......

Os fies a nosa  Xuntanza xa sabedes que a festa esta asegurada, non faltara,

o "chocolate", Licor, bulleiro, cocido, e como broche final o noso showman particular

que nos ameniza a comida ca sua pandereta o gran Carballlal, e pòr suposto , cantaremos o 

"pobre de mi"

Dous trazados : CORTA /LARGA.

Mais lebadeiras que en anos anteriores

CORTA: 38KMS

Trascurrira por os concellos de Trasmiras, Cualedro, Sarreaus, acumulado 800 m

Dificuiltade tecnica fisica , baixa, Habera dous avituallamentos  nos kms 17 e 27 aproximandamente

LARGA:48 KMS

Trascurrira por os mesmos sendeiros ca ruta cota, separarase de esta no km 17 fara un bucle de 10 kms para enlazar de novo ca ruta corta.

Tera dous avituallamentos : km 17  e  40 aproximandamente nivel tecnica baixa e fisico media.

Como e costume a primeira hora teremos chcolate con bica, e o longo do percorrido avituallamentos

sorpresa, 

PARA COMER 110 Plazas restaurante Cesar / Viladerrey) 25  euros

SIN COMIDA: 140 Plazas . 10 euros.

Cada participante lebara un agasallo do club.

As incripcions abriranse  : 01/12/2022



miércoles, 2 de noviembre de 2022

Ruta do magosto 2022

 


RUTA MAGOSTOS 2022

 

Domingo, 30.10.2022

 

Hai unha serie de rutas anuales que facemos os Nocelos nas que non se pode faltar, entre elas a xa tradicional Ruta do Magosto.  Planificada xa cunhas cantas semanas de antelación para que todos poidamos facer un oco nas apretadas axendas para disfrutar do noso deporte favorito e, de paso, darlle un bo homenaxe ós bandullos para rematar a faena.

Fomos apuntándonos a contagotas uns días antes e aínda que, alguns faltaron, inda nos xuntamos 11 bikers no Bar Parque para tomar o cafeciño de rigor antes de sair. A semana anterior as chuvias apareceron de forma intensa e incluso o día antes a cousa non pintaba nada ben, pero a fecha estaba posta e non había volta atrás. Pero milagrosamente, este domingo amaneceu fresco pero soleado e sin posibilidades de choiva, algo impensable unhas horas antes, o karma desta vez estaba do noso lado…

As 9 da maña (pola hora nova), arrancamos polos sendeiros de Trasmiras con dirección a zona de Cualedro, por suposto, sin ánimo de ganar medallas nin moito menos, xa sabemos que tipos de rutas son estas… Sempre solemos aproveitar este tipo de rutas para ir argallando a Ruta do Cocido, que xa está en marcha e, se a burocracia non o impide, volveremos a recuperar as datas de sempre que serán en Xaneiro do vindeiro 2023.

Sin prisa pero sin pausa fomos adentrándonos nos montes da zona, investigando de paso, zonas que nos podrían interesar para a próxima cita do btt da provincia. Que no caso que o tempo siga así recomendaremos traer cestas nas bicis para ir recollendo cogumelos que este ano salen por dúcias na zona…

Primeira parada para foto e avituallento na capilla do Castelo para recuperar forzas, que eran muy dispares, entre alguns que levabamos tempo sin salir e outros que levaban o bandullo revolto por unhas pizzas da noite anterior,  por momentos case parecíamos a Santa Compaña pero eso sí, sin perder o bo humor e as ganas de pasalo ben.

Continuamos ata a zona de Penaverde para logo cruzar hacia Atás con dirección a Nocelo da Pena onde xa non nos atrevemos coa trialera famosa porque xa íbamos xustos de tempo e, sobre todo de forzas… Poucos kms pero moito acumulado para tratarse dunha rutiña suave. Pero sempre pasa así cando o que guía vai desbocado, menos mal que nesta ocasión eramos mais os que tirábamos para atrás.

Chegados ó pobo xa collemos dirección a Trasmiras para pouco a pouco ir acercándonos para tomar a cervexa a unha hora prudente, hoxe non era o día de facer KOM,  aínda que algún non lle importaría facelo…

Cerca das 13.00 chegamos ó punto de partida con 30kms feitos e cos mais que suficientes 750mts de acumulado nas pernas. Xa merecemos a cervexa antes de darnos unha ducha no pabellón que, amablemente, nos cedeu o concello de Trasmiras para quitarnos o barro e poñernos moi guapos para logo ir o bar Calahorra en Viladerrey onde nos esperaba o resto da familia para comer e confraternizar todos e disfrutar dunha boa paparota. Apareceron alguns bikers mais que non se atreverán a facer a ruta pero que non se acojonaron a hora ir comer, xa que neso estamos todos ben entrenados…

Comer, beber, conversar e moitas risadas para despedir un gran día, soleado, disfrutando do que mais nos gusta en boa compañía,  que mais se pode pedir??

A próxima cita, a Ruta de Navidad, estades invitados/as!!!