domingo, 27 de noviembre de 2011

Paseo a Raiña Loba

Eran as 9 h. cando partimos, é ainda que o día amañecía con perspectivas moi boas, a maña era fria coma o demo, cortaba a pel; as veiras do camiño conservaban a xeada da noite; pronto empezou a quecer o sol e a roupa semellaba sobrar, estabamos chegando a Mosteiro onde nos sairon a saudar unhes xabaris que se preguntarian; a onde iban ises tolos aquelas horas.

lunes, 7 de noviembre de 2011

3º Tour da Castaña de Riós

Levantámonos cedo para quedar en Xinzo as 7.45 horas, xa amañecia e o día prometía; ainda que facía frío a esas horas, parecía que iba a ser un día soleado. Despois de preparar o material, partimos cara Riós; canda chegamos, atopámonos con outros colegas de aventuras aos que saudamos, e deseguida o primeiro contratempo, “Julian viña sin roupa de recambio”; como sempre alguén tiña que esquecer algo, pero a roupa… , afortunadamente o amigo Oterino ten solucións para todo e conseguiu un pantalón e una camiseta de Proteccion Civil que lle viñeron de maravilla.