I Ruta da Avestruz
Despois de tantos meses sen poder xuntarnos,por fin volveu a festa…O que todo empezou como unha broma do amigo Roberto ,convertiuse en todo un evento para o Noso Club,que visto o éxito q tivo seguro que perdurará no tempo, dar as gracias sobre todo a Roberto ,e Xavi, e que dicir do amigo Tino que era a primera comida que viña con nós, un crak … todos os astros se alinearon e a tarde estaba perfecta para a práctica da Btt.
As 16:30 quedamos no Bar Mundial para tomar café e por rumbo a Trasmiras que era de donde partía a ruta,xuntámonos : Vallejo,Raúl Rivero,Paco Trasmiras,Xose,Joao, Diego,Beni,Tino,Xose,Julio,Carvallal,Marra, e Pepe,que pena da xente que non puido vir, uníronse para a cea Ángel,Nando,e Mingos,.A Ruta trascurriu polos sendeiros ben coñecidos dos Concellos de Sarreaus e Trasmiras,aínda que estamos no verán a auga e o barro non podían faltar nunha ruta BTT,os últimos kms trascurriron pola Ruta do Cocido,que lembranzas….
20:45 Chegamos ao punto de partida despois dunha boa ducha pasamos por donde o Bar Parque,para tomar unhas cervexiñas ben frías que ben as merecemos,.e contar as anedoctas da Xuntanza.As tripas xa empezan a ruxir,era hora de coller camiño para o César de Viladerrey onde nos esperaba unha boa cena , non puido faltar a pandeireta do Carvallal e as súas cantigas… que ledicia, estar rodeado entre bos amigos onde o único importante e pásalo ben e disfrutar dunha velada agradable,os máis festeiros aínda pararon en Xinzo para tomar a derradeira,iso si co propósito de para o ano que ven repetila.
Boas noites amigos Bikers ,ante todo darvos as gracias a os que esta mañan nos acompañastes na IX Ruta do Cocido, con unha temperaturas de _7 grados ,esperemos que disfrutarades do percorrido que vos preparamos,sabemos que cometimos algún que outro error,as nosas mais sinceras disculpas...pero por contra tamen vimos algunha que outra faciana chea de sonrisa, e iso enchenos de ledicia e xa valeu a pena tantas horas de traballo no monte...Dar as gracias os amigos que nos visitades ano tras ano:Dende terras de Boiro,Barbantia Roda,de Pontevedra, Roda do Demo,de Portugal BttMontalegre, Lexauria,,Btt as Frieiras,Bicivoladores,Btt Pirrola,Adg Biciclistas,Ad Ovala 2, Alambrike c c,c c el puerto,Lopenta, Os Abesouros,CC Allariz,,MTB Monte Aloya, NSB Celanova,Lethes,Carballiño,Ad Runing LazaNosos amigos das Duas Rodas, e , os do CC Monforte que gran equipo,,os nosos queridos veciños e amigos BttLimia e as Raposiñas,,as casas colaboradoras :Centro,Sport,Bar Parque, Bar Espolon,Luxury peluquera,Lusco e Fusco,Construcciones Rivero,Mochito,Carnicería Airabella,Gadis,Montero Jogui Sport.Sousas,Bicis Chinquena,Casa Cesar,PanaderíaCarolo,Viladerrey.,Bicis Matías,Bicis Chinquena,Rancho Grande Morenas y verdes,Seguros Mapre Xinzo Pablo Rodríguez,,Celta Xestion,e Tegman Galicia,,cadena ser,onda cero,o Concello de Trasmiras sobre todo a Celia O noso medico Paco os Quads Moncho e David,os meus compañeiros de equipo que estuvieron na organizacion de esta Ruta:JAVI,MINGOS,JOSE,RAUL RIVERO, MIGUEL RIVERO LUIS RIVERO (O home do chocolate),ANGEL,BENY,PACO ,ROBERTO,NANDO,DIEGO,SANDRO,PAPA MONTERO,mil gracias gracias gracias, xa sabedes vemonos no monte. TRACK RUTA CORTA
Teléfono de información e urxencias o día da Ruta 603725142(non wsaps)
Iste ano o cabeza de Cartel da nosa Ruta e para o amigo Carballal, que ano tras ano nos acompaña,
facendo sempre festa ca sua inseparable pandereta.
O
vindeiro dia 12 de Xaneiro de 2020 celebrarase a novena edicòn da Ruta
do Cocido, un evento que esta organizado por o Concellode Trasmiras ,
xunto co Club BttNocelo. Unha Ruta diferente donde o importante non e
chegar primeiro se non votar unhas cantas risas disfrutar do entorno e
facer un puñado de amigos, tanto e asi que non ai tempos de chegada, nin
trofeos para os primeiros , algo distinto, podese estar de acordo ou
desacordo pero e a nosa forma de ver a nosa Ruta pa pasar unha mañan de
festa e como non disfrutar de un bo xantar. Iste ano e percorrido e
totalmente novo con respecto as ultimas ediciòns, non pasaremos por xa
famosas trialeras, pero algo parecido argallaremos, decir que casio o
80 por cen do percorrido e por........., o Concello de Trasmiras, sobre
todo por sendeiros antiguos recuperados para a practica do BTT que
seguro vos van encantar .. Como sempre teremos duas rutas . Iste ano moito mais curtas que outros anos 37 kms e 45 kms - Corta que consta de 37 kms e 900 metros de acumulado positivo. - Dificultade tecnica media baixa e fisica media alta , habera un avituallamento solido liquido que estara no km 18. - Ruta Larga: Consta de 9 kms mais e achegase os Concellos veciños de Monterrey e Cualedro,ten de acumulado 1100metros posivo. - Dificultade fisica , tecnica media alta . tera dous avituallamentos solido e liquido que estaran nos kms 18 e 27
- Hora de corta para ruta Larga as 12:00h. -HORA DE SALIDA: A saida como todos o anos sera as 9:15 da maña , do pabellon de deportes de Trasmiras,
dende as 8:00 poderande recoller os dorsais asi como quentar o corpo
cun chocolate con bica (agasallo da organización) , os que queiran outra cousa iste ano en frente
da saida temos un bar que colabora activamente co club e o cal vos
recomendamos que visitedes , Bar Parque, -PRECIOS: - Con comida seran 20 euros PLAZAS LIMITADAS A 110 participantes.Debido a que temos o sitio reducido as plazas de comida so solo para participantes na ruta. AGOTADAS
-Sen comida 7 euros, a comida sera en casa Cesar en Viladerrey SOBRE AS 14:30 e como menu COCIDO A FARTAR.
NON SE ADMITEN INSCRIPCIONS O MESMO DIA , OBLIGARORIO LEVAR CASCO PROXIMAMENTE ABRIREMOS INSCRIPCIONS .
O TERMINAR A RUTA HABERA PARA LAVAR AS BICIS.
Novedades de iste ano:
Para todos os grupos que veñan de fora e queiran pernoctar na zona ,temos Un albergue A solo 4 kms da saida co precio de 15 euros por noite.os interesados porse en contacto ca organización .
REGULAMENTO IX MARCHA DO COCIDO
1.- O Club
BTT NoceloAltaLimia, organizaxunto co Concello de Trasmiras aIX Marcha do Cocido.
Terá lugar o domingo día 12 de xaneiro do 2020,
tendo dous
percorridos
que serán de 37 Km. (dificultad media) e 45 Km. (dificultad
media-alta),
sendo a mesma de carácter non competitivo, se ben de
velocidade libre.O primeiro tramo estará neutralizado dende
a saída ata que o indique o director
da marcha.
2.-
Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran
axeitadamente o proceso de
inscripción e sexan maiores de idade e os
maiores de 16 anos ou que os
cumpran o largo do presente ano e adxunten
autorización de pai, nai ou
titor.
3.- A inscripción farase efectiva
a través da páxina web do Club (http://
http://bttnocelo.blogspot.com.es/)
A
cota de inscripción será de:
Con
comida: 20 €
Sin
comida: 7 €
.Dita cota dará dereito á participación na proba, e incluirá os
avituallamientos,
, duchas e lavado de bicis para todos os participantes
O prazo
límite de inscripción será oxoves día
09 de xaneiro as 24:00h
Non
se admitirán inscripcións o mesmo día da proba que non se
solicitaran
con anterioridade mediante contacto coa organización, antes do
peche
da inscripción.
Só
serán considerados participantes, aqueles que pagaran a cota de
inscripción
e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal
será
facilitado pola organización.
4.- A
concentración e recollida de dorsais terá lugar a partir das 7:30 do
día 12de xaneiro do 2020 no Pavillón
Municipal de Trasmiras farase de
xeito individual, presentando
D.I. e xustificante bancario de ter pagada a
cota de inscripción. A
saídaefectuaráse as 9:15 h., sendo
as 12:30 h. a
hora prevista de chegada para
os primeiros participantes.
5.- O
emprego do casco é obrigatorio e non levalo implica a retirada do
dorsal
e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva
adecuada.
Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuito
da
proba e atender ás instruccións da Organización. O Club non se fai
responsable
dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos
participantes, así como as
débedas ou danos que por estes motivos puideran
contraerse
durante a proba.
O
dia da proba antes da salida habera chocolate con bica para todos os
participantes
Habera
unha hora de corte ,que pora a organización parafacer a Ruta Larga.
6.- O percorrido da proba transcorre
na súa maior parte por camiños rurais
e forestais dos Concellos de Trasmiras, Monterrey
e Cualedro , existindo
cruces con tramos de estradas,
que se atopan abertos ao tráfico para outros
usuarios
polo que se deberá extremar a precaución por parte dos
participantes, respectando as
normas de circulación contidas na Lei de
Seguridade
Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
7.-
Todos os participantes deben respetar o entorno por onde transcorre a
proba,
quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a
excepción
dos contedores situados nos puntos de avituallamiento.
8.- A Organización preveu avituallamento,
tanto sólido como
líquido,
para realizar o recorrido convenientemente, así como unha comida
de
convivencia ao rematar a proba para os que elixiran esta opción.
9.- En
todo momento respectaranse e obedeceranse as ordes e directrices do
director
da marcha, non sobrepasando en ningún momento ao vehiculo que
abre a mesma, o cal será
obxecto de retirada inmediata
10.- A Organización contará con
asistencia sanitaria e con servizo de
ambulancia,
a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de
Responsabilidade
Civil, non facéndose responsable de ningún accidente nin
gastos
fora desta cobertura.
11.- A organización resérvase o
dereito a modificar a presente normativa,
así
como a modificación do recorrido, quilometraxe e data da proba.
12.- O feito de inscribirse na
proba, supón a aceptación total do presente
regulamento.
13.- A proba realizarase
independentemente da climatoloxía dese día.
14- Cada participante da o seu
consentimento n para quepoda ser
retratado, e as imaxes ser publicadas en medios dixitais.
Domingo 10.11.2019
Outro domingo máis que tocaba madrugar un pouquiño para salir na btt, pero… era diferente. O mal tempo que se esperaba para este día non nos podía facer recuar, un evento de este tipo non se pode aplazar nin anular nin nada polo estilo… Trátase da xa tradicional Ruta do Magosto que, como todos os anos, toca por esta época, lóxicamente, e que, ainda que caian chuzos de punta, somos fieles a ruta. Supoño que a idea de logo ir a comer o churrasco todos xuntos axuda bastante…
Sobre as 8.30 da maña fómonos achegando ó noso punto de encontro, O Bar Parque en Trasmiras, patrocinador oficial e o punto recomendado polo clube para tomar café o día da Ruta do Cocido, xa que está mismo enfrente o Pavillon de Deportes. O día estaba moi desapacible e pintaba moi mal pero alí nos xuntamos nada menos que 15 bikers entre membros do clube e amigos ben achegados. Eso sí, abrigados e cos chubasqueiros ben preparados. Os do clube tuvemos a posibilidade de probar a nova chaqueta de alta gama da nova equipación que, por certo, nos deixou moi boas sensacións.
Logo de tomar café e botar as primeiras risas, puxemos rumbo ó monte. Diante, por suposto, o noso presidente Pepe Nocelojar que era o único que sabía o percorrido xa que se trataba da ruta corta da próxima Ruta do Cocido 2020 que xa andamos a argallar e aproveitamos para facer a primeira toma de contacto. Orballaba e facía fresco pero as zonas que atravesamos entre carballeiras facían que a ruta fose moi amena, así todos xuntos charlando e rindo fomos facendo kilómetros, os mais queimados non tiñan mais remedio que esperar as subidas para sacar algo de peito porque desta vez tocaba ir en pelotón en perfecta armonía… As últimas choivas facían que o terreo estivese algo pesado e esbaradizo, algún participante ainda tuvo que “baixarse da bici como lle da a gana” en algunha ocasión, por suposto, sin consecuencias. Tamén tuvemos algún que outro pinchazo e algunha avería mecánica, algo habitual cando somos moitos pero, por sorte , nada que non se puidese solventar. Así foi transcurrindo a maña, orvallando e sin excesivo frio por un percorrido realmente expectacular que non deixará de sorprender, un ano mais, ós bikers que se acerquen o 12 de Xaneiro a nosa querida Ruta do Cocido. Decir que transcurre case na súa totalidade polo concello de Trasmiras por camiños novos e algún que outro recuperado de edicións anteriores polo que non baixaremos este ano a nosa famosa Trialera pero de seguro que algo parecido faremos.
Cerca xa do mediodía, o tempo cambiou a peor, como xa decían as previsións, e o orballo convertiuse en case cicloxénese e xa empezaba a chover de lado e a facer frío de verdade, pero xa estábamos cerca da meta, un par de kilómetros máis e ruta terminada, mollados, ateridos pero contentos. Esperábanos unha boa ducha no pavillon de deportes e unha cervexa recuperadora no bar Parque para logo ir comer o churrasco na Parrillada Rancho Grande de Xinzo de Limia en compañía das familias para pasar unha agradable velada comendo ben, bebendo, charlando (alguns berrando), e por suposto botando unhas boas risas… Así entre unhas cousas e outras pasou a desapacible tarde de domingo que para nos foi perfecta, a guinda do pastel logo dunha boa ruta en boa compañía e unha boa paparotada… Así é, amigos, como se colle o verdadeiro vicio da bicicleta!
Atentos as redes sociais que pronto iremos poñendo información sobre a Ruta do Cocido 2020…