lunes, 9 de noviembre de 2026

Ruta do magosto 26

 Domingo, 8 de Novembro de 2026 


 


Tempo de choiva e de castañas amigos, xa estamos metidos de cheo no inverno pero os Nocelos non abandonamos a paixón polas 2 rodas. No calendario xa había tempo que esta fecha estaba tachada. Como de costumbre non podíamos deixar pasar a oportunidade de facer unha paparota ca escusa do Magosto. A maña estaba nublada pero morna e as posibilidades de choiva foran desaparecendo según se viña acercando o fin de semana.  


As nove da mañan 12 Nocelos tomando un cafeciño na sede do clube o Bar Parque de Trasmiras para tomar rumbo ó monte que xa tan ben coñecemos pero que ainda nos sorprende de vez en cando descubrindo novos recunchos. Na cabeza de algún ainda estaba a dúbida da choiva que podía aparecer, xa que na anterior aventura ó Padornelo non nos deu tregua e houbemos de morrer conxelados… Pero nada mais lonxe da realidade, este día xa pintaba bastante mellor, nada que ver cas faldas do Trevinca… 


Arrancamos as 9.30 despois da foto de rigor cara a zona de Escornabois coa idea de sacar da cama o noso socio mais veterano, o amigo Valerio, que nesta ocasión non estaba pola labor de acompañarnos na bici anque logo viría dar conta do churrasco con nós. Continuamos cara o monte de Nocelo, o paraíso do Single Track e das trialeras que xa todos coñecedes… ou non… xa que estreamos outro novo tramo de mais dun km que estará totalmente acondicionado e limpo para a próxima Ruta do Cocido, si, si amig@s, o tempo pasa e a nova edición xa está a volta da esquina e o equipo de loxística do clube xa leva uns días dando lume co sacho… Como sabedes, non nos gusta repetir trazado dun ano para outro asique xa temos novos camiños e novos tramos Strava… 


A maña estaba realmente estupenda, ameazando chuvia pero sin caer unha gota e unha temperatura ideal para a práctica do noso deporte favorito. Ainda así a media maña houbo que repoñer forzas no improvisado avituallamento que nos tiña preparado o noso querido Patron a base de licor, frutos secos, cervexa e incluso unha Caixa de bombons que, según se falaba por ali, eran de cando fixo a primeira comunión. Acabamos con todo! E puxémonos outra vez ca segunda parte da ruta que nos levaría por un camiño antigo que trascorre ó lado dos Penedos grandes, e que cruza o antigo enclave da Civitas Limicorum, capital da Limia no tempo dos romanos. Logo de algo de historia tocaba a subida ó Viso que nos faría entrar en calor ata chegar o Marco dos Valentes. Outro cachiño de trialeras e xa baixamos dirección a Trasmiras para ducharnos antes de ir xantar. Cervexiña de rigor e logo ducha rápida, tan rápida que case non deu tempo de mollarse, xa que, alguén se olvidou de enchufar o quentador da auga e foi entrar e salir… 


As 14.30 todos na Parrillada Sport de Trasmiras para dar conta do pulpo e do churrasco, comentar as xogadas da xornada e botar unhas risadas coma sempre, todo amenizado como non podía ser doutra maneira pola pandeireta de amigo Carballal que xa está ensaiando para traer novos temas para a Ruta do Cocido.  


Outro día mais para enmarcar, bicicleta, monte, amigos e churrasco… sempre é unha boa mezcla. A nós gustanos tanto que xa temos as datas marcadas no almanaque dun ano para outro, se algún dia queredes participar solo tedes que estar atentos as redes sociais do BttNocelo. Estades tod@ invitados!! 

Vemonos no monte....


 










































No hay comentarios:

Publicar un comentario