domingo, 7 de octubre de 2012

Polos Montes de Bande


Saida de tres esforzados roteiros o domingo 7 de octubre dende Ponte Linares.
A  idea era aventurarnos polas terras de Bande, pois nunca habíamos rodado pola zona, temos que decir que nos impresionou favorablemente o percorrido, hai varias alternativas, e vale a pena coñecela, vimos unha pequena lagoa , e hai outra que non atopamos pero que xa temos localizado para proximos percorridos, ademais dun foxo para o Lobo, tamén unhes Petroglifos, a vista sobre a presa das Conchas e espectacular, epasamos moi perto de Bande, a próxima vez tal vez baixemos ata vila, pois apenas aumenta o percorrido nunhes km.
Animovos a facela, merece  a pena.
fotos:

viernes, 21 de septiembre de 2012

Presunto 2012


O día 16 os Btt nocelo acudimos a chaves a ruta do Presunto e ainda que parecia que había moitas dubidas, pola dureza do percorrido e sobor de todo pola distancia a percorrer, fomos quen, "TODOS" de facer a "MEIA MARATONA" 63 km. de nada, e sin ningún abandono, o que dí moito da forma na que se atopa o grupo.
Unha felicitación a todos.
              
         fotos da Ruta do Presunto:                  
https://picasaweb.google.com/115416671672166871764/Presunto2012#

viernes, 31 de agosto de 2012

II subida o larouco



Por segunda edicion o dia 1 de setembro celebrouse a subida o Larouco, o Tempo acompañounos en todo momento o que fixo ca subida se disfrutase en todo o seu explendor, pola espectacularidade do percorrido, polas vistas das que disfrutamos, o sobre todo pola compañía dos amigos que participaron, 
Agradecer ao Concello de Cualedro a súa colaboración, e agardamos que o ano que ven se vaian sumando novos amigos a esta espectacular  subida.
Fotos subida:https://picasaweb.google.com/117488030804923464500/IISubidaDoLarouco