domingo, 14 de mayo de 2023

Romería 4 Picos Pontevedra 2023

 

Crónica 4 Picos 2023

Cada comenzos de ano ,decidimos facer unha Ruta streme ou de tres cifras😄 donde participar, así con ise aliciente entrenar un pouco mais.Iste ano por maioria a  elexida sería 4 picos.

Como calquer club importante xa decidimos marchar o venres para concentrarnos🤭.O primeiro que faríamos o chegar o punto de destino sería ir a recoller os dorsais,donde nos encontraríamos a un bo amigo que está na organización de 4 picos ( Carlos Bara) un placer verte de novo amigo.

Despois de deixar os enseres para pasar a noite,decidimos facer un pouco de turismo visitando o casco antiguo de Pontevedra,que nos deixou gratamente sorprendido sobre todo a zona de  tapeo. Xa  ian  4 cervezas unha por cada pico que iamos subir o día seguinte cando alguien dixo que xa era hora de ir para cama para dormir.

Despois o de dormir xa sería un pouco difícil( Unha longa historia),.

As 7 da maña tocou diana un  desayuno rápido e ir  para o punto de salida.

O ambiente era impresionante bicicletas por todos lados algún do noso club estaba cos nervios a flor de piel xa que era a primeira ruta longa na que ia participar,

3,2,1 salida,sorte a todos

Primer pico Xaxan según a organización o mais duro ,  algo no que non estamos moi de acordó sería porque ainda iamos frescos. Unha ledicia encontrar xente por a ruta e que nos falaran da ruta do cocido ,pero todos decían o mesmo que solo ten un defecto ,que fai moito frio, para o ano ración doble de licor.Na cume do monte Xaxan encontramos o gran David Amor ,un tipo moi campechano que non dubidou en retratarse con nos cas impresionantentes vista que había.

Para os que nos gusta baixar a Fracha encantounos, non así os nosos abduptores que chegaraon a Pontevedra un pouco tocados,alguien ainda propuxo de parar ,pero entre todos o convencimos de seguir, todos a unhaaaaaa,

O monte Castrove sobre todo o principio foi o mais duro pero entre ánimos uns os outros foise lebando.Darlle un 10 a organización por o marcaxe da ruta imposible perderse,

Xa solo nos quedaba un pico Acibal ,donde parecía que non chegaba o alto,  pero por fin   alguien berrou feito xa estamos na cima xa esta feito ( mentira que ainda quedaba algún repeito que a organización nos tiña reservado),creo que pasaba da 6 da tarde cando chegamos a meta todos os do Club xuntos sen facer ruido nin o spiker se entererou que chegaramos( a claro e que xa estaban entregando os trofeos) para nos o maior premio foi chegar a meta ,vemonos no monte.













martes, 18 de abril de 2023

IV Ruta da Avestruz

 

IV Ruta da  avestruz

 

    Un dos eventos do Club que cada ano que pasa ten máis aceptación é a “ Ruta da avestruz”.

 Dar as grazas aos irmáns Ángel e Sergio que nos doaron os polos, así como a Paco que os criou na súa finca.

Este ano o Concello elixido para facela,  foi  Vilar de Barrio. Director da Ruta: “Roberto”Loxística  “Formoso” alias ( Pepiño). Agradecer ao Alcalde  polo detalle que tivo con nós así como a propietaria do bar da Bóveda.

 Marcaba o reloxo as catro da tarde cando 25 Bikers estabamos preparados para disfrutar dunha tarde entre amigos, e como non, coñecer novos sendeiros.

Os primeros kilómetros foron levadeiros entre risas e bromas. Fomos adentrándonos  carrouchos e  corredoiras que é o que máis nos gusta, non sen antes facer unha pequena parada, xa que o amigo Samuel tivo un pinchazo, nada que non se puidera arreglar. A primeira dificultade montañosa estaba cerca do alto da Farria, onde cada un foi subindo ao seu ritmo, as vistas dende a cima , espectaculares. Despois dunha pequena baixada por un cortalumes outra petadiña onde o que máis e o que menos tivo que apretar os machos. Adentrámonos tamén por algún sendeiro do camiño de Santiago que nesta época do ano a  vexetación ten unha cor especial. Que ledicia.

Cando xa tiñamos a meta á vista , o amigo Roberto ainda nos tiña unha sorpresa. Un xantar sen postre non é comida, e unha ruta sen unha petada final tampouco, pero mereceu a pena xa que o sitio é para repetir, aproveitamos tamén para percorrer o novo roteiro que fixeron na zona.

As 19:30 foi a hora de chegada á meta ,Bar de Bóveda, onde nos estaban esperando unhas cervexas ( 1906) ben frías , acompañadas por unhas empanadas e un lacón, algún aínda dixo que non se quería ir duchar a casa polo que collimos unha  mangueira e xa lle fixemos o traballo, despois dunha duchiña con auga (morna) no pabellon de Vilar de Barrio, emprendemos camiño para O Restaurante César onde degustamos unha  paella así como un estofado de polo. Que bonita xornada entre amigos, rutas das que fan afeción

Próximo destino Cais da Regua. Vémonos no monte.

 



















martes, 17 de enero de 2023

XII Ruta do Cocido 2023

Corría o mes de octubre cando un puñado de socios do Club BttNocelo demos vida a XII Ruta do Cocido.David,Raúl e Miguel Rivero,Ángel  Parada,Esteban,Beni,Javi Nocelo,José Ferreiro,Mingos,Vallejo,Sandro,Nando,Toño,Xavi Pepe, e Celia. As primeiras semanas foron difíciles xa que os papeles burocráticos son moitos despois de varios horas díante do ordenador ,vimos luz o final do túnel...O percorrido mais ou menos o tiñamos claros,.Nas festas de Nadal nos non tivemos vacacions cada un cando podia subiu o monte a facer as trialeras limpiar camiños ,para que todo estivera listo para o día 15.Unha semana antes ,empezaron os traballos de marcaxe ,e sabedes que pasou????,Pois si amigos como sempre cambiaronos as señais.Solucion o domingo levantarse as 6:30 da mañan e remarcar toda a a ruta.

Unhas horiñas antes da salida a cousa complicabase o noso cociñeiro encargado de facer o chocolate estaba en urxencias por un lumbago,o amigo Beni foi o primeiro xunto con Celia de coller as rendas da pota .e a verdade que non lle saliu mal..As 9:30 dabase comenzó a esta Xuntanza de amigos ,moita expectación incluso contamos con 2 drons que estaban grabando todo dende o aire gracias David e Miguel, os primeiros kms trascorreron por o Concello de Trasmiras ,no Km 17 estaba o primeiro avituallamento donde os bikers podían repor forzas,,a sorpresa estaba no Single Track dos Pinos ,donde estaba montado unha lareira con  chourizos ,cachucha ,chourizos ,xamon,licor, e. xusto antes o home da gadaña intentando levar algún bikers para sua guarida.

Sobre as 12 da mañan empezaron a chegar os primeiros bikers agradecer tamen a Protecion Civil de Sarreaus que nos acompañaron nesta xornada velando por todos os participantes.

Sólo faltaba o xantar ,para Casa César de Viladerrey marchamos. Como plato estrella cocido,as bromas conversas bo humor foi a nota predominante , despois de entregar uns agasallos e trofeos solo queda despedir a un por un os nosos convidados .Gracias amigos que ano tras ano participadas na nosa ruta. Vemonos monte.


Un Saludo: BttNocelo

CLik No seguinte enlace para ver todas as fotos .

Resto de Fotos Videos Ruta do Coxido