miércoles, 11 de octubre de 2017

VII MARCHA O CARBALLIÑO 2017

Domingo, 8 de Outubro de 2017

Que fai que un domingo as 7:00 da mañá sone o despertador e te levantes cun sorriso?? Pois saber que comeza un gran día…
Así nos levantamos os 6 integrantes do BttNocelo este domingo. A cita era no Carballiño e sabíamos de anos anteriores que o Clube Ciclista Adc Os Mosqueteiros nos farían pasar unha boa maña de btt. A cousa xa empezara o Sábado xa que, aquí tamen teñen cabida os Runners porque para eles tamen tiñan preparada unha boa ruta de Trail. Os mais atrevidos incluso se podían apuntar o Desafío Trail & Bike que sería facer a ruta Trail o sábado e logo a Maratón de 60kms do domingo na bici, todo unha aventura…
Agrupados todos a unha hora prudente para tomar café, coincidimos tamen cos nosos compis de Os Queimados que tamén se atrevían por primeira vez a participar, despois de contarlles que non se arrepentirían puxemos rumbo o Carballiño. Deixamos os coches no pavillon onde serían as duchas e fomos na bici hacia o centro da vila onde nos estaba esperando o maxestuoso Templo de Veracruz, o sol xa empezaba a relucir entre os minaretes, música ambiente e aquelo cheiño de bikers. Preciosa imaxe para comenzar este dia de btt. Según o DJ alí estábamos cerca de 400 amantes da  bici de montaña para tomar a salida puntualmente as 9.30 da maña.
Vallejo, Mingos, Pepe, Michel, Javi e o benxamin do grupo Camilo, tomamos a saída e despois de “callejear” un pouco pola vila dispuxémonos a cruzar a vía do tren onde comenzaba xa a rede de carrouchos e camiños antigos perfectamente recuperados e limpos para o disfrute de todos os participantes. Os primeiros kms foron transcurrindo lentos debido a gran afluencia de bikers que, as veces orixinaban algún que outro tapón. Nada que nos preocupase en exceso xa que íbamos disfrutando da paisaxe sin preocuparnos moito pola clasificación final. Michel e Camilo, os mais pros do equipo, puxeron pés en polvorosa xa nos primeiros metros e perdémolos de vista, os demais en pelotón disfrutando a nosa maneira. Lástima da polveira que se levantaba as veces que dificultaba a visión, cousa por outra parte, lóxica vendo o tempo que temos últimamente. Pero ainda así a organización non defraudou e incluso houbo que mollar os pés para vadear o río, eso si, dispuñan tamén de unha alternativa para non facelo pero os Nocelos non o pensamos en ningún momento e alí nos metemos.
Con constantes subidas e baixadas preciosas fomos chegando o primeiro avituallamento, ali había de todo: plátanos, naranxas, sanwiches, geles, barritas, augas, bebidas isotónicas… vamos coma se fora o Gadis! Despois duns minutos reanudamos a ruta, xa faltaba menos para o corte da ruta larga e corta. Chegamos en punto, despois de debatir larga ou corta, decidimos facer menos kms e disfrutar a tope e collemos pola curta. E veña carrouchos e veña camiños entre carballeiras sempre a sombra disfrutando coma enanos, realmente expectacular o entorno por onde transcurre todo, nin rastro de incendios. Os kms iban pasando sin case darnos conta. Chegamos o último avituallamento a uns 10km da meta e case non paramos, enseguida avistamos a vila e comenzamos o llaneo a beira do rio Arenteiro onde aproveitamos para esprintar e poder cruzar a meta coma os da tele, pero non foi así, antes de meta, un par
de repeitos polo centro da vila, fixeron que a velocidade baixara considerablemente. Inda así, a gran afluencia de xente que ali había aplaudindo facía que te sentises coma un profesional.
Bueno, ruta terminada pero faltaba o mellor! Un gran posto de bocatas e bebidas a nosa disposición para repor forzas, charlar cos coñecidos, conocer xente nova e, por suposto, fotos, moitas fotos para o recordo. Un día espléndido, nun lugar máxico e cun percorrido a altura do que nos teñen acostumbrados…
Destacar os resultados dos valentes que se atreveron a facer a ruta larga, Michel e Camilo que, unha vez mais deixaron o listón moi alto, demostrando un moi bo nivel físico.
E da organización decir “Chapeau” e que xa estamos esperando a do ano que ben, que de seguro alí estaremos…
Vémonos no monte…

















O   Gran amigo Nelson un dos Organizadores de esta Marcha


























No hay comentarios:

Publicar un comentario