Domingo, 16 de Novembro de 2025
Domingo pola maña e toca o despertador, a choiva pegando na persiana e os Nocelos levantándose da cama cun sorriso… incrible pero certo! A Ruta do Magosto era hoxe, a data estaba posta e non había volta atrás…
As 8.30 da maña reunión na sede oficial Bar Parque de Trasmiras onde a nosa amiga Banesa nos tiña preparados uns cafeciños quentes e, de paso, xa nos dice: Ponde iredes… Ponde imos ir oh! A Ruta do Magosto! Porque? Chove? Pois se chove que chova…
Logo dun anaquiño degustando os cafés, fora serguía chovendo chuzos de punta e, o sentido común xa empezaba a impoñerse ó espíritu Nocelo… Algunha que outra risa forzada no ambiente pero non había nada que facer… Había que sair… Alá polas 9.30 botamos portas pa fora e montamos nas bicis, ba! Catro gotas. Ataviados cos chuvasqueiros e algún que outro con paraugas, empezamos polos sendeiros de Trasmiras dirección Seixas e Sto. Andre, non facía frio pero seguía chovendo pero xa estábamos na allada e o ambiente xa era o de sempre, bo humor e a pedalear…
Apenas unha hora despois e uns kms parou de chover, si, si, amigos parou de chover e a maña púxose ideal para pedalear, moi nublado pero sin choiva e sin frio… O espíritu Nocelo impúxose o mal tempo! E que os Nocelos non nos botamos atrás por 4 gotas de nada. Seguimos ata a zona do Castelo para cruzar cara Atás e logo adentrarnos no monte de Nocelo, improvisando nalguns momentos para sacar novos camiños para a Ruta do Cocido que queda oficialmente en marcha nesta ruta. Algunha que outra trialera en mente para este ano e unha pasadiña polas que están xa feitas para pisar e ir facendo carroucho. E asi foron pasando os kms e cada vez disfrutando mais do bo ambiente ainda que fose algo húmedo… Pasamos polo pobo de Nocelo, que da nome o clube, e ali nos esperaba un avituallamento digno de calquer ruta profesional, o noso Patron Pepe, encargouse de todo e tiña ali todo tipo de bebidas enerxéticas, fruta, barritas, pinchos, etc e todo en plan sorpresa, seica esta semana cumple anos polo que, dende o clube , queremos desexarlle un bo aniversario e outros 150 polo menos, que ben o merece…
Logo do avituallamento con baile incluido, puxemos rumbo a Trasmiras non sin antes descubrir algún que outro sendeiro onde algún ainda se atreveu a facer unha chimpacarneira diante dun boi que quedou estupefacto ante tal derroche de agilidade… Sin maiores consecuencias mais que algunha risada fomos acercándonos a Trasmiras, xa ca mel nos beizos porque nos esperaba o tan ansiado churrasquiño perfectamente preparado polos amigos da Parrillada Sport de Trasmiras, ducha quente no pabillon, cervexas de rigor e a comer! Algo de pulpo, empanada e, por suposto, castañas asadas que fomos comendo a medida que íbamos comentando a mellores xogadas da xornada, logo do café e do chupito houbo que ir tomar uns digestivos para axudar a facer a digestión e, de paso, ir preparando a pretemporada de bici que este ano promete…
En fin amig@s, que mellor maneira de arreglar un domingo borralleiro e chuvioso que solo invitaba a sofá e Netflix. O espíritu Nocelo é inmune as inclemencias do tempo, nin frio ni calor, solo bici e boa compañía e, por suposto, bo churrasco!!!
Proxima ruta a de Nadal! Xa falta menos e logo a Grande, a Inigualable, a Incombustible Ruta do Cocido que un ano máis xa está en MARCHA!!
Vémonos no monte…


























No hay comentarios:
Publicar un comentario