jueves, 26 de enero de 2012

Iª Xuntanza Btt do cocido de Trasmiras

Empezar agradecendo a todolos amigos do Btt que o día 22 de xaneiro quixeron acompañarnos nesta  "nosa primeira experiencia, organizando probas",  foi para nós todo un placer, dende que nacemos como un club; fai agora escasos meses tiñamos gañas de presentarnos en sociedade, e como facía pouco que, recibíramola equipación, pois que mellor ocasión, xa que tíñamolo traxe de ceremonias.

Puxémonos a elo, e a colaboración dos membros foi moi boa, estudiando a ruta, marcandoa, facendo sinalizacións, facendo funcións de maestro de ceremonias, así da gusto traballar.
Agradecer o Concello de Trasmiras a súa colaboración, que en todo momento foi total, esperamos que se poda repetir en vindeiras ocasions, e como non o Restaurante Cesar de Viladerrei, por ise fabuloso Cocido co que nos devolveo a enerxía que derrochamos todos ao longo do percorrido.
Esperamos volver a vernos en próximas edicións.
Unha aperta a todolos compañeiros do BTT que nos acompañastes o día do noso bautizo, Gracias.




Video

No hay comentarios:

Publicar un comentario