lunes, 19 de enero de 2026

Cronica XV Ruta do Cocido 2026

 XV Ruta do Cocido 2026

Domingo, 18 de Xaneiro de 2026

Crónica dun GRAN día:

6.30 da maña, toca o despertador dos Nocelos, alguns xa levaban despertos un anaco… era o Gran día… Todo o traballo feito nos últimos meses chegaba o seu fin e hoxe era o examen final, os nervios estaban a flor de piel, notábase nas caras mais que o sono. Vamos!!

As 7.30 todos as portas do pabellón de Trasmiras para preparar todo para que os bikers poidan recoller os dorsais e, de paso, tomar un chocolate quente que ben o merecen! A maña estaba fría e encapotada, anque as previsions non daban choiva, non tiña boa pinta. As incripcións xa estaban pechadas facia uns días atrás por chegar o tope de 200 participantes, pero a choiva caída nos últimos días sumadas ó frío podían facer que moitos bikers se botaran atrás e iso ainda nos puña mais nerviosos…

No momento que o amigo Rivero se puxo a remexer no chocolate, o cheiro invadiu o pabellón e, por arte de maxia empezaron a aparecer os bikers mais madrugadores, entre eles unha parexa de León, nin mais nin menos, incrible! Xa empezaba a salir o día, polo altavoz xa sonaba o Rock and Roll, xa estábamos metidos en faena!

Pouco a pouco foron chegando mais e mais bikers, sobre as 9.15 os mais rezagados pero chegada a hora sinalada para a saída 9.30 da maña, solamente 8 bikers dos 200 apuntados fallaron a cita, realmente incrible para o día que estaba. As caras dos Nocelos xa lucían con sorrisos de orella a orella, volvémolo a facer rapaces! Briefing de rigor por parte do amigo Nando e unhas palabras de agradecemento por parte do señor Alcalde deron a saída a 15 edición da Ruta do Cocido.

Primeiro tramo neutralizado polas calles de Trasmiras ata meternos nas primeiras canellas con dirección Seixas e Santo André onde os bikers tuveron xa as primeiras tomas de contacto co barro e con algún que outro repecho. Primeira parte da ruta esixente mais que nada polo terreo que estaba bastante mais pesado do normal pero eso xa o saben os que nos visitan habitualmente.

Primeiro avituallamento na zona de Atás onde se separaba a Ruta corta da Ruta Larga con un bucle duns 12km de pisteo básicamente para logo adentrarnos nos 14km que tiñamos este ano de Single Tracks entre os pinos para disfrutar do auténtico btt. Pero amigos nun deses carrouchos escondidos na néboa esperaba unha sorpresa, o segundo avituallamento a base de churrasco de panceta e chourizo e amenizado polo noso gaiteiro mais ilustre, o Gran Carballal, eso si, antes había que pasar unha zona moi perigosa onde uns paiasos diabólicos sacaban as motoserras a pasear. A pesar do susto non houbo que lamentar amputacións nin lesions graves, os bikers pasaban rápido e non se deixaban coller, menos mal… (neste caso a organización non se fai cargo desta invasión terrorista sufrida no evento).

Pois menos mal que se acabou a panceta senón algún xa nin se acordaba da bicicleta e inda quedaba tela que cortar, vaia se quedaba… Mentres tanto o tempo seguía tranquilo, frío xa non facía (supoño que polo acumulado ou por o licor) e non tiña pinta de chover, incluso por momentos saía o sol…

Logo da enchenta había que baixar as trialeras ata Nocelo que este ano estaban espectaculares e limpas con todo o mimo para que todo o mundo puidese facelas con garantías. Contamos coa colaboración de personal do Concello de Trasmiras, Protección Civil do concello de Sarreaus en tamen do GES de Laza que velaron pola seguridade dos bikers en todos os cruces de carretera e durante todo o percurso da ruta. Tamen contamos con dous quads, un todoterreno e os amigos Sergio e Samuel como Escobas que se encargaron de que ninguén se quedase atrás por algún tipo de problema físico ou mecánico.

Sobre as 11.30 horas foron chegando os mais apurados a meta, os demais repartidos según o seu estado físico pero tampouco había prisa, ata as 15.00 horas non había cocido asique mentres a disfrutar…

Pouco a pouco foron chegando todos, aparte dalgun que outro incidente mecánico, non houbo ningún percance grave. O chegar había o lavado de bicis e duchas e, por suposto, ainda quedaba bica e chocolate, gústanos mimar ós nosos amigos, non o podemos evitar…

Máquinas limpas e corpos limpos, preparados para xantar! Ala fomos o restaurante Cesar de Viladerrey, cuna do Cocido e alí comezou a segunda parte da ruta, a festa …

O incombustible Carballal coa inseparable pandeireta amenizando a comida con cánticos que xa todos coñecen, sorteo de regalos e trofeos, puxeron o broche final a este largo pero exitoso día de btt

Nin mais nin menos que 15 anos organizando a Ruta do Cocido, algo que empezou coma unha ruta entre amigos e xa se converteu nun referente na provincia, gracias por suposto a vos, amigos do BttNocelo que a pesar do mal tempo, do frio, do barro, ano a ano non faltades a cita e facedes esto GRANDE cada vez mais. Traballamos duro, uns mais que outros, facemos frente a burocracia, permisos, seguros, papeleos, marcaxe, limpeza de camiños, etc, etc , non estamos todos os que somos pero somos todos os que estamos, remamos todos a unha, eso sí , liderados por un Patrón, que, un día construiu este barco no que agora todos navegamos para chegar cada día mais lonxe…

                                                                                          GRAZAS A TOD@S, UN ANO MAIS, POR PARTICIPAR NESTA NOSA/VOSA RUTA DO COCIDO.

Vémonos no monte…






miércoles, 19 de noviembre de 2025

XV RUTA DO COCIDO 2026

TRACK RUTA LARGA


TRACK RUTA CORTA


INSCRIPCIÓNS ""CLIK""


Xa temos cartel  para a XV ruta do cocido  e queremos facerlle o noso pequeño recoñecemento a esa xente que no verán loitou contra o lume .


E que mellor que o nosos compañeiros Sandro (bombeiro na comarca da Limia) ,Beny e Cristian ( bombeiros forestais) para representar a ises profesionais..


O verán deixou nos montes de Ourense unha cicatriz  dolorosa, unha ferida de cinsa e fume que tardará en sanar. Pero no medio da devastacion, unha luz brillou cunha intensidade inquebrentable , a valentía , a coraxe e a dedicación do personal  que  loitou sen descanso contra as lapas.


Este pequena homenaxe vai dirixida a todos eles :Aos bombeiros forestais, bombeiros comarcais, UME , Protección  Civil,e a xente dos pobos que sen pensalo se botaron  ao monte; cada quen co que puido para axudar.


Mentres as lapas avanzaban 


Imparables ante unhas condiciones metereoloxicas extremas eles estiveron ali arriscando a súa propia vida enfrontándose a un lume que parecía non ter fin , actuaron cunha profesionalidade e un heroismo   inmenso que merecen o noso eterno recoñecemento. 


A vosa entrega foi un faro de esperanza nunhas noites moi escuras.


A paisaxe de Ourense recuperarase e cando o faga lembraremos sempre que detrás dese renacer está o voso compromiso  inquebrentable. 


Gracias!, gracias! Nunca esquenceremos aos nosos heroes.


Dicir que os que  decidades  facer a ruta longa veredes a masacre que na nosa contorna aconteceu ,para os que amamos a nosa terra  foi coma se nos feriran no corazón A ruta corta  (zona trialeras )pois o verde e o que predomina grazas os veciños de Nocelo que o 17 de agosto estiveron todo o dia e parte da noite  no monte  . NON MAIS LUMES 



 SI SI XA ESTAMOS TRABALLANDO NA XV RUTA  DO COCIDO  CONCELLO DE TRASMIRAS, A DE SEMPRE A TRADICIONAL, SIN TEMPOS  DA IGUAL QUEN CHEGUE PRIMEIRO O IMPORTANTE E DISFRUTAR PASALO VEN E DESPOIS COMER UN BO COCIDO.


 SERA O DIA 18 DE  XANEIRO , COMO SEMPRE DUAS DISTANCIAS  (ISTE ANO MAIS LEBADEIRAS QUE EN OUTRAS EDICIONS)

RUTA CORTA : SOBRE 39KMS 800 METROS DE ACUMULADO AVITUALLAMENTO NO KM 17

E ALGUN MAIS SORPRESA. AINDA QUE HABERA ALGUN TRAMO DONDE XA PASASTES EN EDICIONS ANTERIORES ,TEMOS SENDEIROS NOVOS ADEMAIS DE UNHA TRIALERA NOVA DE CASI 1 KM .


RUTA LARGA: 47 KMS .E SOBRE 900 DE ACUMULADO  FARA UN BUCLE CA CORTA DE UNS 8 KMS, A MAIORIA SERA POR UNHA ZONA QUE O VERAN FOI AFECTADA POR OS LUMES.

A SALLIDA SERA AS 9:30 DA MAÑAN DE TRASMIRAS, NON FALTARA O CHOCOLATE CON BICA, LICOR E UN PEQUENO AGASALLO PARA CADA PARTICIPANTE.

PARA OS QUE QUEIRADES SEGUIR CA FESTA , POIS  TEREMOS A  OPCION DE APUNTARDE CON COMIDA (MAXIMO 100 BIKERS)

 O MENU COCIDO COMO SEMPRE NO RESTARURANTE ""CESAR DE VILADERREY"""

PRECIOS SIN COMIDA 15 EUROS

CON COMIDA 35 EUROS

O DIA 1 DE DICIEMBRE ABRIMOS INSCRIPCIONS


lunes, 17 de noviembre de 2025

Ruta do magosto 2025

 

Domingo, 16 de Novembro de 2025

Domingo pola maña e toca o despertador, a choiva pegando na persiana e os Nocelos levantándose da cama cun sorriso… incrible pero certo! A Ruta do Magosto era hoxe, a data estaba posta e non había volta atrás…

As 8.30 da maña reunión na sede oficial Bar Parque de Trasmiras onde a nosa amiga Banesa nos tiña preparados uns cafeciños quentes e, de paso, xa nos dice: Ponde iredes… Ponde imos ir oh! A Ruta do Magosto! Porque? Chove? Pois se chove que chova…

Logo dun anaquiño degustando os cafés, fora serguía chovendo chuzos de punta e, o sentido común xa empezaba a impoñerse ó espíritu Nocelo… Algunha que outra risa forzada no ambiente pero non había nada que facer… Había que sair… Alá polas 9.30 botamos portas pa fora e montamos nas bicis, ba! Catro gotas. Ataviados cos chuvasqueiros e algún que outro con paraugas, empezamos polos sendeiros de Trasmiras dirección Seixas e Sto. Andre, non facía frio pero seguía chovendo pero xa estábamos na allada e o ambiente xa era o de sempre, bo humor e a pedalear…

Apenas unha hora despois e uns kms parou de chover, si, si, amigos parou de chover e a maña púxose ideal para pedalear, moi nublado pero sin choiva e sin frio… O espíritu Nocelo impúxose o mal tempo! E que os Nocelos non nos botamos atrás por 4 gotas de nada. Seguimos ata a zona do Castelo para cruzar cara Atás e logo adentrarnos no monte de Nocelo, improvisando nalguns momentos para sacar novos camiños para a Ruta do Cocido que queda oficialmente en marcha nesta ruta. Algunha que outra trialera en mente para este ano e unha pasadiña polas que están xa feitas para pisar e ir facendo carroucho. E asi foron pasando os kms e cada vez disfrutando mais do bo ambiente ainda que fose algo húmedo… Pasamos polo pobo de Nocelo, que da nome o clube, e ali nos esperaba un avituallamento digno de calquer ruta profesional, o noso Patron Pepe, encargouse de todo e tiña ali todo tipo de bebidas enerxéticas, fruta, barritas, pinchos, etc e todo en plan sorpresa, seica esta semana cumple anos polo que, dende o clube , queremos desexarlle un bo aniversario e outros 150 polo menos, que ben o merece…

Logo do avituallamento con baile incluido, puxemos rumbo a Trasmiras non sin antes descubrir algún que outro sendeiro onde algún ainda se atreveu a facer unha chimpacarneira diante dun boi que quedou estupefacto ante tal derroche de agilidade… Sin maiores consecuencias mais que algunha risada fomos acercándonos a Trasmiras, xa ca mel nos beizos porque nos esperaba o tan ansiado churrasquiño perfectamente preparado polos amigos da Parrillada Sport de Trasmiras, ducha quente no pabillon, cervexas de rigor e a comer! Algo de pulpo, empanada e, por suposto, castañas asadas que fomos comendo a medida que íbamos comentando a mellores xogadas da xornada, logo do café e do chupito houbo que ir tomar uns digestivos para axudar a facer a digestión e, de paso, ir preparando a pretemporada de bici que este ano promete…

En fin amig@s, que mellor maneira de arreglar un domingo borralleiro e chuvioso que solo invitaba a sofá e Netflix. O espíritu Nocelo é inmune as inclemencias do tempo, nin frio ni calor, solo bici e boa compañía e, por suposto, bo churrasco!!!

Proxima ruta a de Nadal! Xa falta menos e logo a Grande, a Inigualable, a Incombustible Ruta do Cocido que un ano máis xa está en MARCHA!!

Vémonos no monte…