domingo, 27 de noviembre de 2011

Paseo a Raiña Loba

Eran as 9 h. cando partimos, é ainda que o día amañecía con perspectivas moi boas, a maña era fria coma o demo, cortaba a pel; as veiras do camiño conservaban a xeada da noite; pronto empezou a quecer o sol e a roupa semellaba sobrar, estabamos chegando a Mosteiro onde nos sairon a saudar unhes xabaris que se preguntarian; a onde iban ises tolos aquelas horas.
Dende alí partimos cara Cima de Ribeira onde empeza a subida; nunha primeira e longa etapa ata a capela do Carmen, onde paramos a repor forzas.
Por un tramo levadeiro diriximonos cara o comenzo da subida definitiva que chega a fonte da Cunca a unhes metros da cima; cuando chegamos, a realidade era unha mañá espléndida de outono, rodeados de piñeiros que por sorte o lume do vrao non lles tocara, unhas vistas impresionantes da Limia; votamos de menos os compañeiros que sabíamos iban quedar impresionados pola beleza que nos rodeaba, dende alí baixamos ata Penalonga un tramo moi fermoso; e a partir dese instante empezaron os problemas; que si pinchazo, que si perda de rumbo; ainda que todo merecía a pena pola fermosura do recorrido; por fín e con moitos atrancos chegamos a Nocedo de Ribeira; paso non previsto, pois o percorrido non iba por ahi, e por carretera voltamos a Xinzo chegando as 14.30 h. algo máis tarde do previsto, pero satisfeitos da volta.




1 comentario:

  1. Unha ruta preciosa, cun recorrido fabuloso; haberá que repetila para que todos a poidan disfrutar.

    ResponderEliminar