martes, 26 de diciembre de 2023

Ruta de Nadal 2024

 

Ruta Nadal 2024 BttNocelo

Sabado 23.12.202

 

Hai rapaces! Como pasa o tempo! Inda parece que foi onte cando nos estábamos atragantando cas uvas e xa volvemos estar terminando o ano…

Asique… coma de costumbre os Nocelos aproveitamos para organizar unha das rutas “oficiales” do Clube. A Ruta de Navidad. Ben abrigadiños, cos gorros de Papá Noel e cas bicis cheas de lucerío, xuntámonos as 16.00 horas no noso cuartel general, o Bar Parque de Trasmiras, para tomar un cafeciño e logo tirarnos ó monte…

A tarde estaba soleada, perfecta para o Btt pero eso era o de menos, as horas de luz son poucas nesta época pero non pasa nada, esta ruta sempre acaba en nocturna, asique xa estábamos perfectamente preparados para todo o que nos esperaba…

Uns 15 compoñentes do clube ( cada ano somos mais), puxemos rumbo ó monte, en grupo con tranquilidade case cantando villancicos, non había nada que demostrar, solo pasalo ben e disfrutar da xornada.

Facía bastante fresco pero os primeiros kms son en subida asique, pouco a pouco fomos entrando en calor. Aproveitamos para probar parte do percorrido da vindeira Ruta do Cocido, incluidas as novas trialeras que non defraudaron, esperemos que vos gusten! Inda tuvemos tempo de facer algunha alternativa a unha “matahomes” que temos preparada pero bueno, non podemos dar mais información, asique teredes que vela en persoa o 14 de Xaneiro…

Cunhas cousas e outras fíxose de noite, non pasa nada, encendemos as luces das bicis e continuamos ata chegar a zona do merendeiro (chámaselle “de Baldriz” equivocadamente pero é de Nocelo da Pena). Alí nos estaba esperando outros dous membros do clube co avituallamento tradicional destas fechas: turrón, uvas pasas, champán, sidra, etc, etc Xa empezaba a xear pero eso non nos quitou as ganas de troula, alí brindamos con champán e pedimos os nosos desexos para o vindeiro ano. Tamén aproveitamos para facer o video para felicitar as festas a todos os nos@s amig@s, que sodes moitos e alégranos moito.

Bueno, recoller todo para non deixar ningunha pegada de que estivemos alí e baixar para Trasmiras onde nos estaban esperando uns pinchos que nos tiña preparados a nosa amiga Vanesa para entrar en calor, porque as temperaturas xa baixaban dos cero grados…

Aproveitamos para facer un sorteo onde ninguén quedou sen agasallo, o mellor deles, unha cesta valorada en 120 euros foi para o benxamin do grupo, Jose, que seguro que dará boa conta dela estes días de vacacións…

Tamen se deron os gañadores do noso concurso ó Biker Revelación: Manoliño, o Biker mais Pro: Samuel, o biker mais en forma: Mingos e o biker máis fotogénico: Nando. Noraboa a todos eles!

Pero esto non acabou aquí, esperábanos unha cea no Restaurante Calahorra para rematar a noite da mellor maneira, comer, beber, falar e rir despois dunha tarde de btt. O broche final a este 2023 que xa está a piques de rematar. Gracias a tod@s os amigos do BttNocelo por acompañarnos no noso deporte favorito e os mellores desexos para este 2024 no cal seguiremos disfrutando do monte mentres o corpo aguante! Bo Nadal!

Recordade que o 14 de Xaneiro será a Ruta do Cocido, as inscripcións están abertas a través da nosa páxina. Con novas sorpresas e moi bo ambiente, esperámosvos!!!















 

1 comentario: