lunes, 10 de julio de 2023

XVIII Xuntanza BttNocelo 2023

 De

XVII XUNTANZA BTTNOCELO 2023

 XA TEMOS EN MARCHA A  XVII  XUNTANZA BTT NOCELO 2023 ,ISTE ANO SERA  O MERCORES 9 DE AGOSTO . A SALIDA COMO SEMPRE SERA DENDE O POBO DE NOCELO DA PENA (CAMPO DA FESTA), 

HORA: 8:30  DA MAÑAN.

FAREMOS UN PERCORRIDO DE UNS 60KMS, QUIZAS UNS POUCOS MENOS ,PASAREMOS POR OS CONCELLOS DE : TRASMIRAS, CUALEDRO, E SARREAUS. 

DIFICULTADE TECNICA FISICA MEDIA, SOBRE O KM 20 FAREMOS UN PEQUENO AVITUALLAMENTO, HORA PREVISTA DE CHEGADA SOBRE A 1 DO MEDIODIA DESPOIS DE REFRESCARNOS CUNHAS CERVEXAS PROCEDEREMOS A COMER UN BO  XANTAR A BASE DE CHURRASCO.
AS PLAZAS SON LIMITADAS.
PARA INSCRIPCIONS PARA XENTE QUE NON PERTENEZCA O CLUB  MANDAR UN CORREO A : bttnocelo@gmail.com



martes, 27 de junio de 2023

MARCHA PUEBLA DE SANABRIA

 

XVII Marcha MTB Villa de Sanabria

 

Domingo, 25 de Xuño de 2023

Comeza o verán e, con el, a ola de calor… pero aínda así os Nocelos estábamos apuntados por primeira vez a XVII Marcha MTB Villa de Sanabria. Xa había tempo que a tiñamos no punto de mira e desta vez 8 integrantes do clube nos dispuxemos a disfrutar desta ruta por terras de Castilla. O noso amigo Etxebe recién chegado do País Vasco tamén estaba inscrito pero un lío a noite anterior cunhas sardiñas e unhas 1906 fixeron que abortara no último momento, unha pena…

Pepe, Mingos, Ramon, Beni, Nando, Sergio, Angel e Javi ali estábamos o pé do Castelo de Sanabria puntuales para recoller os dorsais. Chegamos con tempo e grazas a iso ainda nos deu tempo de solventar algún fallo mecánico de última hora…

Ambiente espectacular, e o sol xa relucindo con forza. As 9 en punto dábase a salida os mais de 400 participantes que tomaban as calles do pobo para logo poñer rumbo ó monte. Empezamos atravesando unhas veigas por uns carrouchos e por unha zona de pouca vexetación, aquelo non pintaba nada ben, era un día onde se iban alcanzar temperaturas altas  e faría falta algo de sombra.

Un par de kilómetros mais adiante, xa nos metemos por uns carrouchos a par do río, con moita  sombra e incluso fresco que viña de vez en cando, se a cousa seguía así o disfrute estaba asegurado. Así trancorreu a primeira parte do percurso, por zona de pouco acumulado e rodadora, mais que nada para que non se amontonase moito a xente e o pelotón se fose soltando.

Enseguida se fixeron grupos, entre os que están mais en forma e os mais rezagados pero con apenas uns metros de distancia. Chegamos o primeiro avituallamento líquido e nin sequera paramos, de momento a cousa iba ben. Tan ben iba que chegados ó punto de separación entre a ruta corta coa larga, decidimos por unanimidade tirar pola larga, sobre o papel parecía que non fose moi dura e íbamos ben de forzas e, a pesar de que xa empezaba a facer calor, prácticamente transcurrira case todo pola sombra.

Gran error que cometemos! Polo menos eso era o que se falaba en canto empezou a gran subida duns 8-9kms con tramos de mais dun 20% de desnivel e prácticamente sin descanso. Por algo decían que a ruta larga era nivel físico e técnico Alto…  Pista bastante rota, calor sofocante e baixa forma física, todo abocaba o desastre…

O grupiño dos pros parece que solventaron a subida sin grandes dificultades pero o grupo de atrás tuveron que sacar forzas de onde non había para coronar a cima, entre andaina e bicicleta foron chegando a zona de control de paso, onde aproveitaron para coller auga e refrescarse.

Logo quedaba baixar, algo en principio máis fácil pero a pista estaba bastante rota e había que agarrarse os machos para non descabalgar. Así fomos indo ata enlazar outra vez coa ruta corta e empezaba o bonito outra vez. Sendeiros e mais sendeiros entre castiñeiros e carballeiras que, a pesar do cansancio, nos facían afrontar o final de ruta cun sorriso continuo. Realmente increíble. En calquer esquina, detrás dun carballo ou dun castiñeiro alí aparecía o fotógrafo oficial da ruta, facendo fotos de todo o mundo, tanto dos primeiros coma dos últimos, ninguén quedou sin retratar! Algo que non sucede en todas as rutas. A organización un dez xa que sabían que era un día de moito calor e nos avituallamentos nos trataban coma reis, naranxas, plátanos, sandía, roscón, aquarius, auga… e xeo! Que ben que se agradecía!

O grupo de atrás non tardaron en collelos os ciclistas escoba sempre cun bo rollo increíble e animando en todo momento para poder chegar a meta. No penúltimo avituallamento estaban os pros esperando, supostamente para entrar todos xuntos en meta, ou eso dixeron anque as malas lenguas dicen tamén que xa iban cansados de dar lume… Fose como fose alí nos xuntamos para chegar o final xuntos, algo tamén pouco habitual…

Seguimos entre carrouchos e ainda houbo tramos de mollar os pés, algo que tamen se agradecía, os termómetros xa marcaban mais de 30 grados a mediodía… e inda faltaba para chegar a meta. Entre risas uns e choros e calambres outros, fomos chegando a meta sempre animados polos pilotos escoba da organización. Chegados a Sanabria xa solo quedaba a mítica subida o Castelo pola calzada principal onde a xente se pon os lados a animar. Un último esforzo e a meta xa estaba esperándonos. Agradecer de novo a organización que nese último esforzo lle axudaron a algún empuxando cas mans e animando ata conseguir chegar a meta case sin aliento…

Conseguido! Chegados a meta, xa solo quedaba descansar, ducharse e disfrutar da comida a beira do río nun paraxe espectacular no que o sufrimento se convertiu en disfrute total do ambiente, do lugar e das persoas que nos topamos…

Outra ruta mais que quedará apuntada nas axendas para os vindeiros anos. Noraboa o clube ciclista El Pinar por organizar algo tan bonito e tan exitoso. Grandes!!!

Dende o clube BttNocelo queremos facer unha mención especial ó noso compañeiro Samuel que non puido acompañarnos desta vez, por estar pasando por uns momentos difíciles. Moita forza e vémonos no monte…

























RESTO De REPORTAXE FOTOGRAFICO

jueves, 15 de junio de 2023

XVII XUNTANZA BTTNOCELO 2023

 XA TEMOS EN MARCHA A  XVII  XUNTANZA BTT NOCELO 2023 ,ISTE ANO SERA  O MERCORES 9 DE AGOSTO . A SALIDA COMO SEMPRE SERA DENDE O POBO DE NOCELO DA PENA (CAMPO DA FESTA), 

HORA: 8:30  DA MAÑAN.

FAREMOS UN PERCORRIDO DE UNS 60KMS, QUIZAS UNS POUCOS MENOS ,PASAREMOS POR OS CONCELLOS DE : TRASMIRAS, CUALEDRO, E SARREAUS. 

DIFICULTADE TECNICA FISICA MEDIA, SOBRE O KM 20 FAREMOS UN PEQUENO AVITUALLAMENTO, HORA PREVISTA DE CHEGADA SOBRE A 1 DO MEDIODIA DESPOIS DE REFRESCARNOS CUNHAS CERVEXAS PROCEDEREMOS A COMER UN BO  XANTAR A BASE DE CHURRASCO.
AS PLAZAS SON LIMITADAS.
PARA INSCRIPCIONS PARA XENTE QUE NON PERTENEZCA O CLUB  MANDAR UN CORREO A : bttnocelo@gmail.com




lunes, 29 de mayo de 2023

Romería a Cais da Regua

 II  Aventura a Cais da Regua.

Sábado, 27 de Maio 2023

Gran aventura a que nos esperaba! O ano pasado foi a primeira vez, animados polo nosos amigos de Verín, cando probamos. Quedamos co mel nos labios do ben que o pasamos e, por unanimidade, xa se converteu en Ruta “oficial” do clube para facer todos os anos polo que a fecha xa estaba posta moitos meses atrás… nos días anteriores as tormentas empezaron a soltar auga a caldeiros, e incluso o día anterior quizás foi o peor, pero nada, a fecha estaba posta.

Dado que a dificultade da ruta non é demasiado esixente mais alá dos kms que ainda son ben deles, decidiuse desta vez poñer o punto de partida dende Xinzo. Tocaba entón, madrugar…

As 6.30 da mañan, cafeciño no Bar Mundial para as 7.00 en punto arrancar, cos primeiros raios de sol, mais ben de nubes que amenazaban auga. 10 bikers arrancaron dirección Trasmiras onde esperaban outros dous para subir ata Baldriz, logo dende ali xa sería todo baixar ata Verín (ou case) onde se incorporarían o pelotón outros 3.

Como de costumbre en rutas de largo recorrido non podía faltar nas mochilas o licor, os chourizos, salchichón, bocadillos e algo de trapallada desa de geles e barritas, das que engañan o corpo pero quedan ben no bolsillo dun ciclista pro… Por suposto tamen levabamos auga, anque algún logo se deu conta de que solo valía para cargar mais peso nas costas…

Chegados a Verín, o pelotón estaba completo e collemos a Ecovía que nos levaría dereitiños a frontera portuguesa, bueno, dereitiños de todo non pero case. O guía desta vez fixera os deberes e non houbo moita confusión nos cruces polo que nun chis xa estábamos no país veciño. Cruzamos Chaves e collemos un cacho de asfalto ata chegar o verdadeiro punto de partida da Ruta do Corgo, unha antiga vía de tren convertida  nunha senda verde para disfrute de calquer persona que aprecie a natureza. Nos como ciclistas por suposto que apreciamos a natureza e todo o que nos da, por exemplo as cereixas, que neste tempo, xa sabemos como están e no gps tiñamos algunha que outra marcada como primeiro avituallamento obligatorio.

Por suposto, o ritmo era tipo excursión anque por momentos os mais pros se lle iban as pernas e non podían aguantar as ganas de dar algo de lume, eso si, cada vez que chegabamos a unha población era parada obligatoria porque como xa sabedes, no ciclismo  non se pode esperar a ter sede, hai que beber ainda sin ganas para non desidratarte e eso é algo que o temos grabado na cabeza e cumplímolo a raxatabla e sin discusión. Asique, paradas obligatorias en Vidago, en Pedras Salgadas (aquí choveu un chis e tivemos que meternos no bar a dar conta dos chourizos), Vilapouca de Aguiar e Vilareal e, entre medias, se había algunha taberna pois tamen, claro.

A todo isto as horas iban pasando e a chuvia iban dando tregua e incluso, de vez en cando saía o sol, todo apuntaba que podríamos chegar sin mollarnos a destino, o karma estaba do noso lado… Entre fotos, cervezas, panachés e moita risa iban caendo os kms. Cada vez que alguns se distanciaban paraban os poucos kms para reagruparnos…

A falta de poucos kms para a meta, xa se empezan a ver os espectaculares paisaxes de viñedos e olivos por todo o monte que nesta época están dun colorido que non deixa indiferente a ninguén, bueno algún que outro si porque levaban présa e non podían levantar a vista do camiño porque é bastante bacheado… terán que volver outro día con mais calma…

Sobre as 7 da tarde chegamos a destino e cruzamos o último puente do tren para entrar en Cais da Regua donde logo da cervexa de recuperación nos esperaba unha boa cena. Decir outra vez que o karma estuvo do noso lado toda a ruta e non empezou a chover auga a caldeiros ata que nos puxemos a cenar no restaurante, xa non había peligro… Antes unha lavadela no río e cambio de roupa, gracias a muller do noso biker Toño, Rita, que tuvo a amabilidade de levarnos as mochilas da roupa no coche.

Mentres ceabamos entre risas e bacallau as bicis lavábanse fora e quedaron impolutas coma se foran sacadas da tenda, día redondo…

Logo o noso chofer de Autocares Calahorra xa nos estaba esperando para regresar ó noso país, houbo que facer algo de Tetris para conseguir meter todas as bicis no autobús, eso sí, as de carbono tuveron que ir arriba cos donos non vaia ser que se raiaran…

O camiño de volta mais risadas e cántigos, a non ser o noso presidente que iba “meditando” cos ollos cerrados xa que ó dia seguinte tiña que ir para a mesa das votacións. Varias paradas para deixar os bikers e todos para casiña despois dun día longo pero divertido. Alguns chegaron a casa cas bicis enteiras e outros con rodas dun e bici de outro, o caso é que todos levamos algo para casa e no autobús non quedou nada…

Que gran día rapaces! Unha ruta recomendable para calquera para facer en grupo, 165km dende Xinzo dan para moitas risas, anécdotas, fotos, paisaxes, btt, compañeirismo… en fin, anos de vida…

Esperando xa a próxima!

 

Vémonos no monte…