Resto do reportaje fotográfico ' CLIK"
martes, 1 de octubre de 2019
IV Marcha Cualedro 2019
Domingo 29.09.2019
Pois sí, hoxe corríamos en casa e notouse, Cualedro iba estar cheo de Verderons!,pero antes tiñamos que tomar café e que mellor que parar en Trasmiras onda a nosas amigas do Bar Parque para coñecer as suas novas instalacions. 15 compoñentes do clube nos xuntamos alí antes de ir ata Cualedro que chegamos nun periquete, tocou coller dorsales, e como non, xa nos fixemos notar, algún incluso se atreveu a botar un baile! e que polo visto éramos o Club mais numeroso. A ruta larga decidiron ir : Joao, Mingos, Ramón, José e Pepe, os demais a corta, mais que nada para ter representación en ambas categorías… As 9.30 en punto deron a saída, os que iban a ruta larga como lles quedaba moitas costas que subir saliron a lume de carozo, e os demais como se podía. Pronto empezaron as subidas e prácticamente foron constantes, solo de vez en cando algunha baixada pequena para facernos ilusions pero enseguida volvíamos a subir, así ata o pobo de Lamas onde nos esperaba o avituallamento con todo o necesario, menudo despliegue de medios en toda a ruta! Entre os membros de Protección Civil e voluntarios non quedou ningún cruce sin cobertura, incrible! Logo de unhas boas subidas chegou a baixada ata Rebordondo onde no fondo se separaba a Ruta Longa da Curta nun sitio ven coñecido por nos, xa que varias veces pasou por ahí a nosa Ruta do Cocido. Ali os da corta voltaban a subir ata arriba outra vez ata chegar a Curbaceiras atravesar o pobo en dirección a Penaverde e chegar asi, despois de 30kms e case 800 metros de acumulado, ó punto de partida. Os da ruta Larga continuaron dende Rebordondo con dirección a Baldriz cunha boa subida, decidiron ir os 5 Nocelos xuntos ,a subida nos primeros kms era tendida, uniuselles ò grupo dous grandes amigos do clube como son Oterino e Carlos, foron de parloteo ata Baldriz donde os esperaba o 2º avituallamiento, algún paisano do pobo quixo decirlles por donde transcurría a ruta, e todos cheos dixéronlle: - Se somos de Nocelo ,isto coñecemolo ben!!,a seguinte parada o Lago de Nocelo donde quitaron uns retratos para inmortalizar o momento, nun periquete chegaron a Sta María e, sin facer moito ruido, cruzaron o pobo para adentrarse no termino do Santo, para pronto entrar no noso gran coñecido Carreiro Ladron, algún ainda viña con forzas e quería facer a trialera do Cocido, que bonitos paraxes…,ei rapaces pero se xa estamos en Atas! o pobo botouse a rúas e non paraban de animar, falta facía xa que a subida ata Penaverde fixose moi dura. Os kms xa pesaban nas pernas, pero piano a piano cómo diría o noso Tío Valerio foron caindo os kms e, os 5 Nocelos entraron na meta xuntiños con 60kms e 1300mts de acumulado nas pernas. Alí os esperaban o resto do equipo, que non paraban de aplaudir, sería porque xa lebavan un par de cervexas… De tertulia cos demais Bikers da Ruta fomos contándonos as anécdotas da misma ,e sorpresa! por megafonía chamában os BttNocelo o pódium, xa que eramos a escuadra mais numerosa, posamos pos reporteiros gráficos, e outra cervexa, pero outro Nocelo subiu ó pódium tamén , o Junior J. Manuel quedou primero na súa categoría, parabens…Bueno era hora de despedirnos cunha ledicia entre os beizos xa que, unha vez máis os nosos queridos amigos do BttVerín, non defraudaron e nos regalaron unha gran mañan de btt… Bo traballo!!
Vémonos no monte…
Resto do reportaje fotográfico ' CLIK"
Resto do reportaje fotográfico ' CLIK"
lunes, 23 de septiembre de 2019
II Marcha portas de Galicia ( A Mezquita)
Domingo 22 de Septembro de 2019
Outro domingo que toca madrugar un pouco, desta vez para desplazarnos o sur da provincia de Ourense, concretamente o concello da Mezquita onde os nosos amigos de Clube de Btt As Frieiras nos tiñan preparada unha boa maña de btt. É o segundo ano que organizan e, o ano pasado non puidemos asistir pero éste fixemos todo o posible para poder facelo, xa que esta xente está empezando e poñendo moitas ganas en que a súa ruta vaia para adiante e os de BttNocelo sabemos o que eso significa e quixemos aportar o noso gran de area a este evento. A zona era totalmente desconocida para nós polo que a facía ainda mais interesante…
Tratábase dunhas fechas complicadas, entre a romería da Sainza, a época das patacas, vendimia, etc solo puidemos xuntarnos o Presi Pepe Nocelojar e un servidor Javi. As 8 da maña quedamos a tomar café no Bar Mundial e arrancamos para terras da Mezquita e apenas unha hora despois chegamos a destino. A maña estaba fresquiña pero o ceo estaba despexado asique prevíase unha boa maña. Na liña de saída tiñamos ali un autobús-discomóvil que amenizaba a maña mentres iban chegando os bikers. Moi bo ambiente.
As 9.30 en punto daban as saída e 47 bikers salimos a fume de carozo polas calles da Mezquita, sobre todo para salir ben na grabación dun dron que andaba a voar enriba das nosas cabezas… Pero nada, solo uns metros, logo cada un xa se puxo ó seu ritmo… Enseguida nos demos conta de que non era un paseo, os sube/baixa eran constantes e facíase bastante rompepernas, menos mal que íamos a corta. Eso si, a preciosidade dos sitios que pasábamos facíanos olvidar o dura que era… todo transcurría por sendeiros entre carballeiras e castiñeiros centenarios, todo perfectamente limpo e desbrozado. As choivas dos días anteriores facía que as bicis traccionaran moi ben e agradecíase sobre todo nas baixadas. Ata pasamos un río por unha ponte feita de palets! Realmente lle puxeron moitas ganas esta xente… Nunha baixada destas con algo de pedras tivemos o primeiro percance da ruta, un reventón na roda traseira de Pepe, menos mal que un biker que pasaba lle deixou unha cámara e en 10 minutos todo arreglado. No km 22, avituallamento con todo o necesario, auga, aquarius, plátanos, dulces, etc e continuar outra vez entre carrouchos e camiños antigos, trialeras entre pinos e incluso un par de Single Tracks nun pinar que a todo mundo lle facía sacar unha sonrisiña, o final a todos nos gusta o mesmo… empezamos a ver xa o pobo da Mezquita, un pouco cansados pero satisfeitos. Pero faltando uns 500 metros para o final, a miña bici empeza a facer un ruido raro e, outra avería que non me deixa pedalear. Como Pepe levaba toda a ruta esperando por min ainda se encontraba con forzas suficientes decidiu remolcarme, arranxamos un alambre que collemos por ali nunha finca e así pasamos a liña de meta, cansados pero moi satisfeitos do percurso que nos tiñan preparado os organizadores. Aproveitamos para tomar unhas cervexas e descansar a ritmo do discomóvil, logo unha ducha de auga quente no pabellón,lavar as bicis e logo unha boa comida na casa do pobo a base de empanada, ensaladilla e carne guisada, que mais se pode pedir??
Amigos, aquí temos unha ruta de verdade para ter en conta para vindeiros anos, Ruta Portas de Galicia, organización de dez, paisaxes de dez e recorrido de once! Noraboa o clube Btt As Frieiras que saben ben como organizar unha boa maña de btt. De seguro que voltaremos…
Vémonos o próximo finde na Marcha Btt Concello de Cualedro! Luuumeee!!!
domingo, 1 de septiembre de 2019
XI Marcha de Monterrey 2019
Bonita maña pasamos hoxe 7 compoñentes do club en terras de Monterrey ,na sua tradicional marcha BTT,ata ali fomos,Mingos,José Manuel,Nando,Diego,Joao,Pepe ,Ángel,o primeiro foi presentar o compañero Ángel ,a o equipo iste amigo de Oimbra e unha nova fichaje do equipo,decir que era a primera vez que participaba nunha marcha BTT,e non o fixo nada mal,.Con dez minutos de retraso tomamos a saida,rumbo o Castelo de Monterrey ,o chan estaba cheo de polvo e casi era imposible respirar ,o participantes ian a lume de carozo como se non oubera un mañan,os Nocelos cada un foise adaptando a sua condición física,e fomonos desperdigando o longo dos camiños,
Chegando o Castelo de Monterrey desmontamos das nosas monturas e quitamos unhas fotiños para o noso álbum,entre carballeiras e camiños o longo do Tamega fomos acercándonos o primeiro avituallamiento que estaba no pobo de Oimbra parada obliga. Despois de respostar un pouco de fruta,tocaba seguir,o camiño empinabase ata chegar o pobo de Medeiros,onde o mais duro da xaproba xa pasará ,solo quedaba unha peligrosa baixada ata Vilaza,.Pasarán duas horas dende o inicio cando cruzamos a meta.Ali a xente da organización tiñanos un grifo con cerveza e empanada a fartar,unha duchiña nas piscinas do Pobo, e pasar por o podio xa que o noso Junior José Manuel ,terminou na 2 posición na sua categoría,moitos Parabens,e así pasou a maña disfrutando da nosa pasión,vemonos no monte.

viernes, 23 de agosto de 2019
XIII Xuntanza BttNocelo 2019
rcores, 8 de Agosto de 2019
Un ano máis, e xa van 13, un grupo de amigos reúnense na cuna do BttNocelo (Nocelo da Pena), para salir a dar unha volta en bici nas vésperas das festas patronais. Así, mais ou menos empezou a cousa e acabouse convertindo na tradicional Xuntanza BttNocelo, unha quedada moi intima, con non mais de 20 persoas, amigos do club, que se reúnen unha vez ó ano para pasar o día cas bicis. Trátase dunha xuntanza moi humilde e sen apenas organización, non esta sinalada, nin case planeada. O presi do clube Pepe Nocelojar encárgase do percurso, de organizar a comida e pouco máis… como sempre coincide entre semana tamén é lóxico que a xente non sexa moita.
Pois as 9 da maña xuntámonos no bar do pobo, cerca de 20 amantes do btt para salir rumbo ó monte, entre eles o noso Presidente Honorífico cariñosamente apodado Tio Valerio, que foi un dos artífices desta xuntanza e que, a pesar de vivir na cidade condal nunca falla a esta cita, por suposto amigos vascos que nos visitan avitualmente nestas fechas e logo, os de sempre, amigos do clube…
As previsións desta vez non eran moi boas, as posibilidades de choiva eran moitas pero a temperatura era agradable. A esa hora todo despexado pero mirando cara o monte xa se vía a néboa, pero chegados a este punto, despois das fotos pertinentes, arrancamos. Por suposto, todos xuntos charlando e botando unha boas risas, subimos parte do monte de Nocelo e logo desviamonos para a zona de Trasmiras por parte da Ruta do Cocido 2019 que nos levaría pola preciosa zona de Seixas e cara o Castelo onde paramos no alto da capela a contemplar a paisaxe, non foi posible, estaba todo cheo de néboa e orballaba pero case se agradecía porque facía boa temperatura e subindo refrescaba as calores… Baixamos ata Viladerrey e collemos monte arriba para pasar por Atás con dirección Baldriz, seguía orballando pero os ánimos seguían sendo os mesmos. Chegados a Baldriz aproveitamos para coller auga e sacar unhas fotos e continuamos dirección Carraxo, agora xa chovía de verdade… a subida a Carraxo pola vía Romana fíxonos sudar ainda chovendo, as pedras estaban esbaradizas e costaba manterse na bici pero a preciosidade do entorno facíanos disfrutar igualmente. Chegamos ben cansados ó pobo onde o noso querido amigo e Youtuber Mikel FuerteyFlojo nos abría as portas da súa casa para darnos un bo avituallamento a base de cervexa, Coca Cola, fruta, galletas, en fin… todo o que un biker necesita. Dende alí demos unha chamada o bar de Nocelo para que nos fose preparando as viandas porque nun par de horas ali estaríamos cheos de fame… Por sorte, mentres estábamos no avituallamento parou de chover e puxemos rumbo a casa. Inda nos quedaban unhas boas subidas pero con bo humor e todos xuntos fomos dando conta do acumulado case sen enterarnos. Chegamos ó Carreiro Ladrón e baixamos a Nocelo pola xa famosa Trialera, que a maioría xa coñecedes porque é habitual na Ruta do Cocido. Uns minutiños para sacar a roupa mollada e, cervexas en man, puxémonos a comer no Bar Límico que nos tiña preparado un bo recuperador para terminar a xornada como nos gusta, en boa compañía, rindo, falando e, ca barriguiña chea…
Así amigos, un ano máis, terminou a nosa querida Xuntanza, nada máis que eso, unha xuntanza entre amigos onde o que menos importa é chegar primeiro, sinon disfrutar da amizade e do noso deporte favorito…
Vémonos o ano que ven, pero atentos que o aforo é limitado…

Suscribirse a:
Entradas (Atom)