viernes, 30 de noviembre de 2018

VIII RUTA DO COCIDO 2019


FOTOS VIII RUTA DO COCIDO 2019

CLIK FOTOS COMIDA SORTEO VIII RUA DO COCIDO 




 FOTOS VARIAS VIII RUTA DO COCIDO 2019







CLIK FOTOS TRIALERA VIII RUTA DO COCIDO 2019








FOTOS KM 10 VIII RUTA DO COCIODO 2019







FOTOS SAIDA VIII RUTA DO COCIDO 2019 

FOTOS KM 5 VIII RUTA DO COCIDO 2019 

FOTOS KM 8 VIII RUTA DO COCIDO 2019 

                               VIDEOS 

SAIDA VIII RUTA DO COCIDO 2019 


VIDEO VIII RUTA DO COCIDO XENTILEZA DA RODA DO DEMO


FESTA COMIDA VIII RUTA DO COCIDO 

FESTA CANCION RUTA DO COCIDO VIII RUTA DO COCIDO 

O DIA DESPOIS DA VIII RUTA DO COCIDO 209

Ante todo agradecer a todos ises Bikers que nos acompañastes no dia de onte, na ruta ou xuntanza como lle queirades chamar do cocido Concello de Trasmiras …Sabemos que moitos de vos tivestes que facer un gran esforzó, xa que Boiro , Pontevedra, Lugo , Lalin,Coruña, queda lonxe da nosa terra, e ainda asi desafiando as baixas temperaturas non faltaste a cita ca Ruta do Cocido, e como non a BttVerin,Running de Laza,Os Mosqueteiros, Nsb Celanova,AD Ovala 2, Montes do Deza, CC Duas Rodas,Btt Os Toupados, Btt As Frieiras, , MTB Monte Aloia de Tuy,Lethes,Atlestismo Fontes do Sar, Tropa do Carballo, Rodasendeiros,Correlumes,Os da Pirrola,Biciclistas,, CC Alambrique Lalin,Estevez Esport,, Os nosos veciños Portugueses de Faioes, e Montalegre, Barbantia Roda , Roda do Demo, e como non os nosos compañeiros de Rutas por a LIMIA , Os Raposas e BttLimia, mención especial para o gran Carballal .Gracias…Como todos sabedes, todo evento leba consigo un gran traballo por atrás.., empezando por o percorrido, que non sea moi duro ,nin tampouco un paseo, algo de técnico fai falla, ¿e donde por os avituallamentos?, …..trialeras si, ou non!!!!!!!!!!…..,e non vos dijo os permisos  e xestións administrativas que fan falta.Permisos de presidentes de montes por donde trascurre, tasas  a Xunta, ambulancia, medico, avisos a presidentes de cotos de caza, etc, etc, Uns meses  antes ai que coller o fouciño e sacho e empezar a limpiar sendeiros.Faltan uns días ,o marcaxe ,de unha Ruta e unha cousa moi importante ainda que a maioria da xente xa ten GPS , pero ái que pensar nos que ainda non o ten…ainda asi sempre se perde algún.Outra cousa que non e nada agradable e, pedir colaboración as casas comerciales, nos temos sorte que ano tras ano esas empresas que  comenzaron dense os inicios ca  Ruta do cocido non nos fallan,  nos intentamos agradecerlle  cos poucos medios que temos ise esforzó  que fan.
Estoume referindo a Tenda de Deportes Centro S port en Xinzo, Bar Espolon en Xinzo, Gadis, Eroski, Bicicletas, Chinquena en Verin e Bicis Julio en Xinzo, Tenda  de segundamao Ocasión e proyectados Loureiro, Construcions Rivero,Panaderia Carolo e Panaderia Viladerrey, Carniceria Monchito  en Trasmiras, Tallleres Montero , Jogui, Sport, Augas de Sousas, Peluqueria LUXURY en XInzo,Casa Cesar en Viladerrey, e como non o noso sitio de encontró en Trasmiras BAR VIDAL.
Agradecer tamen a presencia  da Garda Civil de Trafico de Verin,a Pepe da Cadena Ser por dar publicidad  a nosa Ruta, a o Concello de Trasmiras,  a Beni por a sua gran axuda ,a Jose Luis de BttVerin, a xente que nos acompañou nos Quads  Monchito, Pichiñas , e David , os vecinos do barrio do Picañó en Nocelo,  que  agasallarón os bikers con licor mazapans e bombons, a Trini que tivo que aguantarme istes últimos días, os meus  compañeiros, do equipo BTTNOCELO. Luis Rivero, Miguel Rivero.Raull Rivero, Vallejo, Mingos , Javi, Jose, Roberto, David, Manuel Montero e Paco que veu expresamente desde Madrid  para estar con nos, …espero que  pasarades un gran dia por o menos esa e o fin de esta Ruta
Quen escribe en nome do Equipo BTTNOCELO. Pepe (Nocelojar). Vemonos no monte.
 PD.Proximamente colgaremos no noso blog o enlace para todas as fotos.


- O Cartel


Últimamente en cada ediciòn  queremos homenaxear encabezando O cartel da Ruta a un personaxe que de algunha maneira ten algo que ver con este evento. Este ano a elección non foi difícil, dicir que Manuel Montero é o compoñente máis veterano do Clube,e ten moita culpa que ano tras ano esta ruta se siga facendo E o primeiro en estar para limpiar os camiños,para  labores de marcaxe  , así como a final da mesma deixar o monte como o atopamos ou incluso mellor. Que non vos extrañe o día da ruta os seus 72 anos velo por algún carroucho da Ruta.ca súa bici. Gracias por estar sempre aí Manuel.


VIDEO PROMOCIONAL


lunes, 12 de noviembre de 2018

Ruta Magosto 2018

Ruta Magosto 2018

Domingo 11 de Noviembre de 2018

Unha mañan caralluda…. para durmir porque non valía para outra cousa… en cambio, varios componentes do BttNocelo decidiron levar a cabo a tradicional ruta do Magosto, rutiña pola zona con xantar a base de churrasco despois para repoñer forzas. A ruta estaba xa planificada dende hai tempo polo que non podíamos botarnos atrás, polo que, facendo caso omiso de todalas prediccións meteorolóxicas que marcaban un 100% de choiva durante todo o día, ali nos plantamos as 8.30 da maña no Bar Vidal de Trasmiras para tomar cafeciño e arrancar… Ali nos fomos xuntando: Paco, Vallejo, Mingos, Pepe, Xosé, Gabriel, Jose Manuel,Miguel, Camilo e Javi e, aproveitando un momentiño que parou de chover, puxemos rumbo ó monte. Esta ruta iba servir tamen para marcar a Ruta Corta do Cocido 2019 que xa andamos argallando e da que pronto teredes noticias…
Cinco minutos despois de sair empezou a chover e xa non parou en todo o día! Por momentos chovía menos, outros chovía mais pero sempre chovía… ainda que algún non puxo o chuvasqueiro ata ven entrada a maña. O terreno estaba bastante pesado pero a temperatura era bastante boa ainda que a medida que iba pasando a maña nas baixadas xa empezaba a facer fresquiño, asique case que agradecíamos cando nos puñamos a subir. Ainda asi os novos camiños que descubrimos eran espectaculares e por momentos nos facían olvidar a que estaba caíndo. Algun tamen aproveitou para recoller algún que outro boletus. A ruta transcorreu sen incidencias, todos xuntos, sen presas pero sin pausas porque senon enfriaban as pernas, moitas risas a pesar de todo pero todos con ganas de chegar de volta porque aquello parecía o diluvio universal.
O final 40 kms en pouco mais de 3 horas e chegamos a meta. Menos mal que o pabellón de Trasmiras tiña as suas duchas a nosa disposición con auga quente que nos deixou coma novos. Logo xa nos fomos para a Parrillada Sport onde nos esperaban as parellas, que esta vez, sí estaban invitadas. Os camareiros empezaron a encher a mesa de proteína para recuperar os músculos  e de bebidas isotónicas e empezou a festa! Fora seguía chovendo pero os Nocelos xa staban ó acollido, agora si que non había fame, nin frio… Así ata ben entrada a tarde botando unhas risadas entre bocado e bocado e disfrutando coma sempre dun día de Btt entre amigos…
Atentos todos que se acerca a Ruta do Cocido, con percorrido totalmente novo que non defraudará…

Vémonos no monte…













lunes, 22 de octubre de 2018

I XUNTANZA BIKERS DA LIMIA




Domingo, 21 de octubre de 2018.
Día para enmarcar dentro da historia do btt na comarca da Limia. Empezou como unha charla nun bar entre dous bikers de distintos clubes que falaban de xuntarnos un día todos e ir de ruta e logo ir comer un churrasquiño… Por suposto a idea gustou dentro do noso clube e comezou o “boca a boca” e, un par de meses mais tarde, ali estábamos na Praza Maior de Xinzo, case 70 amigos para pasar un día de bici. BttNocelo, As Raposas da Limia, BttLimia, Os Tábanos da Limia, etc… e incluso Mari Carmen, J. L, Jesús é David do BttVerin que se desplazaron dende o Val de Monterrey para acompañarnos neste día así como os nosos amigos de Bicicletas Gil de Ourense…
Casi as 10 da mañan arrancamos polas calles de Xinzo con dirección ó monte, ningunha señalización, ningunha organización, sin cronometraxe, sin premio para o máis rápido… simplemente o placer de rodar en compañía de amigos e coñecidos, todos xuntos, charlando, quitando fotos, rindo, sin prisas, disfrutando da natureza… a quen non lle gusta eso??  Por salidas de este tipo e como a maioría de nos lle entrou o gusanillo da bici e que, desgraciadamente, se está perdendo por querer estar sempre “adiante”, competindo contra nos e contra os demais con ansia de mellorar e querer ir mais rápido pero por unha vez deixamos atrás todo esto e salimos en grupo solamente a andar en bici…
Logo de llanear un bo anaco polas pistas deixamos atrás a chaira Limia para subir hacia os montes de Nocelo e Escornabois, que xa todos coñecemos das rutas do Cocido, buscando sempre sendeiros e camiños antigos que é o que realmente nos gusta, incluso algún sitio para mollar os pés como non… Asi chegamos ó Carreiro Ladrón, sempre reagrupándonos nos cruces mais complicados para que ninguén se quedase atrás, baixamos logo ata a Aldea Rural de Couso Galan onde nos esperaba un bo avituallamento con plátanos, naranxas, sanwiches… por cortesía da casa,(motas gracias amigo Mario), por suposto todo ben regado ca bebida isotónica por autonomasia de todo biker… A Estrella Galicia ben fría… e, para os mais pros, incluso a 1906… Alí xa aproveitamos para conocernos mais ou menos todos e falar por aquí e por alí facendo piña, xa non eramos Nocelos nin Raposas nin nada… eramos todos Bikers da Limia!
Era momento de volver coller as bicis, foto de rigor na Aldea e baixando cara a Limia outra vez. Día precioso por certo que coincidiu ca apertura da caza na comarca aunque non tivemos ningunha incidencia nese aspecto… Volvemos o llano xa rodando un pouco mais rápido para logo ainda subir polo monte de Baronzás e facer as últimas trialeras e carrouchos antes de chegar a Xinzo con 50kms nas pernas, duchas no Pabellón de deportes para todo aquel que quixese e logo esperábanos un bo xantar a base de churrasco no Rancho Grande, todo amenizado polo biker mais cantante da Limia, o noso querido amigo Carballal. Unha boa enchenta, unha boas risas e canteríos foron o broche final a un auténtico día de Btt no que todos gañamos e todos chegamos primeiros e sobre todo, todos, todos disfrutamos…
Quen sabe se esto solo é o comezo dun clube único onde non hai colores, nin nomes, nin rápidos, nin lentos, onde todos teñen cabida, onde solo necesitas unha bici e ganas de pedalear…

lunes, 8 de octubre de 2018

VIII MARCHA DO CARBALLIÑO 2018

Domingo 7 de Octubre de 2018 

Toca o despertador as 7.00 da mañan. A maioría dos mortais dormen a esas horas, pero para os ciclistas xa empeza o día… Como anos anteriores os Nocelos non fallamos a unha das citas mais importantes do Btt na provincia: A ruta Btt do Carballiño que, da man do clube Os Mosqueteiros sempre nos deixa bo sabor de boca. Asique, Vallejo, Pepe, Mingos e Javi cargamos as bicis nos coches para acercarnos un ano mais o Templo de Veracruz, donde se fai a saída e a chegada do evento. Antes de partir, un cafeciño e reagrupamento cos nosos compañeiros das Raposas e algún que outro biker da Limia para irmos xuntos autovía fora 
Chegamos con tempo para recoller os dorsais e posicionarnos na liña de saída, a maña soleada pero fresca debido as baixada de temperaturas dos últimos días, non pasa nada, sabíamos que o do frío sería solo cuestión de pouco tempo…  
O verán ainda está moi recenté e todos sabemos que é unha época complicada para os bikers polo que non viñamos demasiado rodados para poder afrontar a ruta larga con garantías asique, decidimos por unanimidade facer a ruta corta e disfrutar como  se merece das terras do Carballiño. 
As 9.30 da maña deron o pistoletazo de saída e mais dun centenar de participantes puxemos rumbo ó monte. Callejeamos un pouco pola vila, por suposto polas calles cortadas ó trafico onde os bikers eramos os auténticos protagonistas desta mañan de domingo, primeiro repeito asfaltado, para que cada un se fose colocando no seu lugar ,e xa nos adentramos no primeiro sendeiro. Aquí si que houbo un primeiro embotellamento que se foi resolvendo sin incidencias no primeiro kilómetro. O percorrido sin excesivos cambios con respecto o ano pasado, cousa lóxica por que se algo está moi ben para qué o vas a cambiar. Sendeiros e mais sendeiros que facía que a constante subida dos primeiros kilómetros fosen mais levadeiras, en alguns sitios incluso o polvo aparecía por momentos xa que tamén xa levamos tempo sen choivas e era algo totalmente de esperar. Pero ainda así os nosos amigos Mosqueteiros non defraudaron e aindan nos buscaron algún regato de auga e un cruce dun río para que os mais atrevidos puidesemos mollalos pés, e algún incluso o … o importante é non mancarse e botar unhas risadas… 
Se ái algo que nos caracteriza os BttNocelo , e axudar a outros BikersPolo  km 20 dous participantes de “Teo”, tiberon que por  a terra, xa que se lles rompera a cadea. Ainda que o noso non e a mecanica, o amigo Javi  tiña un tronchacadeas e conseguimos   arranxala  , e asi poideron terminar a  ruta. 
Os avituallamentos na liña do que nos teñen acostumbrados, unha festa! Comida de todo tipo, geles, frutas, sanwiches, bebidas isotónicas… a organización en cruces de carreteras, señalizaciónsetc de 10… aínda así algún despistado se pasou en algún cruce pero sin maiores consecuencias. Antes de meta, outra vez tráfico cortado para que pasasen os ciclistas, e na liña de meta ambiente de festa continua con bocadillos de lomo e cerveza ata reventar, lavado de bicis e, por suposto, duchas con auga quente 
Un ano máis a ruta non defraudou, organización impresionante, despois de todo o fin de semana de evento, xa que o sábado celébrase o Trail. Un fin de semana completo, comprometidos co deporte, movendo tanta xente cun nivel de organización que non defraudou fan que estemos pensando xa  no ano que ben… 
Atentos a próxima…