sábado, 26 de abril de 2014

Titan Desert



Traballo feito con moito cariño para unhes tipos que un día, tiveron a loucura de participar na proba mais dura do mundo de Mountain Bike. 

Francisco Gil, Marcos Paredes, Juan Antonio Sainza,Jose Antonio Gonzalez,  Jose Antonio Pazos, Jose Manuel Oterino, Jose Manuel Blanco.

"por certo termináronna"


Titan Desert....................................................

O Equipo ourensano que está participando na Titan Desert 2014  xa se atopa en terras de Marrocos, na localidade de Midelt nas montañas do Atlas, dende onde partirá o domingo día 27 de abril esta dura proba que contará na edición 2014 con 425 partcipantes 7 diles ourensanos, dos cuales dous son da Terra da Limia, e compañeiros do noso grupo, Jose Manuel Oterino, e Jose manuel Blanco, estamos con todos eles , e desexamos que o fagan o mellor posible, ante todo que disfruten da experiencia de participar na proba de BTT mais dura do mundo.


A proba










  A chegada:
Parece que xa están intalados nas suas acolledoras haimas, e facendo falcatruadas coma sempre, esperemos que non se pasen moito, coido pola información que nos chega que o están pasando ben, facendo patria e dandose a coñecer, sorte e Luume.



O Percorrido
1ª Etapa
Extraordinaria etapa a realizada polos colegas da Titan Desert, era unha etapa de alta montaña con baixas temperaturas e os compañeiros deseguida se puxeron a rodar, demostrando do que eran capaces, decidiron sair en grupo, e asi rodaron toda a etapa facendo unha extraordinaria ruta e que iba mellorando a medida que iban superando os controles de paso. 
O Ñaca, expléndido, sabiamos da súa capacidade, pero hoxe demostrou a súa valia, asio a por todas e conqueriono, situandose entre a élite, felicidades por esta exhibición o posto 41 é todo unha posición de honra, Bravo colega.

A Clasificación xeral queda liderado por Julen Zubero  do Powerade ao ser sancionado Milton Ramos , e en Feminas por Claudia Galicia do grupo dos nosos heroes.
A clasificación dos nosos heroes foi a seguinte:










 2ª Etapa
Middelt- Gourrama
Empieza a etapa maratón , non está permitido ningúbn tipo de asistencias, Etapa montañosa, e larga 130 Km, chegaran o campamento situado a 1900 m, o desnivel acumulado e de 2421, 
vamos unha joya.

Extraordianaria, está sendo a participacion dos nosos compañeiros na proba, o rendimento do Ñaca e excepcional e hoxe destapou o tarro das esencias o Oterino cunha excepcional etapa deunos unha inmensa alegria, O Pelu O Sainza, O Jose Antonio, O Marcos siguen ganando posicións e están tendo unha gran participación, o que nos enche de satisfación, o mesmo que o Gil que nos deo un susto o retrasarse un pouco , con respeto os demais ; facendonos vivir un pequeno suspense pero entrou e en moi bo posto.





3ª Etapa


Gourrama- Boudnib
146 Km
Desnivel 1134 m.
A etapa mais larga, sin dificultades técnicas, pistas boas e desnivel favorable, moitos Kilometros e si hay vento pode axudar ou ser un inimigo.
Outra etpa apoteósica , pero dame que en xeral cada día se atopan mellor, esperamos que o calor do deserto non lles afecte, e sigan na linea que se están marcando.
O Ñaca dame que ainda ten marxen de mellora amplio, o Oterino e o Sainza cada vez están mellor, o trio Jose antonio, Marcos e Pelu estanno facendo increiblemente ben, e subeindo de posicións, por último o Gil parece que se está atopando moi ben e que cada vez está mais cerca dos outros. a seguir así, Soio quedan tres días pero van a ser moi emocionantes , Animo e adiante.






4ª Etapa

Boudnib_Erg Chebbi
119 Km. de crono
17.23 KM de enlace
471 metro de desnivel
Nesta etapa comezarase con un percorrido longo por carretera, e a través de pistas rápidas a unha zona de pedras bastante desértica, van pasar por unha ruta que lle chaman Citroen, e a partir del por pistas, oueds  (Lechos de rios que van secos no deserto) e chots(deserto de sal), para chegar finalmente as dunas donde finalizará a etapa.
Outra dura etapa, condicionada polas temperaturas, superiores a 40 grados, comenzou tremendamente rápida e foron formandose moitos grupos onde os nosos se foron colocando, e conseguiron un día máis chegar a meta, o Ñaca nunha situación inmellorable, o Oterino a altura que está mostrando, sin flaquear;
o demais fabulosos, e o Gil que cada día está mellor, ánimo e a segir que soio quedan duas.




5ª Etapa



Erg Chebbi- Merzouga
112.80 Km de rPecoorido
 Desnivel acumulado 444 m
Terreno pistas desérticas, travesía de dunas.
Esta e a gran etapa do deserto. O principio llano para terminar pedregoso e montañeiro, e importante a navegación, esta e a etapa reina do deserto, o final e rápido.
A etapa comenzaba caa encerrona das dunas de Erg Chebbi, que iban a poñer a proba os noso colegas e o resto da tropa, despois tiñan que facer un tramo de 207 km. sin señalización de ningn tipo, onde se iba a ver a capacidade de navegación, a partir de ahi, a etapa de hoe voltavase mais rápida pero ainda quedaban moitos km.
Os nosos fixeron unha etapa grandiosa coma o veñen facendo deica agora, O Ñaca sin sairse do seo guión estivo intratable, o Oterino sacouse un as da chistera e estivo grandioso, está tendo unha participación incomiable. o trio formado por Jose Antonio, Marcos e Pelu, rodaron andiveron xuntos, e terminaron esta encerrona con sobresaliente, e cabe destacar o gil que hoxe polas noticias que temos, estivo co Sainza que chegou a meta con ddificultades pero que non lle van a impedir convertirse xunto con outros seis en unhes Finisher da Titan ni día de mañá.
 Os seguidores e amantes deste fermoso deporte estamos orgullosos de contar con unhes colegas coma
vos, pois gracias a vos, somos algo mais grandes.




6ª Etapa (o éxito na punta dos dedos) 







Merzouga-Maadid
75.88Km
330 m. de desnivel acumulado
Pistas desérticas con dificultades de navegación.

Ainda que é a última etapa ten no medio complicacions ao pasar or unha zona con moitas   pistas na qué e preciso facer uso da navegación.
Terminou a 6ª etapa de Titan Desert, nela novamente as posicións mantieronse con respeto a outras etapas, ainda que especialmente o Oterino volveo a sair a por todas, con ganas de terminar, o grande, e conseguindoo. Pero, o que debe ser emocionante, e o que pasa por a cabeza dos sete cuando cruzaron a liña de meta, a Titan acabouse, pero a todos os que nos gusta iste deporte, quedanos a ledicia de coñecer que grandes son estes amigos, estivemos pendientes durante todalas xornadas seguindo os pasos polos controles, con algún susto que outro ao ver que algun non daba pasado, ou non o detectaba o punto de control, pero chegaron os sete. e os sete o fixeron a lo grande, Noraboa amigos, e gracias... a descansar e a disfrutar do merecido descanzo, xa sodes FINISHER da Titan. Noraboa






Clasificación final

A apoteosis
Sabíamos do grande que eran, coñecíamos a su entereza, a súa capacidade de sufrimento pero a realidade superou todo tipo de especulacións.

"Non soñes, vive", a partir de agora, esta frase quedará grabada en moitos de nos, para indicar que non hay nada que non se poda conquerir si no lo propomos.

Foi sorprendente, dende o primeiro minuto da proba estiveron dando o callo , as penurias que pasaron sabranno iles, algun día nolo contaran; pero entrega non lles faltou,  con regularidade milimétrica foron repetindo e mellorando as posicións,  os que os seguíamos mirando os controles de paso estábamos impacientes, e repetían; cuando algún se retrasaba, ou o control non funcionaba, aparecía o nerviosismo, ...falta o Gil, xa pasou, menos mal, ... parece que caeo o Ñaca non será, nada, ...o Sainza está tocado, haber si vai abandoarde eso ao outro lado o da albanza:...  Vaia etapa que se marcou o Ñaca. ..O Ote decidio tirar...como ven hoxe.o Pelu, ...estase portando o Gil.. 

O facebook, funcionaba como axencia de noticias, especulando; non sabíamos nada con certeza; pero ali estaba todo o mundo, intentando saber como iba a cousa; xornada tras xornada.

Por fin a última etapa,... mira que non aparece o Pelu,... nin o Jose Antonio, pois abandoar, non creo, porque aparecen na lista de saida; esperar, que nervios,... o Ote nesta etapa saio a rachar que tio, cada día mellor.Por fin aparecen  todos...agora xa está,... chegou o Ñaca, rematou o Ote , ...agora  entran Marcos, Jose Antonio, Sainzae Pelu...  o fin o Gil. O Facebook reventa; "Gigantes","grandes", "campeóns", a emoción desbordouse;foi o mellor remate a unha gran xesta, mensaxes de todalas veiras de Galicia. por que mereceo a pena,
 Moitas grazas , fixestesnos vibrar.












Btt Nocelo na Titan Desert:




O Equipo
Jose Manuel Oterino:(40 anos, empresario "Extintores  Oterino S. L.".) Membro de Btt Nocelo.

Por riba de todo, amigo dos seos amigos, unha persoa ó lado da cual e imposible aburrirse, pois el encargase de facer alugre clquer evento onde se atope presente. Pero tamén unha persoa din,amica chea de iniciativa, e un profundo enamorado de MTB.
Limian, amante da súa terra e das suas xentes, as cuales se sinten orgullosas  de estar  representadas por il.
Deportivamente temos que decir que nos últimos tempos deo un salto de calidade, que o puxo noutra escala, pensamos que e unha elección  moi acertada, pois ademais da súa valia como ciclista, daralle o grupo o ambiente necesario para olvidar, cada noite, as penurias das etapas diarias. 


Francisco Gil (Ourense,49 anos)  Ciclosport Gil.

Un gran coñecido dentro do mundo do MTB ourensano, do que é un apasionado, levando esa pasión a súa empresa; participando en moitas das iniciativas dentro do mundo da bicicleta, aportando sempre a súa colaboración.

Presidente e fundador do Clube Ciclista Dúas Rodas.

Habitual das marchas ciclistas do Noroeste peninsular.

Participou xunto con Marcos Paredes é Ricardo García na Madrid_Lisboa Non Stop 2013



Marcos Paredes (Madrid, 38 años) Socio-Director Técnico Ozona Consulting
•Articulista en prensa especializada en IT
•Habitual de grandes rutas cicloturistas con alforxas (Transpirenaica, Camiño de Santiago…) que transmite en vivo a través do Facebook e seu blog http://aventuracamino.blogspot.com
•Colaborador da marcha benéfica Pedales de Ilusión (www.pedalesdeilusion2013.org)
•Subcampeón ibérico de RAIDs de Aventura xunto con Ricardo García
•Participou xunto con Francisco Gil e Ricardo García na Madrid-Lisboa Non Stop 2013

Jose Manuel Blanco Blanco (Xinzo da Limia, 43 anos; Guardia Civil )Membro de Btt Nocelo.

Menudo, rodador incansable, dotado fisicamente para o ciclismo, gran persona é bo compañeiro.
Está en torno ós 12000 Km. anuales; amante das grandes rutas, entre as recientes, están os "101 Peregrinos", ou últimamente a "Via Nova entre  Astorga é Braga"; xunto co grupo BTT Nocelo, do que é un dos membros fundadores; participa na realización das rutas que o grupo organiza polas terras da Limia; "Ruta do Cocido" e "Ruta de Vilar de Santos", levará o pavillón da Limia moi alto.




Jose Antonio Pazos "Ñaca" (37 anos;  Souteliño, Terras de laza)

Membro de BTT Verin; na súa pequena patria, lidera unha formación Btt Laza.
Bo amigo, gran rodador e portento físico, amante da natureza e galego militante.

Ao longo da súa andaina no mundo do Btt ten acadado numerosos podiums, tanto en Portugal coma en Galicia , e cada ano suma nas súas pernas un numero moi alto de kilómetros , entre 12000 e 15000.
Tódolos anos organiza unha ruta na súa Terra Laza a que acoden numerosos amigos,e que se está a convertir nunha ruta de referencia pola terras que percorre. e polo cariño con que acolle aos participantes.


José Antonio González, (Ourense, 44 anos). PROM Empresario Sistemas Informáticos

Deportista dende sempre practicando varios deportes como Natación, Waterpolo, trekking, escalada e ciclismo en varias das súas modalidades estrada, enduro, DH; forma parte do grupo "O Garaxe" onde se xuntan un feixe de bttistas de tradición en Ourense.
Gran aventureiro sempre disposto para saír a rodar tanto para dar unha volta como para ir a un gran maratón.
Un dos seus grandes retos era ir a rodar polo deserto, polo que nos alegramos da súa participación nesta gran aventura, na cal sabemos que vai facer un gran papel, pois cando se pon unha meta preparaa a ciencia e a conciencia.




Juan Antonio Saínza (Cerdedelo, Terras de Laza, 37 anos) Guardia Civil

Depredador de Kilómetros e aventureiro insaciable
 Quebrantahuesos, 1000 do Soplao, Camiño de Santiago  polo dereito e polo revés, Transpirinaica e outras moitas, están nas muescas da súa bicicleta.
Calado pero matón, continuamente intentando novos retos, non podía decir que non a esta ocasión, que  lle cuadra como anel o dedo.
Podedes seguir as súas andainas no seu blog "http://sainzajump.blogspot.com.es/".
Forma parte do Club Ciclista Dúas Rodas, ainda que o podes ver rodando  en calquer outro sitio e con cualquer outro grupo, din que anda polos 12000 Km. o ano; definitivamente un bo tipo que nunca defrauda.

lunes, 21 de abril de 2014

Saida a Silla da Reina

Ainda non rompera o dia ,cando tocou o despertador, tocaba levantarse.Por diante esperabanos un gran dia de Montain Bike, disfrutando da Natureza , e dos vos compàñeiros de  fatigas...
Puntualidade Inglesa as 8:15 estabamos todos no punto de encontro, e sen choiva , que sorte!!!!
O primeiro contratempo chegou, o GPS non grabou a ruta, xa non habia volta atras ,  teriamonos que guiarnos por o instinto.Nada mais comenzar xa  chegou  a primeira petada, xa sobraba todo....
, pasamos por Albergueria e os perigrinos ainda debian estar durmindo que non se escoitaba nin pio....
Nun periquite chegamos a Prado , donde fixemos a primeira parada pa repor forzas, pois esperabanos unha dura e larga subida ata a  Silla da Reina..Cada un foi collendo o seu ritmo decir que nos acompañaron na subida dous preciosos corzos que bonitos que son.....oiase
Chegando a Silla da   Reina a neboa apareceu , tanto foi asi que os primeiros nin a viron, ou seria que ivan moi concentrados por chegar primeiros.  Chegamos a cume  e o grupo reagrupouse , en Cerdedelo decidimos facer a baixada ata Laza  por carretera, xa que algun tiñan que estar de volta pronto..A subida dende Souteliño ata Baldriz fixose dura xa que pesaban os kms que lebabamos nas pernas,pero metemos o plato de postre e foise subindo....
A13:30 chegamos o Bar do PEREZ   domde  tomamos una cervexas  ven frias , coa intencion de volver a repetir, .O final sairon 62 km cun acumulado dede 1766m













domingo, 6 de abril de 2014

4 Ruta do Hospital de Chaves

Un ano mais comparecemos nesta preciosa ruta os membros de BttNocelo, realmente bonito o percorrido deste ano, por zonas que non coñeciamos da comarca de Chaves, un precioso cañón polo que trascurre o rio Tamega , o tempo foi primavera´l, xa era hora... a participación  foi excelente, e a comida  moi suculenta, pasamolo ben en compañía dos amigos portugueses, unha aperta os organizadores. Ofrecmos a continuación unhas fotos é un video onde aparece perfectamente reflexado o ambiente da ruta.
 Deica a próxima aventura.

FOTOS











VIDEO DA RUTA