martes, 27 de agosto de 2013

Paseo dos Castros en Cualedro


A tarde do sábado día 24 de Agosto, saimos a rodar co club Btt Verin polas terras do concello de Cualedro, a ruta estaba organizada para facer unha visita ao fermoso Castro se San Millao, que se atopa nunha paraxe privilexeada, cunhas fermosas vistas a veciña Portugal. Por desgracia os amigos do mechero voltaron a sair o monte, para practicar o seo deporte favorito, a queima do patrimonio vexetal desta nosa fermosa Galicia, e que con mais forza si cabe, afecta como unha pesada lacra a esta zona da provincia de Ourense, A ruta celebrouse igualmente, pero o que iba a ser contemplación da fermosura da paisaxe, pasou a ser un espectáculo de como actuan os medios de loita contra incendios, e como o lume vai devorando a natureza paisaxística desta nosa terra. Poe eso, queremos dende eiqui, dar un berro de !!!BASTA XA!!!, e esixir que os que sin ningún tipo de contemplación, saen o monte coa idea de queimalo, cando sean detidos caiga sobre eles todo o peso da xusticia, sin ningún tipo de benevolencia. Dende esta páxina, nós comprometémonos a colaborar coa súa denuncia, e que sepan os delincuentes do mechero, que este grupo na medida do posible será vixiante do patrimonio de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada