lunes, 21 de enero de 2013

II RUTA DO COCIDO 2013


2ª Ruta Do Cocido 2013





O día 20 de xaneiro de 2013, xa é unha data histórica na curta vida de Bttnocelo, ainda que a cicloxénesis explosiva, se empeñara en querer fastidiarnos a data; foi unha invitada máis e agradecémoslle a súa participación, pois sin ela; a espectacularidade da ruta sería algo menor.
Frío, choiva e neve, barro e auga; fixeron desta edición a mais fermosa das que temos organizado, era un espectáculo ver as caras dos compañeiros, o pasar polos diferentes puntos; sufrimento pero pracer, había compañeiros que estaban esgotados, e cando se lle ofrecía a posibilidade de abandoar, enfadábanse; era un reto para eles o terminar, e a bo fé, que soio  algunhas avarias, foron quen de facer desistir a un par de participantes.
O espectáculo foi a nota dominante, e sentímolo polos que non poideron asistir; porque so perderon.
Logo a comida en sí, xa era un acontecemento, os amigos do Restaurante portáronse de maravilla é a xente quedou encantada:
O fin de festa xa foi demais, o amigo Oterino é un “Showman”, presentounos a súa mellor imaxe “Oterina, la fantástica” e deseguida se montou o desmadre, os premiados no sorteo, sobáronna, bicáronna e non sabemos si ouvo algo máis, pero…
Finalmente a sorpresa foi a pequena homenaxe que se lle brindou ó compañeiro Valerio, que quedou emocionado, e que lle fixo aflorar a súa fibra sensible.
Agradecémoslle:
Ó Concello de Trasmiras polo seo interés nesta ruta; ós colaboradores porque seo   traballo  resultou esencial e ós patrocinadores agradecerlle a sua aportación, pois sen eles non sería posible o desenrolo desta edición.
Esperámosvos na terceira edición, en xaneiro do 2014.
A rodar.
Gracias é ata outra. 
Bttnocelo

















FOTOS DA MARCHA DO COCIDO 2013

Albumes de foto nocelojar:
album 1
album 2
album 3
album 4

----------------
Album de fotos "poldo" 





No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada