martes, 15 de mayo de 2018

4 PICOS (PONTEVEDRA) 2018


DESAFIO PONTEVEDRA 4 PICOS
12.05.2018
Fai pouco máis dun ano, cando varios componentes do BttNocelo fomos a Ponferrada a participar na mítica 101 Peregrinos. Acórdome que rematamos aquela faena moi cansados e co, Nunca Mais, grabado nas nosas cabeciñas… Pero aquelo durounos apenas unha semaniña, logo empezamos a buscar algunha experiencia parecida para poder facer o seguinte ano e, cando nos demos conta, xa estábamos apuntados a Pontevedra 4 Picos 2018. Sabiamos que iba a ser duro xa que 130kms polo monte e coronando 4 montes da zona non iba ser un paseo… Pasamos un inverno duro de entrenamento, cada un como puido, xa que o tempo non acompañou moito para poder sair a rodar. Algúns fóronse quedando polo camiño por diversas circunstancias e chegado o momento alí nos plantamos en Pontevedra: Pepe, Mingos, Vallejo e Javi e para ter representación en ambas categorías repartímonos Pepe e Javi para facer a 4 Picos e Mingos e Vallejo para facer a 2 Picos.
Chegamos o día antes a Pontevedra e chovía a cántaros e as previsións, según que móbiles, eran moi malas para o día da carreira… En fin, chegados a este punto, non podíamos botarnos atrás…Recollemos os dorsais e aproveitamos para facer algo de turismo pola zona vella da cidade, cenamos por alí un bo entrecot para levar os depósitos cheos para o día seguinte e fómonos cediño para cama. O tempo seguía revolto e de noite oíanse os chaparróns de cando en vez, tocaría mollarse…
 As 7 da maña tocou o despertador anque podía perfectamente tocar unha hora antes xa que xa todos estábamos mais que despertos, os nervios estaban a flor de pel, coma de costumbre. Primeira cousa mirar pola ventana, a cousa seguía bastante fea aínda que non chovía. Despois de debatir sobre a indumentaria mais apropiada para aquel día, fomos desayunar o bar, recollemos os bártulos e fomos hacia o Pazo da Cultura de Pontevedra onde era a salida. Impresionante o ambiente que alí se respiraba,  a saída sería dentro do Pazo, algo de agradecer xa que o día estaba fresco. A saída para a 4 Picos era as 8.30 da maña e a de 2 Picos sería media hora mais tarde. Colocados na grella de saída uns minutos antes para coller un bo sitio, vimos que o sol asomaba polas ventas do edificio, incrible parecía que o día se iba arranxar.
Con puntualidade inglesa, deu comezo a proba, mais de 1400 bikers espallados polas calles de Pontevedra. O primeiro kilometro e medio neutralizado e logo de terminarse o asfalto cada un ó seu… Non tivemos moito tempo de relajarnos xa que comezamos a subida  o primeiro pico Castrove. Brillaba o sol e comezamos a sudar pronto, había bastante aglomeración de bikers  pero sin chegar a facer tapón.  Debido a que todo o mundo estaba “fresco” o ritmo que se imprimiu na primeira subida foi considerable, o pulsómetro marcaba xa as pulsacions máximas xa nos primeiros kms, eso non podía ser bo, quedaba moito por diante… A verdade que enseguida chegamos á cima, apenas 14 kms e o primeiro pico conquistado, impresionantes a vistas dende ali arriba pero o aire era frío e non podíamos pararnos moito, unha boa baixada moi rápida pero sen perigo levounos o primeiro avituallamento. Impresionante a variedade de comida que podías encontrar: Bebidas isotónicas, auga, coca cola, sanwiches, naranxas, plátanos, sandía, donuts e incluso gominolas, menuda festa! Continuamos cos depósitos cheos llaneando e atravesando algún que outro pobo e xa, un pequeño percance, un biker que iba adiantándome tranquilamente foiselle a roda dianteira nunha rama e embolcou encima de min, era unha zona non moi rápida e non houbo consecuencias, unha risadiña e continuamos. Enseguida tocou ascender o segundo pico: Acibal, dende abaixo vianse unha antenas de telefonía que mesmo rozaban coas nubes… pois alí había que ir según decían. Empezamos a subir por pista relativamente boa ainda que as veces puñase moi moi para arriba. Menos mal que na metade da subida había outro avituallamento para repor as forzas, apenas uns minutos de descanso e continuamos e no km 42 coronamos o 2º pico. Logo tocaba baixar outra vez e disfrutar das fermosas vistas do impresionante Lago Castiñeiras e xa con dirección a Pontevedra, a ruta pasaba polo Pazo da Cultura onde nos deran a saída, os participantes da 2 Picos xa rematarían alí e os demais terían outro avituallamento e continuarían en busca dos picos que faltaban. Sorte para Mingos e Vallejo que xa poderían descansar, logo de 4 horas xa case se agradecía pero as sensacións a esas alturas eran bastante boas e nin sequera nos plantexamos retirarnos, había que terminar como fose. Levabamos case 60km e faltaban case 70 pero nós ó noso… Despois de llanear por unha fermosa senda a beira do rio fomos deixando atrás outra vez a cidade para empezar de novo a ascensión en busca de mais antenas concretamente o monte de A Fracha. Pasamos por uns pobos con unhas calles empinadas de cemento que quitaban o alento para logo seguir monte arriba, agora si, unhas cantas veces houbo que botar o pe o chan para non facer moitas valentías, había que reservar forzas porque ainda quedaba outro pico, e alguns decían  que era o peor! Na subida encontramos a un compañeiro dos Biciclistas  que nos acompañou un bo anaco ata chegarmos a metade da subida onde había outro avituallamento. O cansancio xa era moito, debido a que nas baixadas as pernas enfriaban e logo había que volver a subir, eu xa levaba un bo anaco con calambres, a cousa non pintaba ben. Pepe iba diante a uns 50-60 metros e, sin querer, iba tirando de min e, pouco a pouco cheguei o avituallamento. Pero o estómago xa estaba un pouco asqueado de comer sempre o mesmo e non apetecía comer nada daquilo anque algo habría que meterlle o corpo. Uns trozos d sandía, plátano, algo de chocolate… e vámonos que fai frio, non podíamos enfriar moito máis senon sería peor. Por fin coronamos no km 75, cansados pero contentos por que tiñamos unha baixada onde relaxar as pernas. Baixada bastante perigosa xa que tiña moita pedra solta e había que ir moi atentos.
Pero chegados o final da baixada, apenas uns metros de llaneo e outra vez para arriba, esta vez a antena víase demasiado lonxe… atravesamos varios pobos con pendientes impresionantes que case non se daban subido a pe, a forzas xa flaqueaban pero chegamos a metade da subida, outro avituallamento. A idea era parar aquí un bo cacho para descansar en condicions xa que eran moitas horas de pedaleo pero o aire era moi frio e non podíamos estar moito tempo parados asique continuamos. A pista era bastante boa, algo rota por momentos pero con unha inclinación constante pero non moi agresiva. Ibamos un grupo duns 15 ou 20 bikers mais ou menos o mesmo ritmo cousa que fixo a subida moito mais levadeira do que se esperaba, e case sen darnos conta coronamos o monte Xaxán no km 104. Agora si que as vistas merecían unhas fotos, impresionante o que dende alí se pode ver nun día claro como o que tiñamos. Todo o esforzo merecera a pena solo por divisar esa paisaxe. Dende alí apenas 20 kms de baixadas técnicas,  moitos sendeiros entre eucaliptos e algún que outro repecho de postre. Como eramos uns poucos, houbo un momento que nos deixamos levar por unha baixada e perdémonos, menos mal que o gps púxonos outra vez no rumbo os poucos kms. Pontevedra estaba os nosos pes, despois de facer uns sendeiros o longo do río e callejear polas calles da cidade entramos, por fin, no Pazo de Congresos, despois de 9 horas e 10 min e 125kms. Parecía incrible pero ali estábamos…Reto Conseguido!!
Recuperamos forzas a base de pasta e fruta e a disfrutar dunha ducha quentiña, cousa de agradecer despois de tantas horas de esforzó. Algo incrible cando se trata de tanta xente e ter ese nivel de atención tanto nos avituallamentos, na liña de meta, nos cruces de carretera, no percurso con quads e motos… simplemente xenial… Noraboa a toda a organización! Unha ruta que fará historia tanto nas nosas vidas como na de moitos amantes do Btt.
Un placer e vémonos na próxima.























lunes, 16 de abril de 2018

BttNocelo na revista Ourense Sport.

Mais da historia do noso Club   na edicion de Abril Maio da revista
"OURENSE SPORT", gracias por darnos a coñecer.


lunes, 11 de diciembre de 2017

VII RUTA DO COCIDO 2018




                                VII RUTA DO COCIDO 2018

                                                           
                                                       
VIDEO DA COMIDA, GRAN ACTUACION DE CARBALLAL, E DA SALIDA
                              
                                 FOTOS

FOTOS COMIDA VII RUTA DO COCIDO 

VII RUTA DO COCDO .FOTOS TOMO 5

VII RUTA DO COCIDO  FOTOS TOMO 4 

VII RUTA DO COCIDO 2018 FOTOS TOMO 3 

VII RUTA DO COCIDO - FOTOS TOMO 2




  

















O dia 14 de Xaneiro celebrarase a Tradicional Ruta do Cocido , Concello de TRASMIRAS,
Iste ano cun percorrido que non defraudara a naide.  Xa que tera  subidas de agarrarse  os machos, baixadas, , trialeras, carrouchos.....e  algunha sorpresa mais ....
Habera dous percorridos un corto de 47kms de dificultade  Media , cun acumulado de 1300metros.No km 25 estara o Avituallamento , para os que non chegen con folgos o final sobre o kms 40 habera un escape a meta.
A   Ruta Longa consta de 57 kms cun acumulado de 1650 metros ,e separase da curta no kms 25 , habera unha hora de corte ,
  O  precio con Comida 20 euros aforo limitado 130 plazas na Casa Cesar en  Viladerrey, MENU """COCIDO"""
 Sin comida 6 euros..
Antes da saida os nosos @ Cheffs , faran chocolate  e bica para todos os participantes.

Esta sera a VII edicion e amin persoalmente ,e o percorrido que mais me gusta, dijamos que fixemosun un caldo de todas as Rutas ata o de agora , e sacamos o mellor , ata ai podo leer.......


VIDEOS PROMOCION DA  VII RUTA DO COCIDO 2018




CASAS COLABORADORAS















REGULAMENTO VII MARCHA DO COCIDO 2018
  • 1.- O Club BTT Nocelo  Alta  Limia, organiza a   VII Marcha do
  • Cocido, que terá lugar o domingo día 14 de xaneiro do 2018, tendo dous
  • percorridos que serán de 47 Km. (dificultad media) e 57 Km. (dificultad
  • media-alta), sendo a mesma de carácter non competitivo, se ben de
  • velocidade libre.  O  primeiro tramo estará neutralizado dende
  • a saída ata que o indique o director da marcha.
  • 2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran
  • axeitadamente o proceso de inscripción e sexan maiores de idade e os
  • maiores de 15 anos ou que os cumpran o largo do presente ano e adxunten
  • autorización de pai, nai ou titor.
  • 3.- A inscripción farase efectiva a través da páxina web do Club (http://
  • http://bttnocelo.blogspot.com.es/)
  • A cota de inscripción será de:
  • Con comida: 20 €
  • Sin comida: 6 €

.       Dita cota dará dereito á participación na proba, e incluirá os
  • avituallamientos, , duchas e lavado de bicis para todos os participantes
         O prazo límite de inscripción será o mércores día 10 de xaneiro
                                                                                           
  • As 24:00h.
  • Non se admitirán inscripcións o mesmo día da proba que non se
  • solicitaran con anterioridade mediante contacto coa organización, antes do
  • peche da inscripción.
  • Só serán considerados participantes, aqueles que pagaran a cota de
  • inscripción e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal
  • será facilitado pola organización.
  • 4.- A concentración e recollida de dorsais terá lugar a partir das 8:00 do
  • día 14 de xaneiro do 2018 no Pavillón Municipal de Trasmiras farase de
  • xeito individual, presentando D.I. e xustificante bancario de ter pagada a
  • cota de inscripción. A saída  efectuaráse as 9:15 h., sendo as 12:30 h. a
  • hora prevista de chegada para os primeiros participantes.
  • 5.- O emprego do casco é obrigatorio e non levalo implica a retirada do
  • dorsal e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva
  • adecuada. Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuito
  • da proba e atender ás instruccións da Organización. O Club non se fai
  • responsable dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos
  • participantes, así como as débedas ou danos que por estes motivos puideran 
  • contraerse durante a proba.O dia da proba antes da salida habera chocolate con bica para todos os participantes
  • Habera unha hora de corte ,que pora a organización para  facer a Ruta Larga. 
  • Recordamoslle a todos os participantes que se trata dunha proba NON COMPETITIVA. A participación na proba estará baixo a responsabilidade  e propio risco dos participantes.
      -O participante no momento da inscripción manifesta encontrarse físicamente apto para a proba.
     -Todo participante deberá levar de forma obligatoria e visible: o dorsal.
     -Todos os participantes deberán observar escrupulosamente  as disposicións sobre a Seguridade Vial e o seu Regulamento, xa  que a proba transcurre por zonas abertas o tráfico.

    -A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidese ser víctima ou causa o participante, que deberá estar cuberto polo seguro propio ou o da proba.

    -O participante exime a organización de responsabilidade por pérdida ou deterioro de obxetos persoais por calquer circunstancia.