III RUTA DO CORGO, A REGUA 2024 BTTNOCELO
Sábado, 8.06.2024
Chegou o gran día! Unha das rutas oficiales do clube xa
estaba aquí, a mais larga, a mais bonita, a mais esperada por todos… A Ruta do
Corgo que, como xa sabedes transcurre pola vía do tren con destino A Regua…
Salida dende Xinzo, con parada en Verín e continuación ata o país veciño donde
se topan os avituallamentos mais importantes…
Xa facía un ano dende a anterior edición e o número de
participantes chegou desta vez os 20. E que todo son boas palabras para
definila e cada vez mais xente quere vivir a experiencia… Aunque a dificultade
non é moita compre algo de forma física para facela en condicións, xa que son
160km dende Xinzo e 120 dende Verin con 1000mts e 600 mts de desnivel
respectivamente…
Pois as 7.00 da mañan en punto saída dende o bar Mundial de
Xinzo cas mochilas ben cargadas de provisións e de ánimos. O calor da semana
anterior deu paso a un fin de semana de amenaza de tormenta e o venres pola
noite xa lle deu duro. Non había que facerlle, xa estaba todo organizado e a
Ruta estaba en marcha. Pintaba bastante mal, as nubes ameazantes deixaban caer
unha orballeira que nos acompañou na saída pero sen mais… case se agradecía o
fresco, temperatura sobre os 18 grados, perfecta para o btt…
Decir tamén que un dos nosos socios mais Pro, decidiu a última
hora probar con esto do “Gravel” que tan de moda está e apareceu ca bici de
paseo da súa nai, moi gravel non parecía pero para transportar os víveres era
perfecta porque dispuña de cesta e de portabultos, en fin, a ver como chega o
final…
Primeira subida ata Baldriz para logo baixar ata Verín, a
metade do acumulado xa quedou atrás. En Verín incorporáronse ó grupo os que
faltaban e dirección fronteira pola Ecovía onde quitamos as primeiras fotos
todos xuntos… Xa no país veciño, empezaron a entrar as présas por chegar ó
primeiro avituallamento “natural” a base de cereixas da Freguesía de Chaves
(localizadas xa de anos anteriores). Pero había suficiente para todos,
fresquiñas polo rocío estaban boísimas. E así continuamos ata atravesar por
Chaves ó longo do río para coller a entrada da Ruta do Corgo que xa non
deixariamos ata chegar a Cais da Regua… Outra paradiña na “frutería” para
repoñer forzas e sen prisa pero sin pausa fomos indo, o ceo seguía ameazante
pero a temperatura era perfecta e non chovía, de momento… Pouco a pouco pasamos
Vidago e encaramos a subida o Apeadeiro de Loivos, ainda que cun desnivel
máximo dun 5 por cento vai bordeando o monte e fomos entrando en calor xa que o
ritmo que levabamos era bastante rápido. Chegados a este punto non quedaba mais
que disfrutar das vistas, tomar uns geles e continuar ata Pedras Salgadas,
había que almorzar! Chegamos nun plis plás ó noso bar de referencia e alí
abrimos as mochilas e puxémonos a almorzar coma a xente, nas rutas largas non
pode faltar a comida nin a bebida. Chourizo, salchichón, xamón e pan e por
suposto, cervexa e panachés, eso sí, con tranquilidad, chegaba o tempo. A todo
esto o amigo Samuel ca sua Moma de paseo xa empezaba a dar que falar, traía un
ritmo endiablado e xa estábamos todos mais que sorprendidos do rendimento da
gravel improvisada…
O ceo seguía ameazante pero nós ó noso, puxemos ritmo a
seguinte parada; Vilapouca de Aguiar, no seguinte avituallamento, había que
hidratarse claro. Alguns decidiron neste momento quedarse atrás para, facer
festa por sua conta, e o grupo dividiuse. Non pasa nada, en Vilapouca xa nos
xuntamos… Os primeiros chegaron xustiños
o bar antes de caer o gran chaparrón que pillou os demais atrás. Cando chegaron
viñan coma pingos, anque eles insistían en que viñan sudando… pois vale. Aquí
xa tuvemos que relaxarnos porque estaban caíndo chuzos de punta! A temperatura
tamén baixou de repente e case que facía frío, empezaban a rondar ideas de
abandono… Nun alarde de valentía decidimos continuar, estábamos estreando
chubasqueiros novos que eran Full Waterproff, que nos podía pasar?? Un par de
kms mais adiante non houbo mais remedio que parar no seguinte bar, agora sí que
chovía, algún incluso tuvo que nadar para cruzar polo paso de peóns!
Cando parecía que quería escampar, arrancamos, facía frío e
estábamos mollados asique os seguintes kms fomos en pelotón para cortarnos o
aire e non pasar tanto frío. Pouco a pouco deixou de chover e chegamos a
Vilareal, xa non quedaba nada, empezábamos a baixar e a temperatura empezaba a
subir, xa collemos temperatura outra vez, perfecto! Ultimo avituallamento e os
últimos kms para chegar a meta, hidratación, fotos e lume. Nos últimos kms
picaba cara abaixo e a xente entroulles a présa outra vez, supoño que non
querían coller frío e foi case unha contrareloj, lume e mais lume para
desentumecer os músculos, case non deu tempo de disfrutar das espectaculares
vistas dos viñedos e das pontes impresionantes que por alí hai… O fondo xa se
vía a liña de meta e eso da moito ánimo. Entramos en Cais da Regua, cansados,
contentos e secos! Anque parecía difícil, incrible ruta un ano mais! Xa solo
quedaba foto de familia na ponte e asearnos no río ó estilo indio para ir a
cear. Algun inda se deu un bo chapuzón, traía moita gana de mollarse… Mención
especial para Samu que terminou a ruta na “gravel” improvisada sen ningún
percance e dando lume do bo, en fin, a bici non o é todo, fan falta mais
cousas…
Cena no Restaurante Moleiro a base de churrasco e bacallau e
xa non quedaba máis que charlar e contar as anécdotas do día, un día para rir,
un día para disfrutar, un día para volver a repetir, para eso estamos aquí
non??
As 11.00 da noite xa tiñamos o transporte esperando, solo
quedaba desmontar as bicis e intentar mételas no bus da mellor maneira posible.
Dar as gracias a Carlos de Autocares Calahorra polo servicio prestado e, sobre
todo pola paciencia a hora de transportarnos a nos e as bicis. Na viaxe de
volta as forzas xa flaqueaban pero gracias o amigo Nando, non nos quedamos
durmidos, había que acompañar o conductor e facerlle o camiño mais ameno. Os
Nocelos sempre pensando nos demais…
Ata aquí amigos, remata outra ruta das que nos gustan, das
que fan afición, das que unen mais ainda se cabe a un grupo de loucos pola bici
que un día fomos tropezando uns con outros ata formar esta gran familia… Larga
vida BttNocelo!!!
Vémonos no monte…