lunes, 5 de noviembre de 2012

Ruta Via Nova

         Iste fin de semana tres compañeiros nosos, decidiron aventurarse pola Via Nova, dende Leon ata Xinzo da Limia, non dexaria de ser unha saida máis se non fora polas inclemencias do tempo, a choiva acompañounos casi todo ó longo da ruta, os camiños estaban impracticables, e a pesar de todo, chegaron; cansos si, pero máis fortes; a aventura foi dura, e as gañas de abandonala non lle faltaron.
          Esperamos que para a parte de Braga vos faga un pouco de millor tempo

domingo, 7 de octubre de 2012

Polos Montes de Bande


Saida de tres esforzados roteiros o domingo 7 de octubre dende Ponte Linares.
A  idea era aventurarnos polas terras de Bande, pois nunca habíamos rodado pola zona, temos que decir que nos impresionou favorablemente o percorrido, hai varias alternativas, e vale a pena coñecela, vimos unha pequena lagoa , e hai outra que non atopamos pero que xa temos localizado para proximos percorridos, ademais dun foxo para o Lobo, tamén unhes Petroglifos, a vista sobre a presa das Conchas e espectacular, epasamos moi perto de Bande, a próxima vez tal vez baixemos ata vila, pois apenas aumenta o percorrido nunhes km.
Animovos a facela, merece  a pena.
fotos:

viernes, 21 de septiembre de 2012

Presunto 2012


O día 16 os Btt nocelo acudimos a chaves a ruta do Presunto e ainda que parecia que había moitas dubidas, pola dureza do percorrido e sobor de todo pola distancia a percorrer, fomos quen, "TODOS" de facer a "MEIA MARATONA" 63 km. de nada, e sin ningún abandono, o que dí moito da forma na que se atopa o grupo.
Unha felicitación a todos.
              
         fotos da Ruta do Presunto:                  
https://picasaweb.google.com/115416671672166871764/Presunto2012#

viernes, 31 de agosto de 2012

II subida o larouco



Por segunda edicion o dia 1 de setembro celebrouse a subida o Larouco, o Tempo acompañounos en todo momento o que fixo ca subida se disfrutase en todo o seu explendor, pola espectacularidade do percorrido, polas vistas das que disfrutamos, o sobre todo pola compañía dos amigos que participaron, 
Agradecer ao Concello de Cualedro a súa colaboración, e agardamos que o ano que ven se vaian sumando novos amigos a esta espectacular  subida.
Fotos subida:https://picasaweb.google.com/117488030804923464500/IISubidaDoLarouco