lunes, 19 de enero de 2026

Cronica XV Ruta do Cocido 2026

 XV Ruta do Cocido 2026

Domingo, 18 de Xaneiro de 2026

Crónica dun GRAN día:

6.30 da maña, toca o despertador dos Nocelos, alguns xa levaban despertos un anaco… era o Gran día… Todo o traballo feito nos últimos meses chegaba o seu fin e hoxe era o examen final, os nervios estaban a flor de piel, notábase nas caras mais que o sono. Vamos!!

As 7.30 todos as portas do pabellón de Trasmiras para preparar todo para que os bikers poidan recoller os dorsais e, de paso, tomar un chocolate quente que ben o merecen! A maña estaba fría e encapotada, anque as previsions non daban choiva, non tiña boa pinta. As incripcións xa estaban pechadas facia uns días atrás por chegar o tope de 200 participantes, pero a choiva caída nos últimos días sumadas ó frío podían facer que moitos bikers se botaran atrás e iso ainda nos puña mais nerviosos…

No momento que o amigo Rivero se puxo a remexer no chocolate, o cheiro invadiu o pabellón e, por arte de maxia empezaron a aparecer os bikers mais madrugadores, entre eles unha parexa de León, nin mais nin menos, incrible! Xa empezaba a salir o día, polo altavoz xa sonaba o Rock and Roll, xa estábamos metidos en faena!

Pouco a pouco foron chegando mais e mais bikers, sobre as 9.15 os mais rezagados pero chegada a hora sinalada para a saída 9.30 da maña, solamente 8 bikers dos 200 apuntados fallaron a cita, realmente incrible para o día que estaba. As caras dos Nocelos xa lucían con sorrisos de orella a orella, volvémolo a facer rapaces! Briefing de rigor por parte do amigo Nando e unhas palabras de agradecemento por parte do señor Alcalde deron a saída a 15 edición da Ruta do Cocido.

Primeiro tramo neutralizado polas calles de Trasmiras ata meternos nas primeiras canellas con dirección Seixas e Santo André onde os bikers tuveron xa as primeiras tomas de contacto co barro e con algún que outro repecho. Primeira parte da ruta esixente mais que nada polo terreo que estaba bastante mais pesado do normal pero eso xa o saben os que nos visitan habitualmente.

Primeiro avituallamento na zona de Atás onde se separaba a Ruta corta da Ruta Larga con un bucle duns 12km de pisteo básicamente para logo adentrarnos nos 14km que tiñamos este ano de Single Tracks entre os pinos para disfrutar do auténtico btt. Pero amigos nun deses carrouchos escondidos na néboa esperaba unha sorpresa, o segundo avituallamento a base de churrasco de panceta e chourizo e amenizado polo noso gaiteiro mais ilustre, o Gran Carballal, eso si, antes había que pasar unha zona moi perigosa onde uns paiasos diabólicos sacaban as motoserras a pasear. A pesar do susto non houbo que lamentar amputacións nin lesions graves, os bikers pasaban rápido e non se deixaban coller, menos mal… (neste caso a organización non se fai cargo desta invasión terrorista sufrida no evento).

Pois menos mal que se acabou a panceta senón algún xa nin se acordaba da bicicleta e inda quedaba tela que cortar, vaia se quedaba… Mentres tanto o tempo seguía tranquilo, frío xa non facía (supoño que polo acumulado ou por o licor) e non tiña pinta de chover, incluso por momentos saía o sol…

Logo da enchenta había que baixar as trialeras ata Nocelo que este ano estaban espectaculares e limpas con todo o mimo para que todo o mundo puidese facelas con garantías. Contamos coa colaboración de personal do Concello de Trasmiras, Protección Civil do concello de Sarreaus en tamen do GES de Laza que velaron pola seguridade dos bikers en todos os cruces de carretera e durante todo o percurso da ruta. Tamen contamos con dous quads, un todoterreno e os amigos Sergio e Samuel como Escobas que se encargaron de que ninguén se quedase atrás por algún tipo de problema físico ou mecánico.

Sobre as 11.30 horas foron chegando os mais apurados a meta, os demais repartidos según o seu estado físico pero tampouco había prisa, ata as 15.00 horas non había cocido asique mentres a disfrutar…

Pouco a pouco foron chegando todos, aparte dalgun que outro incidente mecánico, non houbo ningún percance grave. O chegar había o lavado de bicis e duchas e, por suposto, ainda quedaba bica e chocolate, gústanos mimar ós nosos amigos, non o podemos evitar…

Máquinas limpas e corpos limpos, preparados para xantar! Ala fomos o restaurante Cesar de Viladerrey, cuna do Cocido e alí comezou a segunda parte da ruta, a festa …

O incombustible Carballal coa inseparable pandeireta amenizando a comida con cánticos que xa todos coñecen, sorteo de regalos e trofeos, puxeron o broche final a este largo pero exitoso día de btt

Nin mais nin menos que 15 anos organizando a Ruta do Cocido, algo que empezou coma unha ruta entre amigos e xa se converteu nun referente na provincia, gracias por suposto a vos, amigos do BttNocelo que a pesar do mal tempo, do frio, do barro, ano a ano non faltades a cita e facedes esto GRANDE cada vez mais. Traballamos duro, uns mais que outros, facemos frente a burocracia, permisos, seguros, papeleos, marcaxe, limpeza de camiños, etc, etc , non estamos todos os que somos pero somos todos os que estamos, remamos todos a unha, eso sí , liderados por un Patrón, que, un día construiu este barco no que agora todos navegamos para chegar cada día mais lonxe…

                                                                                          GRAZAS A TOD@S, UN ANO MAIS, POR PARTICIPAR NESTA NOSA/VOSA RUTA DO COCIDO.

Vémonos no monte…