domingo, 24 de marzo de 2013

2ª Ruta de Palmés




Hay retos que si non te matan, fortalecente; e coido que iste é un dises; xa me falaran da proba, pero non me imaxinaba a súa dificultade, soio comparable coa súa beleza, vamos desas que non se esquecen...
a proba estaba magnificamente sinalada, e a organización volcouse en que todo saise perfectamente, a comida foi  abondosa, ainda que algún dos nocelos, parece que quedou algo famento; soio así se explica o tremendo bocata que se mandou o final... !!!nin que non che desen de comer na casa!!!.
Normalmente nas probas hay; algunha trialera, algún paso dificultoso, algunha subida máis complicada; eiqui como non podía ser menos, tamén; soio que  deso había para dar e tomar, trialeiras todas...., subidas dificultosas a esgallo..., descansos os que cada un se agenciaba como podía. E bulleiro, era eiqui onde tiñan a patente..., máis o dificil fainos máis fortes, e desta ruta saímos con brios suficientes para moito tempo.
Queremos deixar patente o noso máis sinceiro agradecemento a "Asociación de veciños de Palmés", a súa "Presidenta"  tan agarimosa; é o "CC Dúas Rodas" por todo o esforzo realizado, e felicitalos pois a organización foi francamente estupenda.















No hay comentarios:

Publicar un comentario