viernes, 23 de agosto de 2019

XIII Xuntanza BttNocelo 2019

rcores, 8 de Agosto de 2019
Un ano máis, e xa van 13, un grupo de amigos reúnense na cuna do BttNocelo (Nocelo da Pena), para salir a dar unha volta en bici nas vésperas das festas patronais. Así, mais ou menos empezou a cousa e acabouse convertindo na tradicional Xuntanza BttNocelo, unha quedada moi intima, con non mais de 20 persoas, amigos do club, que se reúnen unha vez ó ano para pasar o día cas bicis. Trátase dunha xuntanza moi humilde e sen apenas organización, non esta sinalada, nin case planeada. O presi do clube Pepe Nocelojar encárgase do percurso, de organizar a comida e pouco máis… como sempre coincide entre semana tamén é lóxico que a xente non sexa moita.
Pois as 9 da maña xuntámonos no bar do pobo, cerca de 20 amantes do btt para salir rumbo ó monte, entre eles o noso Presidente Honorífico cariñosamente apodado Tio Valerio, que foi un dos artífices desta xuntanza e que, a pesar de vivir na cidade condal nunca falla a esta cita, por suposto amigos vascos que nos visitan avitualmente nestas fechas e logo, os de sempre, amigos do clube…
 As previsións desta vez non eran moi boas, as posibilidades de choiva eran moitas pero a temperatura era agradable. A esa hora todo despexado pero mirando cara o monte xa se vía a néboa, pero chegados a este punto, despois das fotos pertinentes, arrancamos. Por suposto, todos xuntos charlando e botando unha boas risas, subimos parte do monte de Nocelo e logo desviamonos para a zona de Trasmiras por parte da Ruta do Cocido 2019 que nos levaría pola preciosa zona de Seixas e cara o Castelo onde paramos no alto da capela a contemplar a paisaxe, non foi posible, estaba todo cheo de néboa e orballaba pero case se agradecía porque facía boa temperatura e subindo refrescaba as calores… Baixamos ata Viladerrey e collemos monte arriba para pasar por Atás con dirección Baldriz, seguía orballando pero os ánimos seguían sendo os mesmos. Chegados a Baldriz aproveitamos para coller auga e sacar unhas fotos e continuamos dirección Carraxo, agora xa chovía de verdade… a subida a Carraxo pola vía Romana fíxonos sudar ainda chovendo, as pedras estaban esbaradizas e costaba manterse na bici pero a preciosidade do entorno facíanos disfrutar igualmente. Chegamos ben cansados ó pobo onde o noso querido amigo e Youtuber Mikel FuerteyFlojo nos abría as portas da súa casa para darnos un bo avituallamento a base de cervexa, Coca Cola, fruta, galletas, en fin… todo o que un biker necesita. Dende alí demos unha chamada o bar de Nocelo para que nos fose preparando as viandas porque nun par de horas ali estaríamos cheos de fame… Por sorte, mentres estábamos no avituallamento parou de chover  e puxemos rumbo a casa. Inda nos quedaban unhas boas subidas pero con bo humor e todos xuntos fomos dando conta do acumulado case sen enterarnos. Chegamos ó Carreiro Ladrón e baixamos a Nocelo pola xa famosa Trialera, que a maioría xa coñecedes porque é habitual na Ruta do Cocido. Uns minutiños para sacar a roupa mollada e, cervexas en man, puxémonos a comer no Bar Límico que nos tiña preparado un bo recuperador para terminar a xornada como nos gusta, en boa compañía, rindo, falando e, ca barriguiña chea…
Así amigos, un ano máis, terminou a nosa querida Xuntanza, nada máis que eso, unha xuntanza entre amigos onde o que menos importa é chegar primeiro, sinon disfrutar da amizade e do noso deporte favorito…
Vémonos o ano que ven, pero atentos que o aforo é limitado…