martes, 24 de mayo de 2022

Aventura a Cais da Regua

AVENTURA A RÉGUA
Sabado, 4

AVENTURA A RÉGUA

Sabado, 4 de Xuño de 2022

 

Seis da maña. Toca o despertador… os ollos  coma platos e sorriso de orella a orella… a pesar do horario o día prometía e o corpo sabíao… Hoxe a ruta iba ser totalmente diferente ó que estábamos acostumbrados.

Saída dende Verín e destino… o país veciño Portugal, concretamente Cais Da Regua.  Nada menos que 120 km prácticamente sin desnivel. Xa sei que parece imposible pero nada mais lexos da realidade… Prácticamente a totalidade do recorrido polo país veciño iba ser unha antiga via do tren habilitada agora para as bicicletas ou para recorridos a pé. Que vos parece?? A cousa pintaba moi, moi ben…

Xa había tempo que os nosos amigos de Verin facían esa ruta anualmente e cada vez que escoitabamos falar dela se nos puñan os dentes largos, asique non foi nada difícil concretar unha fecha para poñernos man a obra.

A semana anterior as tormentas apareceron polo horizonte e a noite antes non pintaba nada ben pero xa estaba planeado, asique as 7.30 horas alí estábamos: Paco, Beni, Pepe, Higinio, Nando, Mingos, Samuel e Javi cas mochilas nas costas, os chubasqueiros e as bicis listas para aventura. Ca maña fresquiña ameazando choiva arrancamos pola Ecovía que nos levaría a percorrer os 20kms que nos separaban da frontera portuguesa a caron do río Támega e logo ata o centro de Chaves onde pasamos a través da área recreativa para coller logo un cacho de asfalto ata coller a antigua vía do tren. Por suposto todos xuntiños e sin prisa, xa que todos tiñamos os permisos pertinentes para pasar todo o día.

Así fomos por unha senda duns 2 metros de ancho perfectamente sinalizada por entre infinidade de pobos onde nos topábamos cos antigos apeadeiros, alguns rehabilitados e outros abandonados pero que lle daban un aire nostálxico a ruta. Nun deses pobos esperábanos un avituallamento natural a base de cereixas  que a esas horas da maña estaban frescas e exquisitas. Como ainda era cedo non había ningún “guardia” por alí vixiando polo que supuxemos que non lles importaría que collésemos unha poucas para recuperar forzas, quedaba aínda moito que pedalear…

Entre risas e charlas os kilómetros pasaban bastante rápido, xa que con unha inclinación máxima de 3 ou 4% non te dabas conta de que estabas a subir anque non deixabas de pedalear.

O primeiro pobo de importancia por onde pasamos foi Vidago onde a senda estaba perfectamente adoquinada e algún cacho ainda en obras. Decir que en todos os pobos que cruzamos se ve o interés que poñen en que esa ruta esté en condicións, cousas que deberíamos de copiar aquí pola nosa terra.

En Vidago non houbo parada de rigor anque algún xa lle apetecía unha paradiña e un  pinchiño pero non houbo unanimidade a hora de decidir polo que continuamos a caron do campo de golf do Gran Hotel Vidago Palace.

A próxima parada Pedras Salgadas, alí xa levabamos unha boa chea de kms nas pernas e sí que fomos en busca dunha terraciña para descansar as pernas e tomar uns “finos” e algo de picar.

20 minutiños e arrancamos… pero vaia, apareceu unha nube e empezaron a caer catro gotas pero das gordas… que facemos?? Pois tampouco houbo unanimidade nesta ocasión (menos mal que eramos poucos) e, os mais valentes puxeron os chuvasqueiros e arrancaron e, os mais listos, quedaron debaixo do paraugas esperando a que escampara e así foi, dez minutos mais tarde parou de chover e continuamos ca ruta. Decir que, curiosamente, os que arrancaron chovendo non se mollaron nada e os que quedamos esperando a que parase tampouco… asique mellor para todos.

Asi fomos co grupo dividido ata Vilapouca de Aguiar, onde logo nos volvemos xuntar xa que había que catar as bebidas isotónicas que nos ofrecía ese pobo. Mentres tanto polo camiño íbamos disfrutando das paisaxes que nos ofrecía a ruta, montañas de roca viva cortadas para o paso do tren que, agora se convertira en bikers, moitas veces en paralelo ca autovía que pasaba a centos de metros por enriba de nos cuns viaductos de infarto… impresionante!

A ruta iba transcorrendo entre pistas de terra, algo de asfaltada, cemento, etc  pero sempre en perfecto estado para o paso dos ciclistas ou paseantes sen deixar en ningún momento a antigua via do tren, era casi imposible facer mais de 10 kms sen baixarse a sacar unha fotos, algo así había que inmortalizalo…

O ultimo pobo importante antes da meta Vilareal, aquí a via do tren converteuse nunha auténtica ciclovía que xa nos gustaría para algunha carretera nacional, co asfalto perfecto, dous carriles cas correspondientes liñas blancas impolutas… para quitarse o sombreiro.

Xa solo nos quedaba baixar ata a Regua, digo baixar porque realmente está máis abaixo pero case non se apreciaba polo desnivel constante de toda a ruta. Este último cacho sí que estaba en peor estado e con bastante pedra, ainda así algún empeñouse en dar algo de lume e o grupo volveu a separarse entre os que levaban présa e os que íbamos disfrutando da paisaxe…

Volvémonos a xuntar  cando chegamos a unha ponte de ferro onde quitaron parte da vía do tren e o resto eran vigas de ferro onde solo quedaba unha pequena pasarela para pasar a pé ca bici ben collida, xa que se caía  por ali abaixo, xa te podías despedir dela para sempre… aquelo non era apto para xente con vértigo…

Logo dunhas 8 horas de bici e unhas paisaxes de vértigo chegamos á Regua, non sin antes pasar por inmensos viñedos feitos nas faldas das montañas que, unha vez mais, nos iban deixando ca boca aberta. Cos móviles cheos de fotos e con algo de fame dispuxemonos a comer unha boas talladas de cabrito, regado cun viño verde e demais licores para rematar unha xornada top para recordar e, por suposto, para repetir. Esperemos que o ano que ven se animen mais xente do clube porque realmente merece a pena.

Ruta moi asequible para xente que esté mediamente rodada e que lle guste disfrutar do entorno que nos ofrece esta maravilla de zona aquí moi cerquiña da casa…

As 8 da tarde xa solo quedaba cargar as bicis no bus do Calahorra e disfrutar da viaxe de volta, agora sí, sentadiños e relaxados e co convencimento de haber pasado un día maravilloso de bici que non esqueceremos en moito tempo… O ano que ven mais…

Vémonos no monte…






































 
















Reportaxe fotografico Álbum 1


lunes, 16 de mayo de 2022

III Ruta da Avestruz

 III Ruta da Avestruz

Sabado 14 de mayo de 2022


Xa fai máis dun ano cando un membro do clube decidiu engordar un polo da casa para comelo cos compis de ruta. O animal engordou tanto que case parecía unha avestruz! Antes de comelo había que ir facer ganas de comer dando unhas pedaladas na bici polo monte… e así foi! Gustounos tanto que había que repetir todos os anos…

Así foi como argallamos a Ruta da Avestruz… Anque este ano, por algunha circunstancia especial, non houbo avestruz pero non hai problema o importante é facer a ruta e logo comer, xa sabedes que eso é o que fai a afición.
Entón ese día quedamos despois de comer para tomar café no Bar Parque en Trasmiras para logo ir ata o monte. Facía bastante calor pero o noso querido Pepe Nocelojar  tíñanos preparada unha rutiña non moi dura e por zonas de sombra.  Pasamos por tramos da Ruta do Cocido e logo algún que outro sitio novo, todos xuntiños disfrutando das fermosas paisaxes que nos ofrecen os nosos montes na primavera… Moitas fotos, moitas risas e uns 40 kms con 900mts de desnivel foron suficientes para matar o gusanillo e prepararnos para a cea.
Chegamos case ca posta do sol o punto de partida, o Concello tivo a amabilidade de cedernos o pabellón para ducharnos no que, probablemente sexa o único pabellón do mundo onde a auga está demasiado quente! Mais de un saliu escaldado e con menos pelo do que levaba, case se podería desplumar a avestruz con esa auga…

Logo había que baixar a temperatura corporal cunhas cervexas ben frías na Taberna do Fornelo por suposto. As 22.00 puxemos rumbo o Restaurante César onde nos estaba esperando unha boa paella con coello e logo uns anacos de cabrito para recuperar as proteínas que gastamos no monte. Por suposto, todo perfectamente amenizado polo noso Gran Carballal, o cantante e compositor oficial da Ruta do Cocido que, nesta ocasión, tiña unha canción expresamente composta para a este día. Logo de repetila varias veces conseguimos, por fin, cantala todos xuntos coma se dunha coral se tratara…

Postres, café, licores varios e festa  ata altas horas da madrugada foi o colofón final a unha tarde/noite de bici e paparota con xente Top… como ten que ser!
O ano que ven mais e mellor. Estade atentos que igual vos invitamos…
Mentres tanto,  vémonos no monte…





















lunes, 9 de mayo de 2022

 uta “Desafío Terras do Turonio” 2022

Sabado 7 de Maio de 2022

Xa facía tempo que os Nocelos lle botamos o ollo a esta ruta. Todos os anos nos gusta facer algunha deste calibre mais que nada para obligarnos a sacar algo mais de nos e someternos a esforzos mais grandes dos que facemos habitualmente.

Polas circunstancias do Covid tivemos que esperar ata este ano para poder visitar por fin, as terras do Turonio. Unha ruta de 107kms para facer en parella ou 60km para facer de forma individual.

Alí nos plantamos: Joao e Samuel, Mingos e Ramón, Sandro e David, Beni e Paco, Pepe e Javi e por último por unha “serie de catastróficas desdichas” cos seus compis… o amigo Nando que tuvo afrontar o reto en solitario.

Alguns xa fomos de víspera para evitar o estrés de pegarse o madrugón e o sábado mentres almorzábamos no hotel La Colina, pola ventana podíamos ver a liña de saída e todo o ambiente que alí había, todo un luxo…

As 9.00 da maña ali estábamos todos preparados para salir, o día estaba despexado e temperatura prevista rondaría os 25- 26 grados, asique tocou dar cremita e encher ben os botellos de auga

Uns 500 participantes tomamos a saída cara os montes de Tomiño, o primeiro km neutralizado ata salir da cidade e logo cada un ó seu ritmo. Logo de un par de kms xa comezamos a primeira subida duns 5-6kms, normal xa era de esperar… Tiñamos hora de corte para poder facer a ruta larga, deberíamos de chegar o km 40 antes de 3hrs senon seríamos desviados pola ruta corta. Non nos podíamos durmir asique levabamos ese estrés adicional para os primeiros kms da ruta e por diante quedábamos 4 subidiñas das boas pero a eso viñemos e eso faríamos.

O sol xa empezaba a picar, sorte que a maioria da ruta transcurría a sombra dos pinos na primeira parte e de eucaliptos na segunda, algo que agradecer nun día tan caluroso. Cando rodabas en grupo ibas oindo ós demais bikers que xa coñecían o terreo que falaban do “muro”. Se lle chamaban así seria por algo e vaia se era… algo mais dun km de parede vertical onde ata os mais frioleiros non volverían a ter frío no que quedaba de ruta. Pero logo de subir esa ainda quedaban outras duas antes de chegar ó corte polo que non podíamos despistarnos nadita se queríamos pasar.

Os avituallamentos eran abundantes con fruta, barritas e bebidas isotónicas. Todo o que un biker necesita, quizais se botou de menos algo máis contundente en algún deles, xa que son moitas horas de esforzo e o corpo precisa de inxerir calorías…

O largo do camiño fomos cada equipo situándonos no lugar que correspondía, nada que facer contra os nosos compis Joao, Samuel, Mingos e Ramón que xogaban noutra liga e levaban mais “presa”…

A pesar dos nervios de poder chegar ó corte e a dureza da ruta non podíamos deixar de disfrutar as preciosas vistas que nos deparaba a ruta, dende os cumios podíamos divisar o mar e as praias, algo que nós que somos de interior nos encanta especialmente e facía que, por momentos nos olvidaramos da calor e do acumulado.

Pouco a pouco fomos chegando á zona de corte. Lástima dos amigos Paco e Beni que non puideron pasar por escasos 10 min. Algo que nos pareceu moi inxusto pero as regras son as regras. Con eles chegou tamen Nando que ó non levar compañeiro tamen tuvo que facer a ruta corta polo que nese punto se separaron os nosos camiños, unha pena anque disfrutaron doutras cousas boas tamén por chegaren a meta antes cos demais…

Bueno, pois pasado o corte, xa podíamos relaxarnos algo mais, pensábamos que o peor xa pasara pero equivocámonos, o peor ainda estaba por vir, as horas pasaban e o sol caía con xustiza e as subidas eran duras, duras pero o peor de todo eran as baixadas onde supostamente se podería descansar un pouco as pernas. Pero deso nada! As pistas estaban moi rotas pola auga do inverno con moita pedra que te facía ir moi tenso e con moito tino porque unha caída nesas circunstancias sería desastrosa. Aínda así disfrutamos dalgunha fervenza que caía polo monte que mesmo parecía de película. Aproveitamos para lavarnos o polvo da cara e para refrescarnos e algún aproveitou a bañarse tipo Spa e refrescar tamen o resto do corpo. Está claro que non todo iba ser sufrir…

A ruta estaba prácticamente sin sinalizar, solamente nalgún que outro cruce peligroso. O uso de gps era mais que necesario, eso facía que tivesemos que ir mais atentos ainda e algunha que outra vez tocou dar a volta por interpretar mal as indicacións, outra dificultade añadida.

A verdade que nos sorprendeu a cantidade de montes que había na zona e o escarpados que eran para estar tan cerca da costa.

Os kms iban pasando e as horas tamen e por momentos, a cousa puñase dura pero ó ir en parexa sempre hai algún que nese momento vai mellor e tira do outro e así “piano, piano” vaise facendo o camino.

A última subida duns 3.5 kms fíxose especialmente dura, o cansancio dos kms añadiaselle un sol abrasador que che daba na cachola sin piedade. Afortunadamente non foi toda a subida xa que logo pasamos a unha zona de sombra e agradecémolo de verdade…

Non tivemos que lamentar ningunha avería mecánica anque si, o gps a falta de 10kms da meta esgotou a batería e quedamos a “escuras”. Por sorte topamos cuns bikers do Clube dos Biciosos que sí levaban o gps e nos guiaron ata a meta. Fomos xuntos os últimos kms xa que un deles iba bastante mal físicamente e costáballe seguir o ritmo pero conseguiron chegar a meta, dende o BttNocelo lles mandamos un saúdo e a ver se nos vemos nalgunha mais.

Pois pasadas as 5 da tarde chegamos a meta. 107km, 2500mts de acumulado, 26 grados e case 8 horas pedaleando. Un día duro… ou non… como se suele decir: sarna con gusto…

Decir que os primeiros do clube chegaron sobre 1 hora diante, xa dixen que levaban mais presa…

Nada mais pasar a meta, foto de rigor e a comer un bo plato de pasta cunha CocaCola para recuperar. Alguns, en cambio, xa paparan uns entrecots mentres esperaban e unha cantas cervexas.

Fin de semana diferente, fantástico, pondo a proba os corpos e facendo o que mais nos gusta, pedalear…

Solo queda dar a noraboa os organizadores polo este evento desta magnitude e por facernos disfrutar/sufrir por estas maravillosas terras do Turonio…

Vémonos no monte…




























domingo, 1 de mayo de 2022

Próxima parada Turonio

 O vindeiro sábado 7 mayo 11 Bikers do club estaremos en terras de Tomiño para participar na ultra maratón 110 kms con 2800 m de acumulado