RUTA MAGOSTO BTTNOCELO 2024
Domingo, 10 de Novembro de 2024
Xa había ganas dunha rutiña “oficial” do clube, unha ruta
desas que non se pode perder onde, primeiro se anda na bici e logo, se vai a
papar… Desta vez era xa a clásica Ruta do Magosto. Unha ruta onde aproveitamos
para testear novos camiños e sendeiros para a Ruta do Cocido que xa está en
marcha.
As 8.30 da maña quedamos na sede do clube Bar Parque en Trasmiras para tomar café e
logo poñer rumbo ó monte. O día amenceu con neboa e caianunha gotas pero ainda
así 15 bikersalí nos plantamos para rutear e disfrutar do noso vicio favorito.
As previsións decían que sobre as 10 da maña pararía de orballar, asique alá
fomos…
Os primeiros metros polas calles de Trasmiras dirección
Seixas entre as carballeiras que tanto nos gustan. Ainda que non facía frío decidimos meternos de cabeza
nun cortafogos deses que fan sair o corazón pola boca, para entrar en materia. As
risas que levabamos fóronse convertindo en caras encarnadas e cheas de sudor, así
nada mais empezar, que se llevai facer… Chegados ó alto mentres colliamos folgos
cada uncomo podía, decidimos por unanimidade que ese cortafogos non estaría
presente nanosa lexendaria Ruta do Cocido, menos mal…
Continuamos dirección ó Castelo e logo hacia Penaverde para
logo cruzar hacia o pobo de Atás. O tempo iba pasando pero seguía orvallando e
os camiños xa se puñan pesados, tocaba resignarse e seguir. Fomos chegando a zona
de Trialeras ou Single Tracks que, os mais veteranos ,xa coñecedes ben. Estan
todas en perfecto estado e perfectas para disfrutar pero ainda así pode que
aumentemos algún tramo mais porque sabemos que eso “mola”.
Así pasaron os kms a ritmo de orballo e de barro pero sen
perder o sorriso, todos xuntos en pelotón. Inda houbo que solventar algún
pinchazo e tamén houbo quen fixo algún invertido pero sen maiores consecuencias.
O final tuvemos que acortar un pouco porque estábamos
bastante mollados e o tempo corría e tiñamos gañas de chegar porque logo había
que celebrar o Magosto, por suposto. Asique os últimos Single Trackspola zona
de Rabal e rápidiño para Trasmiras para ducharse no Pabellón, tomar a cerveciña
e poñer rumbo a Parrillada Sport de Trasmiras, o paraíso do Churrasco ben feito
famoso xa dende fai anos por toda a comarca. Estaba a reventar pero a mesa dos
Nocelos estaba reservada para os ciclistas. Ali unironse algún que outro mais
para comer porque pola mañan decidiran que
non querían mollarse pedaleando…
Por suposto primeiros platos variados, e churrasco a fartar e
chupitos e castañas, todo amenizado polo gran Carballal que, aparte
da pandeireta, agoraxa se atreve coa gaita! Asique seguro que para a Ruta do
Cocido xa terá novos temas preparados.
En fin, rapaces,outro día para enmarcar, bicicleta, amigos e
churrasco nun borralleiro domingo de Novembro,
que mais se pode pedir??
A Ruta do Cocido 2025 xa está en marcha!!!!
Vémonos no monte…